O pasado martes o Partido Popular defendía a tramitación parlamentaria da lei pola que se suprime o Servizo Galego de Igualdade, un organismo creado xa no Goberno de Manuel Fraga, amparándose en motivos económicos. É curioso que cando se fala de aforro orzamentario e de restruturación, sexan sempre as políticas de igualdade as que teñan que sufrir o recorte, a pesares de ser as mulleres quen experimentan as consecuencias negativas da situación de crise con maior rapidez e quen se benefician da recuperación máis lentamente
A importancia de ser coñecedores da nosa condición é sinónimo de albiscar un mínimo de esperanza e de acadar cotas de beneficio propio e común. Un bo exemplo son as SOCIEDADES cooperativas agrarias, feitas dende un principio de colaboración no traballo e non dende un punto de vista comercial, ven sexa na compra de insumos ou na venda de produtos.
Esta fin de semana en Compostela houbo varias actuacións graves e abusivas por parte dalgúns axentes da policía nacional. A diferenza doutras nas que o Ministerio do Interior simplemente negou o acontecido, desta vez teno máis difícil. Algúns destes comportamentos improcedentes e (digámolo claro) antidemocráticos padecéronos profesionais da información que estaban a pasear pola cidade.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.