16:53 Xoves, 18 de Abril de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Distintas portadas de edicións de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro 10-06-2010

O proceso de publicación de Cantares, así como a natureza da relación Rosalía-Murguía, deben ser obxecto de investigación e debate

Quen publicou Cantares Gallegos?

DIEGO PARDO AMADO


A tradición crítica consagrou a visión dunha Rosalía de Castro reticente á publicación da súa propia obra. Segundo esta versión, foi a férrea decisión dun Murguía consciente do seu enorme valor a razón de que a primeira obra galega da poeta vise a luz. Ao modo d´Os Lusíadas que Camões logra rescatar das augas do océano, erguéndoos gloriosos sobre as ondas cristalinas que os terían consumido impunemente, tamén imaxinamos o historiador galego portando ocultos os manuscritos da obra fundacional da literatura galega contemporánea, até os dar entregado ao editor vigués Juan Compañel, salvos da ignorancia a que estarían condenados.


0 comentarios |
Valoración
09-06-2010

Historia inacabada dun dominio para o galego en Internet

Do .es ao .gal, pasando por Grenlandia

XAVIER GÓMEZ GUINOVART


No caso de Galiza, unha opción posíbel para a súa identificación territorial sería o dominio .gz, dado que este código non está asignado aínda na norma ISO 3166 a ningún territorio, mentres que outras opcións plausíbeis como .ga, .gh ou .gl xa estarían asignadas, respectivamente, a Gabón, a Ghana e a Grenlandia. O único problema é que, na práctica, para obtermos un código propio nesta norma, cumpriría previamente constituírmonos nun Estado galego independente e recoñecido internacionalmente. E iso non vai ser sen tempo. De aí que as iniciativas da comunidade cibernética galegófila apunten noutras direccións máis achegadas.


0 comentarios |
Valoración
08-06-2010

Diferenzas evidentes e semellanzas nominais á parte, desacouga que en determinada cultura ideolóxica, cuxo substrato comparten Fujimori e Feixóo

Historia de dous Albertos

FRANCISCO XOSÉ REI GARCÍA


O 5 de abril de 1992 un home chamado Alberto Fujimori, na altura Presidente da República do Perú, decidiu pola súa conta clausurar o Congreso e demais institucións constitucionais do país andino. Dezaoito anos após o que tamén se dera en chamar o "fujimorazo", asistimos na Galiza a un espectáculo cando menos tan surrealista como o das fuxidas do ex mandatario latinoamericano: un Presidente da Xunta, curiosamente tamén chamado Alberto, que parece decidido a emulalo a calquera prezo.


0 comentarios |
Valoración

XOÁN COLAZO PAZÓ


07-06-2010

No incipiente debate sobre a reestruturación do modelo territorial de Galiza o nacionalismo galego debe tomar a iniciativa

Outra organización territorial, outro país

1 comentarios |
Valoración

ISABEL PÉREZ GONZÁLEZ


06-06-2010

Aproveitamos o 107 aniversario do seu nacemento para relembrar a súa figura e reafirmar a vixencia do seu pensamento político e humano

Reivindicarmos a Alexandre Bóveda como espello de tesón e intelixencia

0 comentarios |
Valoración

MÓNICA PAZOS MARTÍNEZ


05-06-2010

Castelao é o galego que máis libros ilustra da colección Biblioteca Billiken, da editorial Atlántida, en Bos Aires

Castelao, ilustrador de libros infantís-xuvenís

1 comentarios |
Valoración

CÉSAR VARELA GARCÍA


04-06-2010

Estamos pois, diante da Porta Faxeira, Porta dos Feixes ou Porta da Leña, que nos exemplifica como o pobo usa o seu idioma dun xeito utilitario

A Porta Faxeira ao servizo da mantenza calorífica da cidade medieval

1 comentarios |
Valoración

Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez


03-06-2010

A persoa e o poeta é o elo que ven cubrir o baleiro deixado polos nosos xigantes do Rexurdimento

Da fouce e da oliva

4 comentarios |
Valoración
< anterior 01  02  ...    ... 147   148  < anterior

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña