Galiza é un Pais rico, ideal para que sexa o modelo de pais verde ecolóxico que promove a Axencia 2030, pois está inzado de recursos naturais biolóxicos e enerxia verde, que lle permite o mantemento de toda a súa poboación que nela reside nunhas condicións de abundancia e de vida inmellorábel, en desenrolo constante e sen exclusións.
Xosé María Díaz Castro dicíalle nunha carta a Celso Emilio Ferreiro en 1955: Toda poesía ha de ter certa doses de misterio, de fermosa inaccesibilidade e segredo tentador indescifrable, porque a poesía é sínteses. Non necesitamos comprendela totalmente para admirala. Quizás por iso eu gusto da poesía, aínda que non son un entendido, e sempre me gustou a troba popular, as regueifas e os poetas populares; os versos retranqueiros que facía meu pai cando quería chancear con un veciño ou veciña.
O pasado día 13 de xuño, asinouse en Madrid, por parte dos sindicatos e a patronal españois, CCOO, UGT e a CNC (a rama da construción da CEOE), o VII Convenio Estatal da Construción, que supón un novo roubo e unha nova traizón á clase traballadora deste sector, e todo un exemplo de perpetuación do modelo sindical, entreguista, propatronal, antiobreiro, desmobilizador, burocrático, de pacto social e profundamente centralista, que veñen practicando desde a transición estas dúas centrais sindicais, ás que de clase só lle quedan as siglas e a terminoloxía formalmente radical, ameazante, no fondo patética, que a través dos medios de comunicación manteñen, de vez en cando, fronte á patronal.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.