23:28 Domingo, 24 de Outubro de 2021
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

26-08-2010

Manipulación e calumnia ao facerse eco diferentes medios de comunicación respecto da suposta abstención da fronte patriótica á proposta de reforma laboral do goberno

Paremos a reforma laboral, non á manipulación informativa

Valorar (29)

Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez



A Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez considera inadmisíbel que a liberdade de expresión, un dereito conquistado na loita contra o franquismo,  réxime que gozou da connivencia de boa parte dos grupos mediáticos galegos poida ser un instrumento para confundir e desinformar á nosa sociedade. Non é de recibo tampouco, que a manipulación, a mentira e reinvención máis burda da realidade sexa norma habitual no particular código deontolóxico dos grupos de comunicación de Galiza. Así e todo que vaian sabendo, que o nacionalismo galego non vai tolerar na contra, vai combater o intento de linchamento mediático e distorsión da súas posicións políticas.

O silencio informativo en relación á postura do nacionalismo galego respecto da reforma laboral, o BNG foi a única forza política xunto a IU que presentou nas Cortes do Estado, unha emenda á totalidade ao texto da mesma, tórnase agora en manipulación e calumnia ao facerse eco diferentes medios de comunicación respecto da suposta abstención da fronte patriótica á proposta de reforma laboral do goberno.


A actitude dalgunha axencia de noticias, así como da case totalidade da prensa, radios e televisións do país que levaron á categoría de titular a "abstención"  do BNG á proposta de reforma laboral no Senado é unha absoluta falsidade na medida que os nacionalistas galegos non teñen representación na comisión da Cámara Baixa onde se debateu o proxecto de lei. Aínda máis, a oposición da organización política do nacionalismo galego ao texto, xa expresada no inicio do trámite parlamentario no Congreso dos Deputados no existiu no panorama mediático galego. Conscientes de que o alcance do comunicado do BNG difundido hoxe mesmo vai ser minimizado, queremos contribuír desde o Terra e Tempo a explicar a posición do nacionalismo neste tema e evidenciar a  dimensión da manipulación informativa.


O vindeiro 9 de setembro vaise someter á aprobación definitiva a quinta reforma laboral desde a aprobación do Estatuto dos Traballadores en 1979 elaborada igual que as anteriores cos obxectivos de combater o desemprego, aumentar a estabilidade laboral e mellorar as condicións de traballo. Estamos diante dun divertimento ideolóxico que pretende ofrecer cobertura á ofensiva de clase en marcha na perspectiva de reforzar as posicións do grande capital en detrimento dos intereses das maiorías sociais. A realidade é ben diferente, até o punto de que o Estado Español está a cabeza da Europa a 15 en perda de poder adquisitivo(9,2% desde o 2000), en taxa de temporalidade (2/3 da poboación activa) ou en diminución de custo laboral (sete puntos na última década). Porén,  resulta innecesario fornecer datos que evidencien a hipocresía que sustenta o discurso dominante, esta crise non ten unha orixe laboral e, polo tanto é incongruente atopar a solución á mesma no mercado de traballo.

1 2 seguinte

[28-08-2010 12:36] xoma comentou:

ten toda a razón Eu, contra a manipulación nada millor que a denuncia nos tribunais

[28-08-2010 12:19] X. Henrique comentou:

Sen poñer en dúbida a tendenciosidade de certos medios de desinformación contra o nacionalismo galego, quixera chamar a vosa atención sobre un aspecto peculiar que se dou na votación da que fala o artigo: o voto ponderado. Sería bo que dende o BNG se explicara en que consiste esa ponderación de voto e como afetou á posición do grupo mixto na votación final. Grazas

[27-08-2010 21:46] txema comentou:

¿ Rectificaron , a "campaña electoral contra do BNG ? , ¿ NON ? , pois coma dí o comentario de < Eu > , DENUNCIA NOS TRIBUNÁIS , que nós non habemos recuperar o mal que nos fixeron ( e seguen a facer ), boa noite

[27-08-2010 18:31] Alarico comentou:

Tem-se que levar "A Coz" aos tribunais por calumnia.

1 2 seguinte
Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña