06:47 Venres, 19 de Xaneiro de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

A visita do Papa a Reino Unido. ROBERT NEAL BAXTER


Nesta compilación a cargo de Robert Neal Baxter recolle e traduce boa parte das intervencións que tiveron lugar na manifestación que tivo lugar en Londres en protesta contra a visita do Papa ao Reino Unido entre o 16 e o 19 de setembro de 2010. Tradúcense as seguintes intervencións:

- Peter Tatchel, activista a prol dos dereitos humanos.
- Clara Connolly, representante de Mulleres conta o Fundamentalismo.
- Richard Dawkins, científico e ateo militante.
- Maryam Namazie, representante do grupo que se opón á Lei Islámica (xaria) no Reino Unido.
- Padre Bernard Lynch, sacerdote católico gay que traballa con persoas afectadas polo VIH.

[Visor de PDF]

Descargar

Orzamentos Xerais do Estado 2011 [Os investimentos na Galiza] XOSÉ DÍAZ DÍAZ


Orzamentos Xerais do Estado 2011 [Os investimentos na Galiza]. De maneira semellante a anos anteriores examinaremos os investimentos na Galiza contidos no proxecto de lei de Orzamentos Xerais do Estado (OXE, en adiante) para o ano 2011, desde unha perspectiva xeral dos mesmos, aínda que nos diferentes Anexos apórtase moita información relevante que permite a súa avaliación cualitativa e cuantitativa.
- Teoría/anuncio e práctica/realidade no ámbito orzamentario
- A estrutura económica do investimento
- A programación plurianual
- O incremento do investimento nos diferentes ministerios e empresas
- As infraestruturas produtivas, tren, estradas...

[Visor de PDF]

Descargar

Entrevista con Castelao. MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO - XOÁN CARLOS GARRIDO COUCEIRO


Este Caderno de 45 páxinas contén sendos traballos de María Pilar García Negro e de Xoán Carlos Garrido Couceiro así como reproducións orixinais das seguintes publicacións:
- Cedeón.
- La Ilustración Española y Americana.
- La Esfera.
- Estampa.
- Gracia y Justicia.
- Nuevo Mundo.
- Crónica.
- La Vanguardia.
- ABC.
- Mi Revista.
- España Democrática.

[Visor de PDF]

Descargar

Quen deixou de votar ao BNG o 1º de março de 2009? BERNARDO VALDÊS PAÇOS


O economista Bernardo Valdês Paços móstranos nunha fonda análise electoral que variables e a conxuncións das mesmas que puideron ter maior relevancia nos resultados do Bloque Nacionalista Galego (BNG) nas pasadas Elecións Autonómicas de marzo de 2009. En dita análise destacan os seguintes puntos:

-Os destinos dos votos perdidos do BNG
-A idade dos que deixaron de votar ao BNG
-A afiliación sindical
-A influencia de "La Voz de Galicia"

Descargar

Liquidación do Sistema de Financiamento 2008. XOSÉ DÍAZ DÍAZ


Xosé Díaz Díaz analiza neste caderno -de 26 páxinas de extensión- como é o último exercicio para un sistema de financiamento instaurado a fins de 2001 que entrou en vigor desde o ano 2002 e que se tiña establecido con carácter definitivo, para sempre, pretendendo conxelar definitivamente a marcha política cara un maior avance na soberanía polas nacións que compoñen o estado. As cuestións tratadas son as seguintes:

-Resultados do Sistema de finaciamento en 2008
-Resultados para "ricos" e "pobres" en 2008
-Os fluxos fiscais entre Galiza e o Estado
-A evolución temporal perversa do sistema para Galiza

Descargar

ASTANO e as axudas de Estado. XOSÉ DÍAZ DÍAZ


Este documento -de 12 páxinas de extensión- é un estudo feito polo economista Xosé Díaz Díaz. Nesta ocasión trátase a situación de ASTANO, centrándose no papel das axudas do Estado Español a esta última. O documento estructurase nos seguintes puntos:

-O papel das axudas do Estado na Unión Europea
-Expedientes incoados ao sector público naval español

Descargar
< anterior        < anterior

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal