14:54 Mércores, 22 de Marzo de 2023
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

O Noso Galeguismo, Agrupación Nós, Caracas, 1967


Documento escrito por Celso Emilio Ferreiro para a campaña electoral de 1967. Os textos do mesmo léronse no programa de radio "Sempre en Galiza", levantando as polémicas dados os tempos que corrían. A embaixada tentou presionar ás autoridades venezolanas para que pecharan o programa pero non tiveron éxito e aínda hoxe en día "Sempre en Galiza" segue a ser o programa da Irmandade. A "Agrupación Nós" era o nome da candidatura que se presentou a esas eleccións.

Descargar

Os nosos cantos (Ultreia)


Caderno de cantigas ordenadas por Álvaro das Casas e editado polos "Ultreia"

Descargar

Bases Constitucionais e Medidas económicas para un programa de Goberno provisiorio Galego


O caderno -de 24 páxinas- foi editado en abril de 1976 pola UPG e contén 3 textos: Unha "Presentación" asinada polo editor, o "Proxecto de Medidas Económicas para un Programa de Goberno Provisorio Galego" e as "Bases Constitucionais para a participación da Nación Galega nun Pacto Federal e de Goberno Provisorio Galego". Estes dous últimos textos están asinados polo Consello de Forzas Políticas Galegas (PGSD, PSG e UPG).

Descargar

Denuncia diante a UNESCO da persecución do idioma galego polo Estado Español (1954)


Denuncia diante a UNESCO da persecución do idioma galego polo Estado Español.

Bos Aires, 1954

Descargar

Especial "Terra e Tempo" editado en París sobre marzo de 1972


Terra e Tempo, editado en París, tomando como base un informe realizado por Moncho Reboiras que na Galiza non se publicou como Terra e Tempo e si como un caderno informativo.

Descargar
< anterior        < anterior

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña