Na sesión do martes 16 de marzo do debate sobre o estado da nación que tivo lugar no Parlamento de Galiza, Núñez Feijóo rematou a súa intervención citando en castelán un parágrafo dun dos textos máis significativos para o nacionalismo galego, o `Alba de Groria´ de Castelao. Foi tamén o tradutor automático do Conselleiro de Cultura que lle xogou unha mala pasada ao Presidente da Xunta nada máis e nada menos que nun dos intres máis importantes do curso político galego? Non. O `espontáneo´ salto ao castelán non foi tal. Podemos observar no video a actitude de Feijóo e como dirixe as súas miradas á oposición, nomeadamente aos parlamentarios do BNG.
Recentemento puidemos ler na prensa as declaracións do portavoz da conferencia episcopal, José Antonio Martínez Camino co gallo da aprobación no parlamento do estado da Lei sobre a reforma do aborto. Nesta ocasión, Martínez Camino superouse a sí mesmo, algo dabondo difícil dados os seus antecedentes comunicativos, cunhas manifestacións nas que definía a Lei recentemente aprobada como unha "licenza para matar".
Prisciliano é o "santo e sinal" do inconformismo, da saña do poder contra os "amados polo pobo". Vitorino Pérez Prieto elabora un estudo duplo sobre Prisciliano na historía e na simboloxía galega. Compre que os mass media, que as institucións sexan sensibeis e dean pasos na divulgación dun símbolo que contén luces e enerxías.
FRANCISCO XESÚS JORQUERA CASELAS
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.