20:06 Luns, 25 de Marzo de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Listado feito polo Réxime franquista de persoas mortas ou desparecidas 11-05-2010

É unha obriga nosa recuperar os corpos dos represariados e poñerlle nome aos asasinos

Cando me deixen sachar na chousa dos mortos

XOÁN RAMÓN FERNÁNDEZ PACIOS


Xosé Luís Rivas (Mini) publicaba recentemente nesta revista un artigo, que vos recomendo, titulado A chousa dos mortos. Nunca pensei que se puidese falar con tanta beleza dun tema tan tráxico, tan noxento, tan amargo. A represión que padeceu Galiza por parte das forzas sublevadas foi terrible, coma no resto do estado español, aínda hoxe  agochamos na nosa terra os restos dos fusilados que converten o noso país nunha chousa de mortos (aramos sobre os mortos nesta Terra e o noso pan ten un sabor a osos familiares, irmáns, o monte berra baixo o arado e chámannos os nosos).


0 comentarios |
Valoración
10-05-2010

Mais Castelao tamén cobizaba tanxer as liras; era consciente de que os ecos do seu son fican na memoria dos pobos para sempre

E Castelao dixo entón: "Poesía, ti reinarás sobre todas as artes"

DIEGO PARDO AMADO

Acuarela de Castelao que se atopa no Centro Galego de Montevideo


Castelao sempre afirmou non comprender a esencia da poesía e, precisamente por este motivo, sabía que o seu corazón sentía con máis ímpeto o misterio daquela arte para el inapreixábel. Porén, a ollada fráxil e esculcadora do rianxeiro pousou nas cousas do mundo como a dun auténtico inspirado das musas. Mesmo semella as divindades térenlle susurrado ao ouvido a conveniencia de proclamar o reino da poesía sobre todas as artes poque, non en van, etimoloxicamente poesía significa creación ou enerxía creadora.


0 comentarios |
Valoración
08-05-2010

Se amamos de verdade a nosa lingua e a nosa cultura vainos a vida en desfacer a imaxe do 17 de maio como unha data ritual, consabida, narcotizante

Que se conmemora exactamente o Día das Letras?

FRANCISCO XOSÉ REI GARCÍA

Afortunadamente, o nacionalismo político, cultural e social organizado foi o único que analizou e denunciou con contundencia o efecto anestesante, narcótico, do 17 de maio e a letal carga para a saúde e o futuro dun idioma condenado a ser visto, ouvido, homenaxeado, santificado... dentro dunha urna de cristal, non vaia ser que lle dea por medrar ao seu xeito.


2 comentarios |
Valoración

LOIS DIÉGUEZ


07-05-2010

Percorrer as rotas de Rosalía de Castro é a constatación do desleixo de quen deberían mostrar actividade e conciencia de noso

As tristes rotas de Rosalía

1 comentarios |
Valoración

ISABEL PÉREZ GONZÁLEZ


06-05-2010

A celebración dos Maios en Ourense ten unha dobre expresión artística: consiste na elaboración dun maio figurado e na confección das coplas

De coplas e maios

0 comentarios |
Valoración

MÓNICA PAZOS MARTÍNEZ


05-05-2010

A lectura de libros galegos é un acto que nos identifica

Lermos a nosa literatura

7 comentarios |
Valoración

ROSA BUGALLO VECIÑO


02-05-2010

“O que necesita o mal para triunfar é que algúns homes bos o fagan”

Outra vaca no millo

5 comentarios |
Valoración

XOSÉ RAMÓN FREIXEIRO MATO


30-04-2010

Que ficará dun pobo con historia de seu cando se consiga eliminar toda a toponimia e a antroponimia tradicionais e se substitúan por outras deturpadas ou estranxeirizantes?

Salvemos a cabo Seixas! Antroponimia, memoria histórica e dignidade

10 comentarios |
Valoración
< anterior 01  02  ...    ... 147   148  < anterior


Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña