18:33 Xoves, 14 de Novembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

27-02-2010

Carta aberta a Rosa Díez

A España única de Rosa 10

Valorar (21)

MARCOS MACEIRA EIRAS


Flores para Rosa 10

Grazas Rosa, por nos mostrares o mellor do teu pensamento e probábelmente da falanxe de españolísimos españois, no sentido patriótico da palabra, que votan por ti e pola túa causa. Grazas por nos abrires os ollos, por nos desenganares aos que pensabamos que nunca voltariamos ouvir expresións como as túas dirixidas contra os galegos, aínda que for só pola corrección á que obriga os manuais de marketing electoral.

Recoñezo que non me sorprende que fales de gallego en el sentido más peyorativo ( o que quer dicir que para ti e os teus "galego" xa é pexorativo en si mesmo), porque  se corresponde co ideario e as actitudes que sostés. De ti pódense dicir moitas cousas máis ninguén pode negar a coherencia coa que defendes publicamente a túa paranoia e chulería españolista, racista e xenófoba, incluso en conversas informais e coloquiais como ti mesma recoñeces.

Mais non son quen de perceber o por que ese odio visceral contra os galegos, contra Galiza. Porque seguimos a manter a nosa identidade a pesar dos desprezos e insultos? Porque falamos nunha lingua que conta na súa literatura coas mellores obras da literatura universal? Porque aportamos todos os anos as arcas do Estado, bastante máis do que o Estado inviste de volta aquí? Porque a España imperial que volve a renacer, medrou a costa dos aforros dos galegos na emigración en América, Europa, e co seu traballo infrahumano e seguirá a facelo cando nos rouben as caixas? Porque nunca pedimos nada a cambio dos desprezos e humillacións de séculos  e séculos? Porque non soportades que Galiza sexa unha nación construída por si mesma a pesar de todos os atrancos que puxestes, pondes e poredes?

Aínda dirás, Rosa, que isto é vitimismo. Acusación sempre válida para negar o dereito a denunciar a agresión. Coñecemos o victimismo palestiniano con respecto ao estado de Israel, ou o victimismo xudeu con respecto aos nazis, ou dos saarianos con Marrocos... Sempre igual. O máis feble é o máis culpábel da súa situación, ou dito dun xeito máis agradábel a vosté, que cada pobo ten o que se merece.

Nesta a túa España na que comeza a mencer  non existen máis identidades que unha, que ademais é grande, libre e, como non, democrática. O demais é lixo que , iso si, sempre se pode dividir en categorías mais ou menos pexorativas.

A túa España señora 10, coa camisa nova que vostede bordou onte de constitución, de parlamento, e de século XXI, é a España da persecución de galegos, xudeus e mouros, a dos Reis Católicos, a da inquisición, a da matanzas en América, a da guerra incivil e asasina, a da revolución joseantoniana e de  Millán Astray, a que odia a Galiza e o galego, e non dubida e cortarnos a lingua para domarnos e castrarnos. A súa España é a España única. Agardamos que non sexa a única España.



1 2 seguinte

[01-03-2010 ] Xoán comentou:

Non debemos esquecer a cuestión de fondo respecto a esta persoa e o que representa. Feixismo puro e duro, con aires ruturistas e "transformadores". Ollo, que isto vende en certos sectores en tempos de crise, xa se comprobou hai case un século, e xa sabemos como rematou o invento. Amais, este neofascismo, que ten curiosamente tamén ao nacionalismo no punto de mira, está a ser propiciado polos poderes de sempre, e é froito do caldo de cultivo que certos medios e intereses veñen cociñando. Moito ollo, porque a grosería de Rosa Díez non é un lapsus do que agora se está a arrependen, máis ben ao contrario.

[01-03-2010 ] Xavier comentou:

Se un vasco, catalán ou galego nacionalista dixese algo semellante mais referido a España, que non dirían e farían Rosa Díez, todo a progresía españolista e a caverna mediática da dereita, todos collidos da man!!

Sinceramente, máis que as torpezas insultantes da Díez molestoume a actitude de El País e de CNN +.

[27-02-2010 ] Herr comentou:

E podía seguir sr. Maceira, porque vostede sabe que esta é a unica españa posíbel, a España negra, a da camisa sen mundar da raíña Católica, a doble moral de Carlos V, a do sifile e da cruz de Felipe II....E podíamos seguir nos tamén con esta España única, que é a unica posíbel. Pero non o esquenzan que tras un viva España, na boca de calquer política de alén de Padornelo, o que se agocha é un morra Galiza.

[27-02-2010 ] Xan comentou:

O ouvido dunha cadela tería mais impacto no meu cerebro cas cargas siquicas que soporta isa española. Ise pensamento funcionou moi ben para os colonialistas e segue a ter tirada. persoalmente non me indigna ista titere xa non me caia ben polo tanto o que fai e confirmar que estaba no certo. Da rabia que estea instalada na mente dos racistas e salvaxes nacionalcatólicos españois a equivalencia de galego a "non mi espabilado". Deseo que sirva para levar a toda a sociedade galega a prantarse ante esa acepción e non apoiar as sentenzas en contra da Galiza.

1 2 seguinte
Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña