09:02 Mércores, 24 de Xullo de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

BIEITO LOBEIRA DOMÍNGUEZ Perfil

Marín, 1968

Bieito Lobeira


Comezou a súa vida política na asociación de estudantes ERGA con dezaseis anos. Formou parte de Galiza Nova, as mocidades do BNG desde a súa fundación ata 1998, e foi o seu secretario xeral entre 1992 e 1998. Foi deputado no Parlamento de Galicia polo BNG e pola circunscrición de Pontevedra dende 1995 até 2011.

Membro do Consello de Contas e da comisión lexislativa que analizou a catástrofe do Prestige, foi voceiro da súa formación para asuntos pesqueiros e marítimos, vicevoceiro e presidente da Comisión de Educación e Cultura do Parlamento.

Na actualidade é secretario de organización do BNG na executiva que ten como portavoz nacional ao catedrático Xavier Vence. Foi tamén un dos voceiros da Plataforma Nunca Máis.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña