21:23 Sabado, 27 de Maio de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

El pensamiento político de Castelao. Antología de Alberto Míguez


Esta obra foi publicada en 1965, en galego e castelán polo seu autor, Alberto Míguez. Esta antoloxía é un exhaustivo estudo de vida, obra e traxectoria política da senlleira figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, referente clave do nacionalismo galego.

No libro -de 203 páxinas- faise un repaso pola maneira de entender varios conceptos socio-políticos tanto a nivel galego, como a nivel estatal e internacional, o que ilustra a ideoloxía de Castelao en todas as súas vertentes.


Descargar

Por que ser chavista? de Farruco Sesto


En palabras do autor, "Hai un mes do pasamento de Chávez. Nunca antes tantas razóns tivemos para explicar, tratar de convencer e ciscar as orixes e os por que da revolución bolivariana das que nos sentimos parte". Reflexan o contido e obxectivo desta interesante obra para entender e coñecer mellor a realidade política venezolana.

Aquí ofrecemos a edición galega, co seguinte índice:

Nota á edición en galego / 7
Razóns dunha revolución / 9
Segunda parte: de que trata todo isto? / 31
As seis bandeiras sobre o outeiro cultural / 55


Descargar

Historia sintética de Galicia: Por Ramón Vilar Ponte


En 2007 saíu á luz o primeiro volume das Obras Completas de RAMÓN VILAR PONTE, titulado Textos filosófico-políticos de Ramón Vilar
Ponte, con inclusión de catro obras fundamentais deste clásico do pensamento nacional galego. Editado pola Deputación de Lugo e baixo os
cuidados de Xesús Blanco Echauri, María Pilar García Negro e Goretti Sanmartín Rei, neste ano 2013 publicaranse os dous volumes que
completarán a bibliografía de autor tan sinalado e vixente da literatura galega.

Conterán, entre outros, o seu manual de Historia da Galiza e os artigos que escrebeu ao longo de toda a súa vida.

Neste arquivo ofrecemos parte deste libro, "Historia sintética de Galicia", editado por "Nós" no ano 1927; a introdución a cargo de Vicente Risco e o capítulo de Prehistoria e Historia Antiga.


Descargar

Os labregos galegos diante da loita de liberación nacional


Este libro de Ramón Muñiz de las Cuevas, baixo o seudónimo de Xosé Fernández Roupar, está escrito no ano 1979 e prologado polo crego de Sésamo ou o crego das Encrobas, Moncho Valcárcel. Ten o grande mérito de ser feito por quen estivo eses anos levando a responsabilidade política diante do nacionalismo da orientación colectiva destas loitas e da ideoloxización dos e das afectados.

O libro, de 195 páxinas, recolle o período que vai desde a fundación das Comisóns Labregas, no ano de 1973, até principios de 1978.


Descargar

Castelao e os bascos, 1886-2011


Edición en lingua galega do título orixinal en español: Castelao y los vascos. Escolma de textos feita por Iñaki Anasagasti Olabeaga.
Idatz Ekintza, Bilbo, 1985.

O presente volume, cadrando co 125 aniversario do nacemento de Castelao, está editado pola Fundación Moncho Reboiras para o estudo da cuestión social e sindical en Galiza ( www.fesga.org )  e pola CIG-Migración. A tradución para o galego é de Xurxo Martiz Crespo. Xosé Estevez fixo o limiar deste espectacular libro de 655 páxinas.

O libro pódese descargar directamente (11,8 megas) ou visualizalo en pantalla clicando aquí: [Visor en pdf]


Descargar

Problemática das línguas sen normalizar. Situación do Galego e alternativas


Editado por Xistral o 15 de marzo de 1980, véspera da celebración da marcha sobre o Foxo (A Estrada) baixo o lema "Polo uso irrenunciábel do noso idioma, contra o decreto de bilingüismo". O libro foi promovido pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e os textos dos artigos pertencen a estes autores e autoras:

- LLuis V. Aracil
- María Pilar García Negro
- Francisco Rodriguez
- Pilar Vázquez Cuesta
- Ricardo Carvalho Calero
 

Descargar
   < anterior

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal