15:57 Martes, 19 de Xuño de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

FRANCISCO XESÚS JORQUERA CASELAS Perfil

Ferrol, 1961

Francisco Xesús Jorquera Caselas


Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Residente na Coruña.

Inicia a súa militancia no nacionalismo no curso 1978-1979 na organización estudantil ERGA, afiliándose nesa mesma época á Asemblea Nacional- Popular Galega e á Unión da Mocidade Galega. É membro do Bloque Nacionalista Galego desde a súa fundación en 1982.

Na súa etapa universitaria foi Secretario Nacional de ERGA e representante desta organización estudantil no Consello Nacional do BNG. Participou na fundación dos CAF (Comités Abertos de Faculdade) e foi membro do Claustro da USC e da Xunta de Faculdade de Xeografía e Historia.

No BNG desenvolveu as funcións de Secretario Técnico desde 1999 a 2003 e Coordenador Executivo desde 2003 a 2009. Foi, así mesmo,  Coordenador de Galeuscat polo BNG. É Representante Xeral do BNG desde 1996.

Senador por Galiza no periodo 2005-2008 e deputado no Congreso pola provincia da Coruña desde 2008, sendo o Portavoz do BNG no Congreso dos Deputados.

É  Secretario de Acción Institucional nas Cortes da Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego.


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal