Na beira occidental do Nilo onde se construían tumbas e templos funerarios ao sol da tarde, na antiga Tebas, capital dos faraóns, loce con estraña brancura o templo construído por mandato da faraona Hatshepsut poucos anos antes da fin do seu reinado. Obra do seu arquitecto Senmut, que conseguiu, tamén, ese sorriso característico das estatuas que estrañamente se salvaron da vinganza de Tutmose II contra todo o que ela deixara.
Se alguén pensa que a xenreira antigalega e a ideoloxía retrógrada do actual Goberno da Xunta do PP só se manifesta na persecución da nosa língua e nas medidas sociais, estaría profundamente equivocado como vimos co Plan do Litoral. Na Modificación da Lei Urbanística (Louga), proposta xa nos primeiros meses do novo Goberno, volven a aflorar con forza os mesmos principios ideolóxicos aznarianos.
Hoxe é un día sinalado pois hai cen anos da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, promovido pola organizadora do movemento feminista socialista alemán e internacional, Clara Zetkin na II Conferencia Internacional das mulleres en 1910. A posta en marcha dun “primeiro de maio feminino” que tería lugar cada 8 de marzo foi en recordo das 129 mártires da fábrica de algodón Cotton de Nova Iorque que mentres facían folga foron queimadas vivas polo seu patrón.
Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.