12:14 Luns, 22 de Xullo de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
12-05-2010

En pleno conflicto o cooselleiro aparece cun plan de bibliotecas para o ensino do futuro e para o plurilingüismo

Un agasallo para o galego

MARÍA TEREIXA PAZ FRANCO


A Xunta de Galiza e o Partido Popular non paran nos seus ataques á lingua  galega. Desta volta aféctalles ás bibliotecas escolares ás que se lles suprime a obriga de adquirir un mínimo de libros en lingua galega. O goberno de Núñez Feixóo ten utilizado o tempo do seu mandato e as competencias propias do país para de(s)construír a nosa nación. Estase empregando a fondo no seu ataque aos sinais que nos identifican como nación, e con maior intensidade e ferocidade contra o de maior simbólico: a nosa lingua.


1 comentarios |
Valoración
11-05-2010

É unha obriga nosa recuperar os corpos dos represariados e poñerlle nome aos asasinos

Cando me deixen sachar na chousa dos mortos

XOÁN RAMÓN FERNÁNDEZ PACIOS

Listado feito polo Réxime franquista de persoas mortas ou desparecidas


Xosé Luís Rivas (Mini) publicaba recentemente nesta revista un artigo, que vos recomendo, titulado A chousa dos mortos. Nunca pensei que se puidese falar con tanta beleza dun tema tan tráxico, tan noxento, tan amargo. A represión que padeceu Galiza por parte das forzas sublevadas foi terrible, coma no resto do estado español, aínda hoxe  agochamos na nosa terra os restos dos fusilados que converten o noso país nunha chousa de mortos (aramos sobre os mortos nesta Terra e o noso pan ten un sabor a osos familiares, irmáns, o monte berra baixo o arado e chámannos os nosos).


0 comentarios |
Valoración
10-05-2010

Mais Castelao tamén cobizaba tanxer as liras; era consciente de que os ecos do seu son fican na memoria dos pobos para sempre

E Castelao dixo entón: "Poesía, ti reinarás sobre todas as artes"

DIEGO PARDO AMADO

cuarela de Castelao que se atopa no Centro Galego de Montevideo


Castelao sempre afirmou non comprender a esencia da poesía e, precisamente por este motivo, sabía que o seu corazón sentía con máis ímpeto o misterio daquela arte para el inapreixábel. Porén, a ollada fráxil e esculcadora do rianxeiro pousou nas cousas do mundo como a dun auténtico inspirado das musas. Mesmo semella as divindades térenlle susurrado ao ouvido a conveniencia de proclamar o reino da poesía sobre todas as artes poque, non en van, etimoloxicamente poesía significa creación ou enerxía creadora.


0 comentarios |
Valoración

FRANCISCO XOSÉ REI GARCÍA


08-05-2010

Se amamos de verdade a nosa lingua e a nosa cultura vainos a vida en desfacer a imaxe do 17 de maio como unha data ritual, consabida, narcotizante

Que se conmemora exactamente o Día das Letras?

2 comentarios |
Valoración

LOIS DIÉGUEZ


07-05-2010

Percorrer as rotas de Rosalía de Castro é a constatación do desleixo de quen deberían mostrar actividade e conciencia de noso

As tristes rotas de Rosalía

1 comentarios |
Valoración

ISABEL PÉREZ GONZÁLEZ


06-05-2010

A celebración dos Maios en Ourense ten unha dobre expresión artística: consiste na elaboración dun maio figurado e na confección das coplas

De coplas e maios

0 comentarios |
Valoración

MÓNICA PAZOS MARTÍNEZ


05-05-2010

A lectura de libros galegos é un acto que nos identifica

Lermos a nosa literatura

7 comentarios |
Valoración

ROSA BUGALLO VECIÑO


02-05-2010

“O que necesita o mal para triunfar é que algúns homes bos o fagan”

Outra vaca no millo

5 comentarios |
Valoración
< anterior 01  02  ...    ... 149   150  < anterior


Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña