09:02 Mércores, 24 de Xullo de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

JOHN CATALINOTTO Perfil

Nova Iorque

John Catalinotto


Licenciado en matemáticas (1961) e profesor de matemáticas na City University de Nova Iorque.

Participa activamente na política progresista desde a Crise dos Mísiles de outubro 1962. Entre 1967-1971 foi organizador civil para o Sindicato dos Soldados dos EUA, un organismo oposto á guerra e ao racismo.

Desde 1982 é xefe de redacción do semanario Workers World e secretario do Departamento de Relacións Internacionais do Workers World Party (EUA).

É autor de dous libros: Metal of Dishonor ("O metal da deshonra", 1997) acerca do uranio empobrecido e Hidden Agenda: the U.S.-NATO Takeover of Yugoslavia ("Axenda oculta: a toma de poder de Iugoslavia polos EUA e a OTAN", 2002).

É Organizador principal para o Centro para a Acción Internacional ( nternational Action Center), organismo fundado por Ramsey Clark, avogado no Tribunal sobre Iugoslavia (xuño 2000) e no Tribunal sobre Iraq (agosto 2004), representando o Centro en numerosas conferencias internacionais.

Colabora coa publicación portuguesa Avante! e www.odiario.info (Portugal) desde 2004. Vive en Nova Iorque.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña