08:58 Xoves, 27 de Xullo de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

A Terra sabe a loita. Testemuño de rebeldía labrega


A Fundación Bautista Álvarez vén de editar este volume, en colaboración coa Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, onde se recollen as loitas do agro galego desde comezos da década dos 70 até comezos dos século XXI. A autoría corre a cargo de Emilio López Pérez, Milucho, un dos mellores coñecedores da realidade labrega.

O libro inclúe dous DVDs. Un contén extras e o outro é unha longametraxe documental de 88 minutos de duración, baixo o título “Clamor da Terra”, da autoría de Alberte Mera García no que, coa participación de máis de 22 entrevistados e entrevistadas e co acompañamento de imaxes audiovisuais inéditas até a data, reconstrúese as loitas dos últimos decenios.

O libro, de algo máis de 300 páxinas, divídese en 13 capítulos e conta cunha ampla cronoloxía. Tamén ten un anexo documental e unha selección de máis de 100 fotografías que recolle momentos fundamentais dos conflitos agrarios. Aquí recollemos o limiar de Lois Diéguez e o índice do libro.

De teres interese en adquirir o libro, só tes que te poñer en contacto coa Fundación Bautista Álvarez.

Descargar

Xosé Chao Rego. Renacer galego. Actas do Simposio-Homenaxe


Galiza recoñeceu neste tributo o traballo e esforzo
inesgotábel de Xosé Chao Rego, que puxo sempre o mellor
de si mesmo ao servizo do seu País, da súa Nación, e xa
que logo ao conxunto da humanidade, tan necesitada de
recoñecerse na súa propia identidade nun mundo cada vez
máis globalizado, no que se pretende reducir a pluralidade
étnica, nacional, cultural, a unha lacra contraria ao progreso,
nese camiño que se nos pretende marcar cara a unha
visión única do mundo no que, en consecuencia, os Pobos
non teñen espazo. O libro editouse en Xullo de 2010.

De teres interese en adquirir o libro, só tes que te poñer en contacto coa Fundación Bautista Álvarez.

Descargar

Moncho Reboiras: O nacionalismo galego nos anos 70


Libro editado en papel pola Fundación Bautista Álvarez en Agosto de 2009 (xa esgotado), en homenaxe á súa figura e cadrando coa declaración oficial, feita polo Goberno español, na que se lle recoñece como vítima do franquismo, restituíndo -agora xa nun plano formal- a súa figura como mártir galego.

Escriben no libro: Francisco Carballo, Manuel Reboiras, Francisco Rodríguez, Ramón Muñiz, Marisa Vázquez, Xosé Moa, Lois Diéguez, Elvira Souto, Xosé Salvadores, Francisco Luís R. Guerreiro, Xoán López, Margarita Ledo, Fernando Souto, Xosé Lois Ríos, Francisco Xabier Alonso, Inácio Hernando, Alfredo S. Canal, Manuel Fernández, Saleta Goi, Xosé Lois Ledo, Nemésio Barxa, Marisol García, Manuel Mera, Marisa Canto e Bautista Álvarez.


Descargar

Bautista Álvarez: 40 anos da UPG, 40 preguntas


En datas próximas á celebración do 40º aniversario da
fundación da Unión do Povo Galego, en Xullo de 2004,
entrevistamos a Bautista Álvarez, utilizándomos un cuestionario
que, desde 1964 aos nosos días, interrogase sobre
aspectos centrais da diacronía da UPG, do seu cofundador
e, en definitiva, da xeira do nacionalismo ao longo destes
anos. A edición impresa do libro está esgotada.

Descargar

Homenaxe Nacional a Bautista Álvarez. 50 anos de militancia nacionalista


O xantar é no Restaurante “Pórtico”, en Cacheiras, Teo, o sábado 2 de marzo de 2013.

- A hora de recibimento con música será a partir das 14:00 horas e o xantar comezará as 14:30 horas.

- Prezo 25 €.Para calquera dúbida o teléfono de contacto é o 981 57 02 65.

Descargar
< anterior    

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal