05:14 Martes, 12 de Decembro de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

Orzamentos Galegos e do Estado 2010. XOSÉ DÍAZ DÍAZ


Este documento -de 48 páxinas de extensión- é unha pormenorizada análise realizada polo economista Xosé Díaz Díaz. O obxecto de estudo son os orzamentos de Galiza e do Estado Español no ano 2010. Estes son algúns dos aspectos tratados neste documento:

-O escenario macro-económico
-O crecemento dos orzamentos galegos de 2010
-Ingresos e gastos
-Investimentos e infraestruturas
-O fondos de compensación e complementar nos OXE 2010
-O Financiamento desde a perspectiva da Autonomía
-Investimentos do Estado na Galiza 2010
-A estrutura económica do investimento
-Os resultados por Comunidades

Descargar

O que os ecoloxistas precisan coñecer respecto do Capitalismo. F. MAGDOFF, J. B. FOSTER, S. AMIN e B. CLARK


Presentamos un novo traballo, de 30 páxinas de extensión, que toma como base a revista Monhtlhy Review. Fórmano 3 artigos distintos mais que teñen un nexo común: ecoloxismo e capitalismo. Foron publicados orixinalmente en inglés nos meses de novembro de 2009 e marzo de 2010. A tradución ao galego debémoslla ao economista XOSÉ DÍAZ DÍAZ.

- O que os ecoloxistas precisan coñecer respecto do capitalismo. Fred Magdoff e John Bellamy Foster.
- O capitalismo e a pegada ecolóxica. Samir Amin.
- O paradoxo da riqueza: capitalismo e destrución ecolóxica. John Bellamy Foster e Brett Clark

Descargar

Os campos de batalla do imperialismo. SAMIR AMIN


O presente artigo, de 17 páxinas de extensión foi publicado en francés -en dúas partes- en Pambazuka News (29 de novembro e 6 de decembro de 2009). En inglés foi publicado en www.MRzine.org A tradución debemoslla a XOSÉ DÍAZ DÍAZ. Estes son os epígrafes do traballo que presentamos:

1. "Democracia", ¿Qué é "Democracia"?
2. O "Medio Ambiente" ou a perspectiva socialista do valor de uso? A cuestión ecolóxica e o chamado Desenvolvemento Sostíbel.
3. A Economía Convencional: Un instrumento ideolóxico central para a reprodución capitalista.
4. Problemas reais do mundo contemporáneo, alén da economía vulgar.
5. A Militarización da Globalización, a "Axuda" e o Pos modernismo. 


Descargar

O paradoxo da acumulación. JOHN BELLAMY FOSTER & ROBERT W. McCHESNEY


Publicamos un magnífico traballo da autoría do editor da Montlhy Review, John Bellamy Foster. O documento, de 19 páxinas de extensión, confórmano dous artigos publicados na revista socialista, o primeiro en outubro de 2009 (sendo coautor o tamén profesor Robert W. McChesney) e o segundo en febreiro de 2010. Estes son os títulos dos traballos cuxa versión ao noso idioma é da autoría do economista XOSÉ DÍAZ DÍAZ:

- O Capital Monopolista-Financeiro e o Paradoxo da Acumulación.
- A Idade do Capital Monopolista-Financeiro.

[Visor de PDF]

Descargar

Soberanía e Sistema de Financiamento. XOSÉ DÍAZ DÍAZ


Este documento -de 46 páxinas de extensión- é unha escolma de 8 artigos elaborados -agás un- polo economista Xosé Díaz Díaz. O obxectivo dos textos é aportar datos e coñecer as relacións que hai entre a soberanía de Galiza e un axeitado sistema de financiamento. Estes son os títulos dos artigos que podes atopar:

- A Miseria da Solidariedade: as balanzas fiscais españolistas.
- Galiza: a vontade nacional e necesidade do debate estatutario.
- A soberanía e o dereito a producir e traballar na Galiza.
- Os resultados do Sistema de Financiamento en 2007.
- Notas para o seminario sobre o Manifesto das Irmandades da Fala (1918).
- Sistema de Financiamento: Ficción e realidade.
- Sistema de Financiamento e novo Estatut.
- Notas sobre o novo Sistema de Financiamento 2009.

[Visor de PDF]

Descargar
< anterior        

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal