16:49 Xoves, 08 de Decembro de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

27-07-2022

A Consellería do medio rural do goberno do Partido Popular da Xunta de Galiza, camiña en contra do curso de historia e colócase como cabeza de ponte de esta estratexia do capitalismo multifuncional

O roubo dos montes veciñais : Unha estratexia do capital multinacional.

Valorar (10)

XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTÍNEZ



Entendese como sustentabilidade  a acción de acadar  un desenvolvemento económico e social respectuoso co medio ambiente e previndo unha calidade de vida para as persoas. O concepto de sustentabilidade conxuga persoas, territorio e gobernanza. Semella que estamos a falar, cos erros que evidentemente se cometan, do funcionamento asembleario e democrático das comunidades de montes .

Organismos internacionais como poden ser a ONU, a FAO ou mesmo a Unión Europea prantexan que o futuro dos montes pasa por avanzar cara a unha tenencia mais xusta de estes territorios, evitando acaparar todo nos mesmos en poucas mans. Indican tamén estes organismos que o futuro tamén pasa por dar o protagonismo  aos titulares dos montes para polos en valor. Os montes veciñais galegos, dende tempos inmemoriais  sempre estiveron en moitas mans. Onte nas mans da sociedade rural labrega e hoxe nas mans da veciñanza comuneira .

Vistas así a cousas, os montes veciñais en man común, non parece que os montes veciñais sexan reliquias do pasado que hai qué enviar a un museo etnográfico. Mais ben parecen que son realidades presentes, cargadas de futuro para os intereses das maiorías sociais do pobo galego. E tal cousa acontece porque os montes veciñais en man común son titularidades de carácter xermánico, fora do tráfico do comercio e xa que logo, imposíbel facer sobre os mesmos negocios capitalistas, especulativos e urbanísticos .

O roubo que pretenden levar adiante dos montes veciñais en man común mediante a súa privatización, entra dentro da estratexia do capital multinacional de posuír a terra e todos os recursos que nela se dea ( auga , minerais , aire e todos os aproveitamentos que nela se poidan dar ). Saben ben que ser propietarios da terra e ser propietaria de todos os recursos que nela se dan ou se poidan dar . A dia de hoxe , o que impide que o capital multinacional se apropie dos montes veciñais en man común é o seu carácter de titularidade xermánica.

A Consellería do medio rural do goberno do Partido Popular da Xunta de Galiza, camiña en contra do curso de historia e colócase como  cabeza de ponte de esta estratexia do capitalismo multifuncional . E como tal, actúa. Coñecedora como é de que o balado xurídico que imposibilita a privatización dos montes veciñais  é o seu carácter de titularidade xermánica , ten presentado un proxecto para unha modificación de lei de montes veciñais en man común actualmente vixente no que pretende eliminar este carácter .

Así, na súa proposta de modificación de lei de montes veciñais pretende: dotar as comunidades de montes veciñais de personalidade xurídica para que se convertan da noite para a mañá en propiedades de carácter privado, introducir como veciños/as comuneiros/as  as persoas físicas e xurídicas que leven adiante calquer aproveitamento no monte veciñal  e converter  os órganos de goberno das comunidades de montes en consellos de administracións empresariais .

Diante de este roubo dos montes veciñais en man común, a veciñanza comuneira galega prantexou a tramitación no Parlamento Galego de unha lei de montes veciñais, mediante unha Iniciativa Lexislativa Popular . Para que esta lei de montes veciñais elaborada polas propias comunidades de montes sexa tramitada no Parlamento Galego son precisas a recollida de cando menos,10.000 sinaturas . O tempo para recollelas remata o 31 de Agosto .

A  dia de hoxe , estas sinaturas xa están recollidas. A maioría das mesmas foron recollidas nas asembleas xerais das comunidades de montes . Este feito non significa que estas sinaturas teñan mais valor que as recollidas noutros sectores .Todas as sinaturas son iguais  e, igual que o voto , son útiles para quen asina ou emite . Simplemente constata un feito histórico . O feito de que a historia do monte veciñal galego é tamén a historia da resistencia da veciñanza comuneira galega en perder as súas terreas comunitarias .

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña