19:32 Martes, 20 de Agosto de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Fernando Lugo 20-08-2010

A inesperada elección de Lugo veu a inmiscirse inoportunamente na corrupta rodaxe que enriquecía á clase dominante a costa do permanente saqueo da nación

Lugo e o narcofascismo

ATILIO BORON


O goberno de Fernando Lugo atópase seriamente ameazado e as probabilidades dun "golpe institucional", pérfida invención para sacarse de enriba presidentes molestos como Zelaya en Honduras, potenciáronse en días recentes. A grave enfermidade que o afecta e o rigoroso tratamento a que se verá sometido serven en bandexa ao desprestixiado Congreso paraguaio o pretexto para destituílo "legalmente". Se isto finalmente se concreta produciríase unha gravísima regresión política que poría abrupto fin á primavera democrática vivida nos últimos dous anos.


0 comentarios |
Valoración
19-08-2010

Se finalmente hai guerra posicionarémonos cos principios do nacionalismo: os do pacifismo, do antiimperialimo, do anticolonialismo, do antimonopolismo, da democracia, do poder popular

Amnesia e medo. A guerra do futuro

MARCOS MACEIRA EIRAS


Cal sería a diferenza entre que as armas nucleares as teñan uns ou outros? Prefeririamos que ninguén as tivera, mais facendo algo de memoria da arrepíos pensar que os defensores da paz, os EEUU son a masacre e o xenocidio feita estado. Exterminaron aos nativos americanos do seu propio territorio. Foron os primeiros en asasinar a traizón a miles de persoas ao mesmo tempo cunha bomba nuclear, sen xustificación defensiva de ningunha clase, e simplesmente como medida propagandística perante un inimigo xa derrotado. Nin Irán nin Corea do Norte pertencen ao clube mundial do imperialismo e a agresión liderado polos EEUU. Isto é un feito contrastábel á marxe das diferenzas ideolóxicas con estes países.


0 comentarios |
Valoración
09-08-2010

Non hai guerra mala (Iraq) e guerra boa (Afganistán), cando ambas responden aos mesmos intereses do imperialismo

Saír de Afganistán

NÉSTOR REGO CANDAMIL


Catro anos e 24 mortos despois, Holanda retira as tropas de Afganistán. Non se trata da "misión cumprida", senón da consecuencia da crecente oposición da poboación neerlandesa á participación nun conflito que non é o seu. A posíbel renovación da misión no Afganistán conlevou mesmo a caída do goberno,  pola oposición dos laboristas e a realización de novas eleccións. A retirada das tropas holandesas supón mais un revés para os Estados Unidos nun conflito que, lonxe de se enxergar unha saída, non para de agravarse.


0 comentarios |
Valoración

MARTIÑO FIZ LÓPEZ LINDOSO


05-08-2010

A verdadeira historia da illa de Rapa Nui: As Orixes

O embigo do mundo (1ª parte)

0 comentarios |
Valoración

DUARTE CORREA PIÑEIRO


01-08-2010

Entre as supostas probas aportadas por Uríbe para defender a súa grave acusación está a foto que ilustra este artigo

Obxectivo: eliminar a Hugo Chávez

2 comentarios |
Valoración

ATILIO BORON


04-08-2010

Infórmase ou desinfórmase en función da perspectiva política pola que cada medio tomou partido

Os mapuches non son cubanos

0 comentarios |
Valoración

ANDRÉ ABAL MAURICIO


31-07-2010

O pobo Naso ven soportando as agresión de diferentes entidades imperiais ou estatais, sen embargo, é no século XXI cando se ven despoxados directamente do seu ben máis prezado, a terra

A loita dos nasos

0 comentarios |
Valoración

XESÚS RAMÓN GONZÁLEZ BOÁN


25-07-2010

O país africano terá durante dous anos a presidencia das institucións lusófonas

Angola: medre espectacular do PIB e das desigualdades

0 comentarios |
Valoración
< anterior 01  02  ...    ... 109   110  < anterior

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña