Neste primeiro ano de actividade da Consellería do Medio Rural, parece que o plan de actuación esté baseado en desfacer o xa feito, sen propoñer alternativas para solucionar a crise agrogandeira
Unha nova verba sumouse á linguaxe cotiá do noso rural: UXFOR, Unidades de Xestión Forestal. Nome de unha entidade con personalidade xurídica propia, formada por alomenos dous propietarios de terreo forestal que suman un mínimo de 15 hectáreas e que deciden agruparse para facer unha xestión conxunta e ordenada das súas parcelas
A crise Grega, que actualmente concentra a atención mediática, a fraxilidade extrema das economías das antigas democracias populares e das repúblicas bálticas que tiveron que recorrer a créditos do FMI ou de Rusia para evitar a quebra ou as dificultades nas que se atopan os Estados que na xerga económica actual deron en denominar PIGS, non son explicábeis sen ter en conta a xenética e natureza do proxecto europeo a dificultade de inserción das súas periferias así como a consideración do mesmo como un espazo para o desenvolvemento desigual
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.