A reflexión acerca deste indicador de (non)sustentabilidade deixa entrever o carácter depredador, inxusto e insolidario do actual modelo económico capitalista e de relacións globais. O seu reparto internacional explica o anunciado fracaso de cumios como o de Copenhague. Mentres, a estimación ou cálculo da pegada ecolóxica individual salienta o alcance das nosas decisións cotiás e tamén as limitacións que a sociedade na que estamos inmersos nos impón
Na actual crise do capitalismo, a máis intensa desde os anos 30 do pasado século, agudízanse as contradicións entre Galiza e o Estado español. É o lóxico. A dialéctica centro-periferia que explica o funcionamento do sistema na súa fase máis madura exprésase agora con toda a súa riqueza de matices
Xa vai por dúas veces, como mínimo, que Rosa Díez, deputada de extrema direita e de extremo españolismo racista, utiliza o termo “gallego” para caracterizar pexorativamente o elemento político correspondente, neste caso, Rodríguez Zapatero e Raxoi. E non pasa nada... Quero dicer: o entrevistador (Iñaki Gabilondo, para CNN+) continúa a “disparar” perguntas de resposta rápida
Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.