01:55 Martes, 30 de Novembro de 2021
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

19-08-2010

A Sakineh lapídana por adúltera e no Estado Español moitas mulleres son lapidadas cando se lles coloca unha lousa encima das cabezas chamándolles asasinas por abortar

Lapidación non so é tirar a pedra

Valorar (10)

ROCÍO GARRIDO CARAMÉS


Sakineh Mohammadi


Moitos de nós coñecemos o caso da iraní Sakineh Mohammadi declarada culpábel de adulterio e condenada a morrer por lapidación. E moitos de nos sumámonos ás diferentes iniciativas que van xurdindo pedindo que esta condena se cancele e así presionar ao goberno de Irán.

Coa lapidación o que se consegue e aumentar o sufrimento da vítima e ante todo recortar as liberdades e o dereito de elección o resto das mulleres da comunidade, a brutalidade que se usa nesta condena de pena de morte é inimaxinable.

Ante todo declarar a miña repulsa a este tipo de actos, xa non só por considerarme persoa senón como muller, muller que vexo que en vez de avanzar e acadar unha igualdade vamos retrocedendo a pasos axigantados. E acabamos topándonos con lousas que críamos derruídas pero que agora volver a erguerse coa diferenza que estas lousas en Irán as levantan na man e as tiran contra a condenada pero aquí ampáranse detrás de decretos, de non cumprimentos da lei ou de manobras políticas. E digo ben, lapidación encuberta, porque pode soar forte usar este termo nun estado democrático e outros moitos dirán que non se pode comparar o que sucede aquí co que pasa nos países árabes, que para iso vivimos no primeiro mundo, vivimos en sociedades plurais.

Pero por desgraza a única maneira de dar a coñecer o que está pasando e facendo  este tipo de similitudes para poder remover conciencias  e poder achegar outras posturas a sociedade, poder amosar que hai máis opcións e ante todo crear debate e evitar que se recorten dereitos.

A Sakineh lapídana por adúltera e no Estado Español moitas mulleres son lapidadas cando se lles coloca unha lousa encima das cabezas chamándolles asasinas por abortar e tanto a Sakineh e a estas  mulleres ninguén se preocupa en coñecer os motivos dos seus actos. E tanto quen tira a pedra como quen chama asasina a outra muller o fan convencidas de que levan a razón e as condenadas o merecen. Ambos executores das condenas móvense so por fanatismo e deixando levar como se fosen un rabaño sen pensar que algún día o mellor as tornas cambian e entón acordaranse de Sakineh ou de aquela cativa que non tiña outra solución.

E en Galiza estamos asistindo a lapidación de moitas mulleres que esperanzadas coa Lei da Dependencia agora asisten a un recorte social e a atrasos na aplicación da lei. Ven lapidada a única vía de escape que tiñan para poder adicarse aínda que sexa só un par de horas a elas mesmas. Porque  ninguén pode entender que unha muller diagnosticada cunha enfermidade grave crónica e incurable se lle diga que é dependente prioritaria pero non terá acceso a axuda da lei ata o 2013.

Lamentablemente o mellor para o 2013 xa non necesitara a axuda xa que na lousa que lle adxudicaron estará gravado o seu epitafio.

En Galiza a poboación envellece co cal require inversións en benestar social e non recortes. E para prestar os servizos necesitase persoal co cal estas creando emprego pero neste país prefírese a privatización dos servizos públicos beneficiando os adxudicatarios e prexudicando os beneficiarios. E para exemplo o servizo do 112 adxudicado a unha empresa que non ten ningunha sede en Galiza senón en León, Tarragona e en varias cidades sudamericanas e si con sorte cando chamemos nos atende unha persoa do Bierzo inda nos podemos expresar na nosa lingua, pero cando chame unha persoa maior acostumada a expresarse como o leva facendo dende cativo e nunca tivo problemas para que o entenderan e agora lle collen a chamada en Lima (Perú) e lle teña que explicarlle o que pasa?

Pero estes son algúns casos de lapidación encuberta pero hai moitos como todo o circo que montaron para evitar as vodas entre homosexuais e así impedir que todos gocemos dos mesmos dereitos como persoas xa que ante a lei todos somos iguales e non se non pode discriminar nin por lingua, nin por raza, nin por sexo. Por iso sigamos loitando por nos, polo futuro que lles vamos deixar as nosas fillas e ante todo porque ser muller é ser tan persoa como ser home.

Agardemos poder evitar a lapidación de Sakineh porque xa non se trata de un xesto de humanidade senón de cordura e de evitar fanatismos e deixar de que vexan as mulleres como simples obxectos e destipificar como delito as elección libre de con quen manter unha relación sexual. Xa que non so esta pendente a execución da condena de Sakineh senón de  9 persoas máis que se teña coñecemento.


[23-08-2010 23:56] Catarina comentou:

Debemos ser contundentes con todas as agresións ás mulleres sexan estas físicas ou psiquicas

[19-08-2010 17:21] Alarico comentou:

A pena de morte é um assassinato legal, faga-se aqui ou em Irám. A lapidaçom é um acto de tortura até a morte. Umha vez expressado isto, penso que à cidadá Sakineh nom a condenárom por lhe pôr os cornos ao marido senom por mata-lo. Mas reitero, a lapidaçom é um acto de tortura e a pena de morte um assassinato.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña