22:56 Luns, 06 de Febreiro de 2023
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

29-12-2022

Perdido na tradución

Valorar (12)

HELENA VILAS VIÑAS




Advertencia: se sintes ansiedade e che preocupa o colonialismo enerxético, a turistificación, a disglosia, o abandono do rural ou os retratos miserabilisitas da Galiza, non mires o último filme de Sorogoyen. E si non é así, tamén pode que che rompa con ese tópico da beleza e da tranquilidade da vida no rural… 

Un thriller psicolóxico que nin a impoñente amplitude paixasística da natureza o salva dun escenario claustrofóbico, tráxico e desgarrador. Saín do cine cunha sensación desesperanzadora da existencia humana, mais pronto me pasou cando empecei a desglosala e desmembrala polo profundo.

Non sei en onde lin que este filme era un retrato do odio ao estranxeiro, da envexa, da frustración e do descoñecido como conduto para entender a psique dos galegos e galegas que representan a grandes rasgos o aspecto fatal de nós como comunidade, da nosa sociedade. Tan pronto como rematei de ver este filme non me extrañou nada que o público fóra da nosa contorna, fóra de Galiza, non o iba a entender como unha obra de ficción que o situase nun feito en concreto, senón algo estereotipado no seu conxunto. Topicazos que ofenden ao espectador, porque ao pouco que o analizas caes nesa visión que teñen de nós cada vez que se fala de Galiza, “el carácter cerrado de los gaiegos”, porque crimes horrendos hainos no resto do mundo pero non o reduces a unha única comunidade; explícome: se ves un filme do crime de Puerto Hurraco non pensas en ningún momento que en Extremadura pasan cousas así cada día, non? Podo ser esaxerada pero é un simple exemplo para que medio entendades a onde quero chegar. E con isto non estou dicindo que o resto dos mortais o teñan que interpretar así, máis que o director cagou un pouco fóra do testo si, debería molestarse un chisco en adentrarse nas pequenas cousas que fan distinto o noso País, mais simplesmente caeu ou adornouno co tópico máis manido a través dunha mirada foránea e no esteretipo máis simplón, ingrediente fundamental para calquera trama, e si é na Galiza xa sabemos cal é. 

Logo está ese halo de burguesía piadosa incomprendida versus lugareños atávicos, paréceme un desatino, non me vou adentrar na parte sociolingüística que non é moi realista xa que os protagonistas parecen que teñen o Celga 5. Ou os cabalos de todas as cores que cruzan o monte sacados de calquer Western dos arredores de Wisconsim, mais nunca os vin nos montes galegos… detalliños que pasan desapercibidos cunha visión foránea, pero non para nós. Tamén creo que foi un desacerto que fixese unha comparativa nun momento en concreto do filme, no máis violento, unha metáfora, un simil ou unha alegoría coa rapa das bestas… é certo que se pode interpretar de varias maneiras, mais a miña é que o director foi un día de turisteo a Sabucedo e pareceulle estupendo meter con cuña uns “aloitadores” simulando que súa víctima no canto dun cabalo era unha persoa, dando pé á confusión que na rapa maltrátanse aos animais dunha forma despiadada, non entendo moi ben porque o relaciona con cousas “random” da nosa cultura, creo que debería ceñirse máis á historia real, empezando por poñerlle outro título xa que resulta demasiado pretencioso … é a interpretación que eu lle dou, teño outra, pero esta é a que me pareceu un pouco mal…malia todo, quitando estes detalles enrevesados que pasan pola miña mente, É unha boa obra, porque impacta polo seu arco dramático. 

Aínda que o Sorogoyen non inventara a pólvora sabe detonala ben, logra poñerte en situacións tensas, un retrato intimista que é certo que che fai sentir carraxe e desesperación, para min saír con todas esas sensacións no corpo, xa me merece a pena pisar unha sala de cine.



[29-12-2022 16:22] David comentou:

Moi bo análise Helena.

Sobre todo remarcar que sorogoyen está facendo un filme de ficción. En ningún momento pretende ser un documental sociopolítico. como todas as películas de ficción teñen unha ambientación e unha atmósfera creada no imaxinario do director e dos guionistas.
Como película é unha boa peli.
Como seríe recomendo antidisturbios do propio sorogoyen. Como director pareceme interesanate. Tamén recomendable Estocolmo filme con un orzamento mínimo.

saudos e boas festas.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña