06:27 Luns, 25 de Setembro de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Inmigrantes manifestándose. Los Angeles, 1º de maio de 2010 30-05-2010

As mobilizacións marcaron un paso importante cara adiante na loita contra a dereita estadounidense

Nos EUA: A Lei antiinmigración de Arizona, o Primeiro de Maio e o Movemento da Festa do Té

JOHN CATALINOTTO


A sinatura da draconiana lei racista en contra da inmigración do Estado de Arizona pola súa Gobernadora, Jan Brewer, desatou unha onda de protestas en todo o país por parte d@s inmigrantes e as persoas que @s apoian, dando pé, á súa vez, as accións máis concorridas co gallo do Primeiro de Maio desde 2006, cando millóns de persoas se botaran ás rúas. Ao nivel nacional xurdiu un movemento para boicotear o Estado de Arizona (Boycott Arizona), desde campus universitarios até as cámaras municipais, e mesmo gozando do apoio de destacados xogadores das ligas de béisbol e de baloncesto.


0 comentarios |
Valoración
27-05-2010

Despois do prognóstico, o diagnóstico: derradeiras reflexións acerca dos resultados electorais no Reino Unido

Habemus Ministrum Primarium (por fin…)

ROBERT NEAL BAXTER

David Cameron "Thatcher"


Houbo que agardar o 11 de maio, case unha semana despois da votación, para sabermos quen ía conformar o novo panorama político do Reino Unido tras os comicios do día 5. A inusitada demora radica no tamén insólito facto de un terceiro partido, os liberal demócratas (23%), ser chave para determinar con cal dos dous principais partidos políticos ía pactar para formaren goberno: quer cos neolaboristas do xa ex-Primeiro Ministro, Gordon Brown (29%), quer cos conservadores de Cameron (36,1%).


1 comentarios |
Valoración
27-05-2010

A súa elección partiu dunha consulta aberta coa marca do Partido Verde -unha estrutura sen ideoloxía utilizada de forma tanxencial para os torneos electorais-

Colombia e Mockus

ANDRÉ ABAL MAURICIO

O candidato do Partido Verde, Antanas Mockus


A derradeira semana antes da primeira volta das eleccións en Colombia mostra -nas sondaxes- unhas porcentaxes moi axustadas entre Juan Manuel Santos e Antanas Mockus, con ventaxa para o segundo nunha eventual segunda volta. Poucas dúbidas quedaban da victoria do aínda presidente no caso de terse presentado, a pesares da situación na que se atopa Colombia -con índices sociais en constante retroceso- a súa política de "seguridade democrática", coa que gañou terreo con respecto ás FARC e conseguiu limitar a súa capacidade de acción, deulle cotas de popularidade moi altas.


0 comentarios |
Valoración

JORGE CADIMA


24-05-2010

É óbvio que não «estamos a sair da crise». Quem acreditava que a «Europa connosco» e o Euro eram um «porto seguro» em nome do qual se devia sacrificar a soberania nacional, tem aí a realidade

Mitologia Europeia

0 comentarios |
Valoración

XURXO MARTIZ CRESPO


19-05-2010

Hai un prexuízo para o desenvolvemento dos países dos que son orixinarios os inmigrantes cualificados

Estado español e inmigración “cualificada”

0 comentarios |
Valoración

MANUEL MIRAGAIA DOLDÁN


17-05-2010

Coa globalización, o capitalismo adquiriu se cabe un carácter máis virulento, lembrando ás súas formas decimonónicas máis salvaxes

O socialismo do século XXI

12 comentarios |
Valoración

XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA


14-05-2010

A autodeterminación é a razón de ser da democracia, da paz e do benestar dos pobos

Democracia, paz e nacionalismo. Europa agarda

1 comentarios |
Valoración

MANUEL ANXO FERNÁNDEZ BAZ


12-05-2010

Xusto o que se dí xusto, non hai nada; e menos un sistema electoral

A propósito das eleccións no Reino Unido

13 comentarios |
Valoración
< anterior 01  02  ...              < anterior


Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal