04:53 Venres, 30 de Outubro de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

02-11-2010

O Nobel, como moitos outros premios, non deixa de ser parte dunha campaña publicitaria de creación de modelos

Vargas llosa. O circo mediático do nobel

Valorar (19)

ROSA BUGALLO VECIÑO


Mario Vargas LLosa


A editorial Alfaguara, Prisa, edita a súa última obra "El sueño del celta" cunha tirada de máis de 250.000 exemplares. A verdade e a pluma ?

Os premio Nobel outórgase en Suecia, cada ano dende 1901 a: "persoas que fixeran investigacións sobresaíntes, inventando técnicas ou equipamento revolucionario ou aportasen contribucións notables á sociedade". No caso do Nobel de Literatura se lle outorgara á obra máis sobresaínte de tendencia idealista.

A Vargas Llosa o motivo foi: "a súa cartografía de estruturas de poder e as súas mordaces imaxes da resistencia individual, sublevación e derrota, na súa obra". Máis por outra banda o señor Vargas foi eloxiado pola súa defensa persoal do individuo fronte a todo totalitarismo de calquera sector político"...

Polo seu aspecto intelectual, a arte, como todo linguaxe, é un instrumento de comunicación, mentres que polo seu aspecto afectivo a súa misión esencial consiste en expresar o ser do propio autor, revelar a súa personalidade estética. Mais é aí onde comeza a confusión entre estética e ética. A creación artística rebela a personalidade ética do autor? Sí, no imaxinario colectivo. Tendemos a trasladar os atributos éticos dunha obra á personalidade do autor, así sucede co Nobel e con outros premios: Planeta, Asturias... apoiados polos medios de comunicación colaboran alimentando a visión da arte como unha representación do artista.

O xeito de situarnos -ética e socialmente no mundo- non ten porque coincidir coa técnica nin coa estética fronte á obra. A arte non rebela a personalidade ética do autor agás este teña a valentía de espirse ante a sociedade e instrumentalizar a súa obra para amosar os seus ideais, valores, xuízos... que o forman como individuo político. Pensemos en autores como Saramago, Márquez ou Cortazar. Estes dous últimos, xunto a Carlos Fuentes e o propio Vargas, foron os protagonistas do boom da literatura latinoamericana caracterizada por unha clara implicación política e social: "os precusores da verdade á pluma". Vargas separouse do grupo, abrazando o ideario liberal de dereita e enemistándose co resto do grupo. O autor manifestábase ética e socialmente en contra dos principios que reflexa a súa obra.

O propio Vargas distingue a obra, a ficción, do discurso social do autor. "A literatura nace da confluencia da imaxinación e ilusión". E se ben, a obra de Vargas é imprescindible e necesaria (La ciudad y los perros, La fiesta del chivo, La guerra del fin del mundo) tanto dende un punto de vista estético como ético, non podo dicir o mesmo do Vargas individuo. É o claro exemplo de intelectual debilitado; "El ser humano es el abismo donde los contrarios se funden"... afirmaba o propio Vargas e no seu caso, o contrario da súa obra é el. Tomemos como exemplo "La ciudad y los perros". A obra é unha crítica ao sistema militar, as atrocidades que se cometen nos cuarteis, os valores que se defenden. O Vargas individuo defendeu a invasión e agresión de Irak, non protestou polas agresións aos pobos amazónicos, non defendeu as súas liberdades, non criticou a presenza de bases militares norteamericanas no Perú...

A editorial Alfaguara, Prisa, edita a súa última obra "El sueño del celta" cunha tirada de máis de 250.000 exemplares.

A cultura clásica tiña como finalidade elevar o ser humano, as industrias culturais dedícanse a distraelo, porque canto máis medra a masificación, maior é a sede publica dunha referencia individual é para iso é vital o papel publicitario dos novos ídolos. O Nobel, como moitos outros premios, non deixa de ser parte dunha campaña publicitaria de creación de modelos. Exitosa, sen dúbida, ao autor atribúenselle os valores e xuízos expostos na súa obra e automaticamente pasa a formar parte do grupo de privilexiados lexitimados pola moral que reflexa na súa escrita aínda que o individuo político, o personaxe real manifeste un pensamento totalmente contrario. Aínda que a súa práctica social sexa a dun farsante manipulador simpatizante de réximes fascista e totalitarios como o é Vargas contara con total inmunidade crítica. A quen eloxiaron na entregas dos premios "pola súa defensa do individuo fronte a todo totalitarismo de calquera sector político? Que pretendía Rivas cando afirmou que a concepción do Novel a Vargas é unha demostración de que o mapa da xeopolítica non elimina a literatura?

Como diría o outro: o medo, neste caso, a covardía, é libre

Enamais...

anterior 1 2

[03-11-2010 17:08] Jofre comentou:

E tan debilitado..... Soe pasar que,instalados na comodidade do éxito, moitos deixan polo camiño os ideais cidadáns de igualdade e fraternidade, e se adican en corpo e alma ao cultivo do seu ego. Elévanse por riba das circunstancias, e alo dende a atalaia, adícanse a por a parir aos que poñen a súa vida ao servizo do ben común. O importante é a idea, a praxis corrompe; é demasiado vulgar....

[02-11-2010 16:52] Mau comentou:

Merecido ou non, Mario Vargas Llosa escribe como Deus!!!!!

[02-11-2010 08:47] Vitor comentou:

A min chamoume moito á atención, nunha columna que escribiu en "El Pais" sobre a súa vida; a grandísima frustración que lle ocasionou a perda das eleccións frente a Fujimori no Perú. Non falou do ideario que representaba, nin dos puntos programáticos que quedarían sen cumprir, nen sequera o partido ao que representaba. Só da frustración que lle ocasionou que o pobo Peruano non se rendese aos seus pés, non apoiase ao cidadán Mario fronte a un xaponés infame... Qué máis ten o ideario, o importante é o individuo.... Manda chover!!!!....

[02-11-2010 08:08] Ceive comentou:

Afortunadamente en este mundo de clichés, segue habando xente sensible ás manipulacións diarías ás que as extructuras de poder; dun ou doutro tipo nos someten, e que lles permite arroxar xuizos críticos, de algo tan aparentemente inocente, como é a concesión de un premio Nobel de Literatura.
ntonte tiven que soportar como un colega me chamaba Mogigata, porque recriminei actitudes de escritores como Pérez Reverte ou Sánchez Dragó, que escudados no seu "xenial" éxito narrativo, se permiten a ousadía de revasar os muros da fantasía, hostigando ao resto dos mortais coa súa dexenerada forma de ver o mundo, e blindandose fronte a calquera crítica, aludindo á pacata sociedade na que viven.
Son cuestionables, son censurables e deben de ser criticados, se é que ainda queda algo de sentido común por ahi fóra.
Parabéns por un artigo tan políticamente incorrecto.

anterior 1 2
Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña