15:04 Xoves, 09 de Decembro de 2021
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

06-09-2021

A MAROLA e o “PÉ DA MULA “

Valorar (7)

CÉSAR VARELA GARCÍA



A MAROLA  é o nome dun “con” que emerxe no mar Ártabro no médio da navegación entre A Coruña e Ferrol.

A partir dél xa é o alto mar , e en tempos de treboadas era perigosa barreira que atemorizaba aos nosos mariñeiros e xustificaba o ditado de : “ Quen pasou a MAROLA, pasou a mar toda ”.

Para explicar o seu nome, as teorías “oficiais” danlle voltas a antigas verbas preromanas, que nos levan a diversas significacións a loor  de materais pedrentos.

Para nós, o significado é claro: chega con botar-lle unha ollada ao illote, que canta ao lonxe a sua faciana de seno feminino.

Unha MÁMOA no médio do mar , iso é o que é !

E até co seu destacado mamilo !

 Estamos diante dunha MAMAROLA, onde se produciu a esperada reducción  MAMMA > MA; como en San Mamedio > San Amedio.

Ise -L- intervocálico non podería ter-se sostido no tempo, por iso propomos a sua procedencia dun antigo -D-.

Velaí o camino que debeu ter seguido :

A MAMAROTA > A MAMARODA > A MARODA > A MAROLA.
Na parte montesía de Monfero existen lugares co mesmo nome de MAROLA  e MAROLA GRANDE, que pensamos sexan referencias ás típicas MÁMOAS que inzan polos campos do  noso País.

A mesma orixe deben ter as pedras que sempre velan, na ponta do Pateiro do Grove, que locen o nome de de AMOR e as illas AMOROSAS, de Corrubedo e Fefiñáns.

Que retrotraemos  a unha PENA MAMORI e a unhas PETRAS MAMOROSAS.

Esa idea de MÁMOA está presente nunha manchea de topónimos, moitas veces mal interpretados.
A topamos en Mugardos un lugar chamado PÉ DA MULA , que comparte o mesmo chamadeiro cun lugar de Mondariz onde radican uns maravillosos petroglifos ( Sabaxáns).

O nome orixinario debeu ser PEDRA MAMÚLA, ou sexa, pedra ou lomba combada. PEDRA MAMÚLA > PERA MAMÚA < PÉ.RA MÚA > PÉ DA MÚA , e daí o disparate de pensar que a MÚA estáse referindo a unha MULA !

Autoridades municipais de Mondariz e Mugardos

corrixan ises nomes !, porque co paso do tempo xa non se vai entender de onde veñen as cousas !


[08-09-2021 20:46] Anxo comentou:

NAs afóras de Pontecaldelas en dirección cara Borela, hai un lugar á beira da estrada plantado hoxe de carballos americanos onde se inicia a subida cara o monte coñecido Castrelada. Naquela zona, hai un Pé da múa ou Penamúa
Saúdos

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña