21:17 Sabado, 15 de Agosto de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

03-10-2010

Máis de 80.000 persoas da Comarca de Vigo manifestáronse contra as medidas de de recortes que está al evar o goberno

Vigo, pechado por Folga Xeral

Valorar (7)

SERAFÍN OUTEIRO FERNÁNDEZ



Os milleiros de persoas que o 29 de setembro se manifestaron polas rúas de Vigo non entenderon as mensaxes que durante seis meswes veñen dando os medios de comunicación e o seus decadentes "contertulianos" escravos do Gran Capital, n a súa insiatencia malvada e nalgúns casos rastreira, de que esta Reforma nenecesaria. Terán que buscar outra táctica, en Vigo non so, non funcionou, si non que superándose as cifras de outras folgas xerais anteriores, e incluso a marcha nacionalista convocada pola CIG foi a máis numerosa que se recorda, máis de 40.000 persoas.

Máis de 80.000 persoas da Comarca de Vigo manifestáronse contra as medidas de de recortes que está al evar o goberno do Sr. Rodríguez Zapatero.

Pero isto, son só cifras, que teñen por suposto importancia, pero máis importante foi a súa xestación e diso vou falar agora para os contertulianos e os medios de cmunicación teñan datos e poidan explicar este fenómeno social que só se da en Vigo; os liberados sindicais estivemo sdurante moito tempo maquinando como facer para que o paro fose un éxito rotundo. Primeiro utilizamos piquetes informativos salvaxes á porta das empresas para non deixar entrar a traballadores/as, só é necesraio ver nos medios de comunicación o duros que fomos e a violncia que empreagmos, atentando loxicamnte contra a liberdade ao dereito a ir ao traballo, por suposto que cada un non entraba o atabamos ben atado para logo levalo a mnifestación

Pero a segunda parte foi máis complicada, tiñamos que ir á casa dos traballadores/as e ameazar as súas familias dicíndolle que ou viña a familia enteira á manifestación ou non volverían ver ao seu familiar. A verdade é que isi custounos moito, sobre todo, quitar da casa a tanta xente con moitos anos de vida e por suposto de experiencia, pero aínda foi máis complicado levarmos á mocidade , que xa se sabe que eles só pensan no botellón, en festas e que están totalmenre en situación de despolitización, ademais non enetenden destas cousas de xente maior, barbudos que só falamos da revolución, da loita de clases, dun mellor reparto da riqueza, etc.Custounos traballiño pero ao final conseguímolo, eunha vez na manifestación os soltamos, e a nosa sorpresa foi que non escaparon e berarban con nós as consignas contra o goberno do PSOE e tamén contra o Partido Popular, que curiosom aínda por enriba aguantaron até o final.

A realidae é que este pobo sempre deu contestación ás inxustizas sociais ao longo dos anos, e as loitas obreiras en Vigo e no conxunto da comarca son parte da nosa historia e da nosa cultura como Pobo pois igual que Ferrol, segue a ser unha cidade industrail e obreira que xenera emprego e riqueza, onde os traballadores/as teñen unha gran conciencia de clase e de cal a nosa maior riqueza, o traballo e a loita de clases.

Maioritariamente dixemos NON aos recortes do goberno coa complicidade do PP e dos empresarios que por certo quedaron caladiños e non se atreveron ao día seguinte a dicir nada, nin de piqutes, nin de salvaxismo, só actuaron a través da prensa conservadora e dereitosa deste país, que cada día dan máis pena que gloria, parecéndose cada vez máis a unha folla parroquial: Trataron de nos ocultar, pero milleiros de traballdores/as deron a mobilización convocada pola CIG, non podían facer valoracións porque Vigo dixo rotundamnete NON, e pechou ao 100% nunha Folga Xeral histórica onde ademais tiveron un gran protagonismo moitas mozas e mozos, mulleres e desempregados que partciparon masivamente na mobilzación da CIG dando mostra clara que esta Reforma bon é a que lles vai resolver o futuro, esixindo a retirada desta e das próximas que ten no cargador o goberno; Pensións; Desemprego e Negociación Colectiva.

A LOITA CONTINÚA

[03-10-2010 14:20] Carnacedo comentou:

Sera, tes toda a razón, ainda que se nos quera machacar con mentiras o que un ve, e o que hai, e isa realidade non a pode manipular ninguén. Tamén e certo que todo ten un límite na vida, e esa tropa de mafiosos e ladróns, que saiban tamén que si temos que modificar comportamentos para conseguir cousas, non temos problema, nin caña, nin leña, ¡DINAMITA!

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña