20:59 Venres, 20 de Setembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

24-02-2010

“gallego en el sentido más peyorativo del término”

Racismo Consentido

Valorar (52)

MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO



Xa vai por dúas veces, como mínimo, que Rosa Díez, deputada de extrema direita e de extremo españolismo racista, utiliza o termo "gallego" para caracterizar pexorativamente o elemento político correspondente, neste caso, Rodríguez Zapatero e Raxoi. E non pasa nada... Quero dicer: o entrevistador (Iñaki Gabilondo, para CNN+) continúa a "disparar" perguntas de resposta rápida, a base de nomear un personaxe e solicitar unha definición inmediata, e "gallego en el sentido más peyorativo del término" é a "ficha" que lle coloca ao primeiro dos citados. Raxoi é "gallego" sen máis, unha sorte... E segue a ronda das perguntas, como se tal cousa...

Vaiamos a outros exemplos. Hai anos, Jordi Pujol, como Presidente de Cataluña, empregou o termo "ginatería", nunha conversa coloquial e informal; foi tal emprego denunciado e aireado como a apoteose de todas as discriminacións e tivo que se desculpar, publicamente, por activa, por pasiva e por perifrástica. Voltemos ao presente. ¿Que pasaría se a mesma señora se referise a Barack Obama como o presidente negro dos USA, con perdón? ¿Seríalle admitido sen comentario nengún? Ou, simplesmente, dixese que, a pesar de ser negro, Nelson Mandela merece os recoñecementos de que é obxecto? ¿Pasaría por alto? Pois ben, non menor, en toda a abominábel carga racista, é a mención que se fai do noso xentilicio, do noso ser colectivo. Seica se pode facer impunemente, o cal dá que pensar, porque se admitirá como cousa "natural", "coloquial" e mesmo "simpática" que unha das acepcións de "gallego" sexa ruín, mal gobernante, ambiguo ou renarte.

Pola mesma, coa mesma impunidade, nós poderiamos utilizar "español", como caracterización psicopolítica ou sociopolítica, como equivalente a "déspota", "imperialista", "prepotente" ou "analfabeto" (ignorar o que se despreza, que dixo Antonio Machado; desprezar o que se ignora, engadimos nós...). Se tal fixésemos, non habería auga que nos lavase...

En fin, por riba da súa rabuda ignorancia ("más peyorativo", como se este fose un adxectivo contábel e non con semántica non cuantificábel), Rosa Díez é igual de racista que os nazis, ou os escravistas ou os segregacionistas ou os sexistas de toda laia... Que se lle consista sen reprobación nengunha; que non haxa, en España, quen lle reclame decontado a devolución do escano tan indignamente ocupado, dá idea da degradación actual da política española e da impunidade coa que se pode seguir negando e vilipendiando aos que temos que ser españois á forza, sen merecermos, ao que se ve, a mínima consideración de igualdade formal, como no máis vello e reseso apartheid histórico dos nosos antepasados ("Viajeros al tren, y los gallegos también...!").

Quero pensar que haberá alguén NORMAL que, polo menos, afee ao señor Gabilondo a impunidade con que nunha emisora televisiva se pode insultar a unha parte dos que a ven e a pagan...



1 2 3 seguinte

[19-10-2010 19:22] breoghain comentou:

Acredito no racismo anti-galego, mesmo na própria Galiza dos urbanitas que se crêm espanhóis e nem sabem falar corretamente essa língua estrangeira e miram com despreço tudo o que vem das vilas e o rural. Parabens a Pilar a seguir a denunciar o racismo anti-galego, o mais grave que sofrimos na Galiza.

[17-03-2010 ] Helsingor comentou:

Nos Hospitais de Biskaia se pode ver em inumeras historias clinicas redactadas por medicos das mais diversas especialidades a seguinte locuçom que precede a descriçom das doenças: " gallego de tres cruces", interrogando a mais de um medico com acento biscainho por tal motivo deram-me a seguinte explanaçom: " Aqui todo el mundo entiende lo que significa eso, una persona dificil y gallega, que apenas sabe hablar, de bajo nivel de estudios ". Porem, nengum indigente madrilenho ou catalam recebe o tal apelido de " tres cruces", nem sequer os pobres imigrantes africanos . Para muitos espanhois, catalans, bascos... os Galegos somos uns " bichos raros" sub-humanos que falam raro.

[27-02-2010 ] valdeorrés comentou:

En Sodupe non "botaria" por ela nen a familia, pero o certo é que a nivel de estado, o seu partido, conqueriu uns bos resultados electorais (ela mesma é deputada) e conta con un representante no parlamento vasco e outro no catalán. Non sei si mediría o alcance do seu insulto ou o usaria de forma espontanea, pero si aplicamos o principio aquel de que falen de ti ainda que sea mal, conseguiuno.

[26-02-2010 ] CARMEN GARCIA comentou:

esta tipa estivo infiltrada no psoe,è como non medrou,xuntouse con catro coma ela,sen identidade,è a maior ultrafascista do reino de españa,.tamen esta a facer meritos cos bilingues,pois supoño que sacou votos,da xente foranea non galega.haberà que facer algo na pròxima campaña pra recordarlles os que lle votaron quen è,inda que se descalifica soa.

1 2 3 seguinte
Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña