00:45 Venres, 10 de Abril de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

ERGA, un lume que prendeu


Libro editado polos Comités Abertos de Faculdade (CAF) no ano 1997, cando se cumpría o 25 aniversario da constitución de ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos). O libro, de 110 páxinas, está conformado por 18 artigos e unha introdución. Foi editado coa colaboración do BNG, CAE, CIG, Galiza Nova e SLG.

Os textos veñen asinados por persoas que formaron parte de ERGA nalgún momento ao longo dos seus 16 anos de activismo: Manuel Mera, Alfredo S. Canal, Xulio Ríos, Xosé Salvadores, Xesús Seixo, Manuel Vázquez, Xosé Manuel Albán, Xosé Manuel Sarille, Xan Carballa, Manuel Da Cal, José Manuel Alonso, María Rosario Regueira, Xaquín F. Leiceaga, Néstor Rego, Francisco Jorquera, Manuel Rei, Duarte Correa, Manuel Antelo e Bieito Lobeira.


Descargar

La insumisión gallega. Mártires y rebeldes


Recollemos aquí o libro publicado por Emilio González López na editorial Citania en 1963, en Bos Aires. O libro, de 408 páxinas, leva por subtítulo: GALICIA Y PORTUGAL en la Baja Edad Media (siglos XIV y XV).

Recollemos agora unha escolma do índice temático:
- Alzamiento del Adelantado de Galicia, Fernando Rodríguez de Castro.
- Don Pedro Fernández de Castro y el Partido Portugués en la Corte de Castilla.
- Galicia entre Castilla y Portugal. De Inés de Castro al Conde de Andeiro.
- El Condado de Trastamara y el movimiento gallego.
- La cultura. La literatura. Agonía de la lírica gallega.
- Galicia y la unión con Portugal.
- Andeiro reconstruye la alianza Luso-británica.
- Andeiro, Conde de Ourem, y Álvaro Pérez de Castro, Condestable de Portugal.


Descargar

Problemática nacional e colonialismo. O caso galego


Libro editado en 1978 por "Edicións Xistral". É da autoría de Francisco Rodríguez e Ramón López-Suevos.

Damos conta de varios dos seus epígrafes que poderás atopar nas 134 páxinas que ten este traballo:
- Problemas teóricos do nacionalismo: Nación e clases sociais; O dereito de autodeterminación;...
- O fenómeno colonial no mundo: A formación dos Estados modernos europeos; O imperialismo europeo e as colonias de ultramar; o neocolonialismo;...
- O problema galego: A caracterización nacional de Galiza; A opresión nacional en Galiza;...


Descargar

Castelao contra a manipulación


Libro editado pola "Federación de Asociacións Culturais Galegas" e a Editorial Xistral no ano 1984. Neste analízase a figura de Castelao partindo dos diferentes eidos políticos e culturais nos que destacou o autor.  Está formado por seis textos de diferentes autores:

- "Castelao no seu tempo" de Francisco Carballo
- "Teatro en Castelao" de Ricardo Carvalho Calero
- "A narrativa en Castelao" de María Pilar García Negro
- "Para ler o Sempre en Galiza" de Eduardo Gutiérrez
- "Castelao: Símbolo e guieiro do nacionalismo" de Francisco Rodríguez
- "Castelao artista" de Siro


Descargar
< anterior    

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña