18:48 Luns, 06 de Decembro de 2021
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
13-04-2010

Un espírito libre que non se afastou o longo do seu camiño de ser quen era, un home garboso do seu oficio, que o longo dos moitos anos da súa vida sígueu a defender o que xa defendera de sempre

Carpinteiro de praia

XOSÉ PLÁCIDO BETANZOS GARCÍA

De noviño, traballaban debaixo dun pendello que os libraba das choivas e tamén do soles do vran, aló aprendéronlle o oficio. Encomezaba a dorna sempre partindo dos patróns, xa que, neles, estaban marcadas as proporcións con tanta firmeza e exactitude coma un trisquel nunha pedra milenaria que nin o paso do tempo foi quen de desborrar.



0 comentarios |
Valoración
12-04-2010

A pesar de ser entallador de oficio son moi poucas as obras en madeira que se conservan de Andrade, de aí a importancia, tanto desde o punto de vista histórico como artístico, da recuperación deste retablo da Escravitude

Recuperado un retablo de Domingo Antonio de Andrade

ADOLFO DE ABEL VILELA

Retablo de Domingo Antonio de Andrade


Da súa autoría parece que só se conserva o tabernáculo da catedral de Santiago, o baldaquino do camarín da capela do Santo Cristo da catedral de Ourense e dos múltiples retablos que proxectou quedan o altar maior da igrexa das clarisas de Santiago, o retablo maior da igrexa do convento de Santo Domingo de Bonaval, trasladado á parroquia de Santiago de Carril (Pontevedra), o da capela do Rosario do convento de Santo Domingo da Coruña, e o retablo relicario de San Paio de Antealtares. Entre as desaparecidas podemos citar o baldaquino do altar maior da igrexa do mosteiro de Oseira e o retablo maior da igrexa do convento de Santa María A Nova de Lugo.


0 comentarios |
Valoración
11-04-2010

Curiosamente, os negadores do nosa historia, son os mesmos que acientificamente protexen e defenden a presenza do enterramento de Santiago en Compostela, sen proba algunha e con moitas en contra. Algo a todas luces inasumíbel

O priscilianismo: un movemento sociopolítico da Galiza

MANUEL VÁZQUEZ CABO


Aquí entramos non tan debatido enterro na catedral de Compostela. Santiago ou Prisciliano?. O de Santiago só se sostén si a ciencia se troca en crenza. Ninguén dos autorizados escritores pola igrexa, máis próximos aos acontecementos, escriben ou dan conta da presenza de Santiago na Galiza: Prudencio (405), Orosio, Hidacio (395-468), nin os escritores dos séculos VI ao VIII. O mesmo silencio en San Martiño de Braga ou en escritores visigodos como Isidoro, Idefonso. O Papa Inocencio I rexeita a presenza de Santiago, ao escribir unha carta no ano 416, onde recolle que en España só fundou igrexas San Pedro. Tampouco os concilios iniciais falan do tema. Especial relevancia merécenos as opinións de Gregorio de Tours (594) que coñece os santuarios marinianos é nada comenta, e Venancio Fortunato (600) non seu Virginibus, onde cita as zonas que corresponde a cada apóstolo, atribuíndolle a Galiza a San Martiño.


0 comentarios |
Valoración

XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA


10-04-2010

A Deputación de Lugo inaugura o vindeiro 14 de abril una exposición sobre Castelao que cremos, máis que nunca, imprescindíbel

Castelao en Lugo: vive!

0 comentarios |
Valoración

XAVIER GÓMEZ GUINOVART


09-04-2010

A tradución da toponimia como instrumento da colonización lingüística

Do "Niño de la Guía" ao "Desván de los Monjes"

0 comentarios |
Valoración

FRANCISCO XOSÉ REI GARCÍA


08-04-2010

O que máis lle amola ao PP é unha mobilización constante da sociedade; desquíciao que poida haber movemento a prol da lingua en todo o momento, mesmo fóra de datas rituais

O peor pesadelo do Partido Popular

2 comentarios |
Valoración

MONTSE NÓVOA GÓMEZ


07-04-2010

Calquera espazo precisa ser habitado, tamén de memoria, para seguir vivo

A memoria e as pedras

4 comentarios |
Valoración

MÓNICA PAZOS MARTÍNEZ


05-04-2010

Luís Seoane naceu en Bos Aires e morreu o 5 de abril de 1979, hai 31 anos, na Coruña. Ese día morría a persoa que máis contribuíu á divulgación da nosa cultura despois de 1936

Luís Seoane, mar por medio

3 comentarios |
Valoración
< anterior 01  02  ...    ... 164   165  < anterior

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña