05:42 Mércores, 15 de Agosto de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Cuarto número dos Cadernos de Pensamento Nacionalista 18-04-2010

Tres traballos teóricos sobre a pegada ecolóxica da autoría de Fred Magdoff, John Bellamy Foster, Samir Amin e Brett Clark

O que os ecoloxistas precisan coñecer respecto do capitalismo

Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez


Para os que estean interesados co destino da terra, chegou o momento de enfrontarse aos feitos: non é simplemente a realidade horrenda do cambio climático senón, asemade, a necesidade apremante de mudar o sistema social. O fracaso en acadar un acordo sobre o clima mundial en Copenhagen en decembro de 2009 ten as súas raiceiras na incapacidade do sistema capitalista para abordar a ameaza acelerada da vida no planeta. Por tanto, o coñecemento da natureza e dos limites do capitalismo, e os medioas car o superar, téñense convertido nunha cuestión de supervivencia. É por isto polo que editamos na rede o 4º Caderno de Pensamento Nacionalista baixo este suxestivo título: O que os ecoloxistas precisan coñecer respecto do capitalismo.


0 comentarios |
Valoración
20-04-2010

A miña intención é reflexionar sobre o que se deu en chamar erótica do poder. Dos perigos que encerra pór os fins ao servizo dos medios empregados para logralos

Erotismo e poder

BAUTISTA ÁLVAREZ


Sempre, pero sobre todo agora, é fundamental a resposta política do nacionalismo, cando politicamente se pretende dar cobertura legal á dependencia. Resulta necesaria a presencia nas institucións públicas, que non son nosas, aproveitándoas para proxectar na sociedade unha alternativa de soberanía nacional. Para nada máis. Que a súa facenda a xestionen eles. Este é o obxectivo: máis deputados para máis Galiza; máis alcaldes para máis Galiza; máis votos para máis Galiza. Se sacrificamos o proxecto á representación é cando esta se converte en atracción erótica.


7 comentarios |
Valoración
16-04-2010

Downshifting, desacelerando o consumo

Pasos cara o decrecemento (II)

MARTIÑO FIZ LÓPEZ LINDOSO


O Downshifting xurde como un intento de cuestionar o actual modelo consumista pero sen chegar ás concepcións máis extremas da "Vida Sinxela" ou "Voluntary Simplicity". A desaceleración é unha variación da forma de vida na que se reduce o consumo pero na que se pretende manter a nosa comodidade diaria. Inicialmente non conleva por tanto modificacións sustanciais do estilo de vida individual pero permite ir afondando en iniciativas que reduzan a "pegada ecolóxica" de cada persoa ou familia. Cada un pode tomar as medidas que estime oportunas en cada momento según as súas características individuais.


0 comentarios |
Valoración

EMILIO LÓPEZ PÉREZ


15-04-2010

Investigar a corrupción política é a mellor bendición que lle puido caer aos grandes corruptos deste país monárquico, democrático e burgués

Malditos políticos, bendita corrupción

1 comentarios |
Valoración

VÍTOR DÍAZ VILABOA


15-04-2010

Arlequíns dun europeísmo mal entendido, fixeron que se considerase a este movemento como un símbolo da modernidade de España

A “movida madrileña”

4 comentarios |
Valoración

XURXO ÁLVAREZ PÉREZ


19-04-2010

Unha perspectiva desde o medio rural da defensa dos servizos públicos

25 e abril

1 comentarios |
Valoración

CARME FOUCES DÍAZ


14-04-2010

O experimento das Fundacións Sanitarias deseñado hai 20 anos por Feixóo resultou ser un estrepitoso fracaso que hoxe tenta reeditar

Coa saúde non se xoga

2 comentarios |
Valoración

ÓSCAR INSUA LEMA


18-04-2010

A ubicacións do famoso parador finalmente recaiu no concello de Muxía, nun dos paraxes virxes da Costa da Morte

Pode un parador dinamizar o turismo na Costa da Morte?

1 comentarios |
Valoración
< anterior 01  02  ...    ... 275   276  < anterior


Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal