04:48 Martes, 19 de Novembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

24-02-2010

A novidade é que hoxe en Euskal Herria está en marcha un proceso que é a ferramenta que vai permitir o espazo democrático

Movemento en Euskal Herria

Valorar (11)

FERNANDO FRANCÉS VALIÑO


Imaxe do partido Euskadi-Catalunya


O xornal euskaldun "Berria" (Novo o Novas para os galegos; News para o conselleiro Xesús Vázquez) informou do peche do proceso democrático aberto na esquerda abertzale, recollido no documento que leva por título: "Zutik Euskal Herria".
 
Días despois, o domingo 22 de febreiro, no mesmo xornal o voceiro da esquerda abertzale Rufi Etxeberria -un dos poucos dirixentes que non está na cadea- poñía faciana ao documento e falaba do proceso feito por milleiros de persoas nos derradeiros meses.
 
"O proceso democrático, en poucas palabras, é o proceso que nos ten que levar d'unha situación de conculcamento de dereitos e de negociación que vive Euskal Herria a outra de recoñocemento do dereito de autodeterminación e identidades nacional", segundo Rufi Etxeberria.
 
Ainda máis importante cas palabras de R.E., por moito líder co sexa, é o que dí o documento: 'Estamos nunha fase de esgotamento político, e iso claramente ofrece oportunidades históricas para proxectar nacional e social (...). Estamos comenzando unha nova fase, e isto requere novas estratexias e instrumentos. Para implementar o cambio é esencial unha crecente forza e levar o enfrontamento para o campo no que os estados son más febles, é dicir: levar o enfrontamento ao campo político (...). O proceso democrático ten que desenvolverse sen violencia e sen inxerencias, dirixido o diálogo e a negociación entre as forzar políticas polos principios do senador Mitchell (2). Ninguén podrá utilizar a forza o amenazar co seu uso para incidir no curso o resultado das negociacións multipartitas, así como para tratar de modificar o acordo que surxa das mesmas (...).'
 
Para alguns, despois das experiencias negociadoras de Alxeria e Suíza, estamos en 'máis do mesmo'. Eu coido que non. A novidade é que hoxe en Euskal Herria está en marcha un proceso que é a ferramenta que vai permitir o espazo democrático, deixando a costas o contencioso político e as súas expresións violentas. E neste novo campo
de xogo, no que o sentidiño gaña terreo, os Rubalcabas do PSOE e do PP non se sinten ben.
Ainda que a modiño, as cousas movénse en Euskal Herria. Benvido sexa.


[26-02-2010 ] Xavier comentou:

Parabéns polo trabalho informativo e crítico que se oferece desde este "TERRA E TEMPO" digital, mas alguém na redação deveria revisar os textos (não "normativizá-los" ou "ilganhizá-los"), mas simplesmente para que - por favor - não apareçam cousas como estas:

"Ainda máis importante cas palabras de R.E., por moito líder co sexa,"

Nem "cas" nem "R.E." (chegava com citá-lo polo apelido, pois assim só se citam as pessoas das que se deve ocultar a sua identidade e não uma pessoa da que se acaba de falar) nem "por moito líder que sexa". Que expressão coloquial é essa numa notícia? É que essa expressão nem se corresponde com o valor da notícia nem com o sentido do que o autor desta nos conta.

Há mais erros de estilo, etc, mas fico por aqui. Não quero aborrecer quem isto ler.

Contudo, espero que ninguém leve a mal o meu apontamento e que este contribua a melhorar o estilo, a redação, etc. A sério, é que quem isto escreve gosta mesmo de ver pluralidade informativa e meios como este, mas por favor, cuide-se o estilo. E não estou a falar da ideologia, que inclusive compartilho.

E obrigado ao autor por nos informar. A sério.

Saúde!

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña