15:29 Luns, 23 de Maio de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
21-03-2022

Os Basquiños; As Rodas, A Rapa da Folla, O Pexigo, O Cruceiro do Galo

ANTIGOS NOMES DE VELLAS RUAS COMPOSTELÁS

CÉSAR VARELA GARCÍA


AS RODAS:

Xa temos comentado nestas páxinas o absurdo desta denominación que non é coerente coa sua antiga orixe.

Na verdade, ese lugar chamouse AS RUÊDAS, (con -Ê- fechado ) facendo referencia  as pequenas ruas ou  ruêlas que proliferaban no exterior da muralla da cidade.

Alí moraban os RUÁNS, xeralmente, extranxeiros adicados aos oficios e ao comercio.

Desas antigas RUÊDAS, os castrapeadores entenderon que se deberian a unha hipotéticas “rodas” e por moito tempo foi chamada a rua de RUÉDAS; chegaron os galeguizadores, con millor intención que coñecemento e chegamos as RODAS de hoxe.

Cando lle colocarán o seu nome orixinal de RUÊDAS  ?


0 comentarios |
Valoración
25-10-2021

Os viquingos estavam em Terra Nova no 1021, mas Colon descobriu America

ALBERTE LAGO VILLAVERDE


Num artigo publicado pola revista Nature este 20 de Outubro, se apresentam provas de que os europeus, seguramente escandinavos, estiveram em América no século XI. Em concreto num lugar chamado L'Anse aux Meadows em Terra Nova.

Este lugar leva sendo excavado desde os anos 80 e ja vai mais de vinte anos que se considerava relacionado cos assentamentos vikingos de Groenlandia, a novidade é que agora sabemos a data: o ano 1021 da nossa era.


0 comentarios |
Valoración
11-10-2021

FISTEUS ou marcos de pedra : desde Aragón á Galiza

CÉSAR VARELA GARCÍA


Tratando do xeito de demarcar os campos, no libro,           “ Toponimia navarro-aragonesa del Ebro” do que é  autor o prof. Juan Antonio Frago, lémos : “…lo mojone con piedra y cal ”  e  “ en el un fito que pusieron un asno muerto et un cernido ”.


0 comentarios |
Valoración
       ... 164  165  < anterior

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña