18:36 Xoves, 08 de Decembro de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

29-06-2022

A comezo do ano pagáronse ós canteiros, Juan de Riss, Diego Pico e Alonso López por facer a calzada que vai de San Roque a Nosa Señora do Camiño, 99 reais.

Ribadeo: Calzadas E Outras Obras No Ano 1623.

Valorar (6)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA



O concello librou mandamento para que rectifique a Juan de Riss  e ós demais compañeiros  que acaban de facer a calzada  que vai a Nosa Señora do Camiño que arranxen “quanto a las  piedras grandes”, pena de non facelo terán cárcere e a súa costa  se arranxe.  

No consistorio do 2 de Maio  pagouse a Bartolome  Pérez de Solmaior 16 reais que son polo camiño  que se fixo  desde a porta de Cabanela  á casa en que vive Domingo de Villaselan por estar en mal estado.  

O 22 de maio   acordaron que por canto a carnicería  desta vila  está nunha rúa das principais por onde   pasa a procesión do Santísimo  Sacramento o día de Corpus e outras xenerais e dar mal  “olor” por que está posta no medio “día a donde la  carne ace daño y no conveniente”. E propiedade do hospital desta vila  e  págase cada ano dous ducados de renda, sacouse executoria  para que se quitase  de alí, como consta nesa executoria.  

E por haberse atopado un sitio “comodo” para a dita carnicería  na rúa dos fornos,  pegado á muralla que o leva e posee  Diego García de Castrillón e María López  a súa dona por foro do dito hospital  en 60 mrs. anuais.  

Acordouse  que se compre dito  sitio ó mencionado  Diego  e a súa dona e habendo tratado con el concertouse   en 24 ducados  e medio os 24 para  Diego e o medio a Domingo Pérez  arrendatario da Alcabala.  

O 24 de xuño acórdase facer  o camiño que vai desta a Santa María do Campo e a San Francisco e se limpe e poña  de modo  que esté ben  e decente porque no inverno  caen nel as mulleres e os homes  e saen con perigo as procesións do Santísimo Sacramento  e outras procesións.  

Acórdase  poñer  un andamio e blanquear e pintar  onde ande la mano del Relox desta vila por non estar feito ata agora.  

Nas casas consistoriais o 6 de Setembro  acórdase que por canto se   mandara  facer a calzada  desde a porta principal desta vila que sae do campo ata a Igrexa Colexial  desta vila  e desde a fronte da porta do hospital  e esquina  da casa de Francisco Rodríguez   concertouse con Hatonin Pegor,  empedrador francés a dous reais  cada braza dándolle  un peón para  cavar  a terra e que a dita obra  medida se acharon 132 brazas que montan un total de 264  reais. Mais 6 reais por un reloxo de sol  que fixo.  

Así mesmo para esta obra, achar  a parte onde se fixo  a calzada  ata a igrexa maior  dende a porta da vila e toda a prazuela  ata o dito hospital poñer a cruz  onde agora esta, e achar o camiño  ata San Francisco  e o camiño que atravesa  dende o hospital  ata a igrexa maior  e pintar o dito e dourar a man do reloxo  e poñer as letras  e pintar dita cruz o óleo  coas súas mans douradas   e aderezar o lavadoiro  que está fora da porta da vila  onde se gastaron pedras de cantería labradas, gastouse o seguinte:  

-          Bartolome  de Solmeyor por achar  e facer os encañados  que van desde o lavadeiro  ata a cruz  e axudar e servir o empedrador  trinta e tres días  e medio que montaron 83 reais e 3 cuartillos

-          Andrés da Corredoyra  labrador que traballou  en ditas obras  40 reais.

-          Juan Fernández  que traballou 14 días  28 reais

-          Pedro do Coutro polo seu traballo 13 reais  e 26 reais.

-          O fillo de San Juan das travas 15 días  30 reais.

-          Juan López de Cabanela   oito días 16 reais.

-          Felipe tres días   6 reais.

-          Tedado           32 reais.

-          Callobre criado  que foi do Convento  e traballou 25 días, 50 reais.

-          Pedro, estafero e correo traballou dous días  4 reais

-          Un soldado  “empedrador”  un día 3 reais.

  Mais a todos os traballadores  “porque se animasen y trabajasen con cuidado se les socorrio  con 20 reals de vino  que bebieron en el discurso de los días “ 20 reais.  

O pintado  o óleo da man  do reloxo e puntos, dourar, branquear  como estaba o presente    concertouse co pintor  Juan González , 40 reais.  

En pintar a cruz  e dourar as mans   14 reais  

Facer o andamio  para o pintor e dourar 12 reais a Juan de Riss.  

De facer o planeado  que fixo o dito Juan Riss  onde o lavadoiro ata  a cruz 24 reais co traballo de asentar a pedra grande xunto o lavadoiro outros 24 reais.  

Gastouse no pe da cruz e poñer e asentar o relox de sol e as dúas pedras  do lavadoiro  18 reais.  
88 fanegas de cal que a vila mercou a Bartolomé Díaz que as debía de atrasadas. Costaron as pizarras que trouxeron  de Meirengos  para o cañado pagouse os veciños de Rinlo 28 reais.  

A os labregos  e carreteiros que trouxeron e carretaron para as  ditas calzadas  así desde a ribeira de Porcillan onde se trouxo  parte dela como desde Vilaselán montaron 91 reais.  

Mais outros 25 reais duns carros de pedras que faltaron para achar as calzadas.  

Outros 56 que se pagaron a Pedro de Mora e Juan López veciños  da vila  barqueiros e a Domingo  López e Pedro  Méndez veciños  das Figueras  que trouxeron nos seus barcos a Porcillan para dita obra onde a tomaron os carros.  

E outros  21 carros de pedras que se trouxeron  de Vilaselán para a dita calzada.  

O que fai un montante de 657 reais.



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña