00:37 Sabado, 11 de Xullo de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
29-06-2010

O 28 de xuño cumpríronse 74 anos do plebiscito do primeiro Estatuto galego

As leccións que tiramos do primeiro Estatuto de autonomía

MANUEL REI ROMEU


Mentres comezamos a coñecer a sentencia do Estatut, é preciso ollar atrás e avaliarmos  o primeiro Estatuto  como  un dos eixos centrais da política do PG ao longo da II República, desde que se fundou en decembro de 1931 até xullo de 1936 (ben pouco tempo, por certo!). É preciso lembrarmos que,  unha vez que se logrou plebiscitar, con todos os atrancos que veremos, xa no contexto da guerra, todas as forzas políticas  -agás o nacionalismo- consideraron o asunto aparcado, porque, por riba de todo, había que ser antifascistas.  É Castelao quen  nos dá unha lección de perseveranza, conseguindo culminar os trámites que faltaban e que fose aprobado polas Cortes (Montserrat, 1938).


0 comentarios |
Valoración
30-06-2010

Veremos entón: todos cantos se identifican con Rosalía, coa voz da Terra, de Galiza..

Cousas: arredor da Casa de Rosalía en Padrón

FELIPE SENÉN LÓPEZ GÓMEZ


Velaí, achegarémonos a Padrón,  por algo escenario de tantos aconteceres en relación coa Historia de Galicia e fértil horta entre o Sar e o Ulla:  Iría Flavia, a translación do Apóstolo, a Raíña Lupa,  Macías o Namorado, Rodrigo de la Cámara, os franciscanos de Herbón,  Rosalía, Nicasio Pajares, Vázquez Castro, Manuel Barros, e o imperante, atravesado de Cela sobre todas as cousas ...


0 comentarios |
Valoración
26-06-2010

Os días 8, 9, 10 e 11 de xullo regresa o Festival de Ortigueira e con él milleiros de persoas chegadas de moitos puntos do planeta celta

Peregrinos a Ortigueira!

SONIA LEBEDYNSKI DIÉGUEZ


Arranca Ortigueira! Os musulmáns diríxense á Meca e nos dirixímonos a Santa Marta.  Quen lle diría a Escola de Gaitas de Ortigueira alá polo 1978 cando decidiron levar a cabo este proxecto que chegaría a cumprir vinteseis anos de vida. A Praia de Morouzos convertese todos os anos na oitava capital galega i e que, Ortigueira foi medrando con todos nós e nós medramos con Ortigueira. A Ortigueira foron chegando músicos de todos os puntos do planeta celta e foron facendo deste festival unha cita ineludible para os seguidores da música e da boa festa.


1 comentarios |
Valoración

FELIPE SENÉN LÓPEZ GÓMEZ


25-06-2010

O Alcalde de Vilaleria, líder da industria chacineira local "Chouriza S.A", é quen ordena e manda, e sabeo ben

O Ilustrísimo Alcalde de Vilaleria

0 comentarios |
Valoración

MANUEL VILAR ÁLVAREZ


24-06-2010

Todas as nacións teñen un lugar especial, un “santuario permanente”, para abrigar os restos daquelas persoas aos que se lles recoñece, digamos, un senlleiro papel a prol do colectivo

Un lugar para a memoria de nós

0 comentarios |
Valoración

CÉSAR VARELA GARCÍA


23-06-2010

De como unha palabra altera o seu significado co paso do tempo, e as suas consecuencias

O Santo dos "Croques": Nen tantos “trosques”, nen tanta tradición

3 comentarios |
Valoración

SANTIAGO FERNÁNDEZ ROCHA


22-06-2010

Empurrados, pois, por unha realidade oprimida e marxinada por poderes alleos aos intereses do país, pero poseedora dunha vasta cultura aínda non presionada pola forza do aparello posmoderno

Unha reflexión no tempo encol da galeguidade

0 comentarios |
Valoración

MÓNICA PAZOS MARTÍNEZ


20-06-2010

Saramago representa unha vida dedicada á literatura e á defensa da liberdade, da xustiza e da paz

Un adeus a José Saramago

1 comentarios |
Valoración
< anterior 01  02  ...    ... 157   158  < anterior

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña