06:38 Martes, 20 de Abril de 2021
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

31-03-2021

Si verdadeiramente se trata de rematar coa pandemia inoculando a toda a poboación, por que só están na grella de saída as fabricadas polas grandes farmacéuticas multinacionais?

Con estas hostias que nos dan é difícil comulgar

Valorar (2)

RAÚL RÍO DÍAZ



Antes de nada teño que recoñecer que non son un entendido en medicina para poder criticar cientificamente unha ou outra vacina das diferentes opcións que temos no mercado, pero vexo que hai moitas cousas que non cadran coa razón e penso que nos queren convencer pedíndonos que teñamos fé neles, no seu paternalismo e na súa des-información.

Tampouco son un “negacionista” que non cree nas vacinas, pois sei que desde o século XVIII, no que Edward Jenner descubriu a da varíola, salvaron moitas vidas nas diferentes enfermidades. Pero chámame moito a atención tanta mentira e tanta propaganda das organizacións europeas sobre as producidas polas multinacionais farmacéuticas, que a pesar de ser subvencionadas pola UE para a súa investigación e produción, cando xa as tiñan para a venta vendéronllas primeiro ao mellor pagador, deixando ao seus mecenas sen elas, porque esas xa estaban seguras e ben pagadas.

Pero si verdadeiramente se trata de rematar coa pandemia inoculando a toda a poboación, por que só están na grella de saída as fabricadas polas grandes farmacéuticas multinacionais? Por que non temos opción de escoller entre todas elas como fixeron as irmáns do gran patriota Felipe VI? Pode ser que sexa un mal pensado, pero creo que hai gato encerrado e outros intereses bastardos por detrás que nos privan de poder elixir a que nos vai protexer ou a que nos pode crear trombos que nos leven ao tanatorio.

Desde o primeiro momento desconfiei desas vacinas privadas, feitas a toda presa para acadar canto antes a meta dos grandes beneficios. Desconfiei dos distintos gobernos da UE, debido ao secreto, á falta de claridade e a opacidade dos contratos que fixeron con elas. Incluso hai quen di que esas farmacéuticas puxeron no documento que non se facían cargo dos efectos secundarios.Tamén desconfío da Organización Mundial da Saúde (OMS) polas súas contradicións e bandazos:Primeiro dicían que a máscara non protexía, meses despois obrígannos a poñela porque era imprescindible e logo Fernando Simón dinos nun programa de Jordi Ébole, que... bueno,...que está ben que a poñan os infectados, pero non dixo como sabemos nós o momento no que pasamos a “infectados”.

Non é de estrañar que estes cambios de opinión sen razón algunha creen desconfianza. Crea dúbidas ver tanta propaganda e tanta mentirana televisión e nos medios de comunicación corporativos a favor da vacina AstraZeneca e ninguén explicando por que se deron os trombos en moitas persoas ás que se lles administrou, con unha morta de por medio no Estado Español.Primeiro empezaron dicindo que se trataba dun paquete defectuoso que xa retiraran, pero despois parecía que eran todos os paquetes. Menten cando din unha cousa e tamén cando din a contraria e agora vénnos a nada fiable Axencia Europea do Medicamento(EMA) co argumento de que “son mais os beneficios que os prexuízos”.

Non vale utilizar dun xeito torticeiro os datos estatísticos de que con ela foron vacinadas mais de un millón de persoas no Estado Español e que un alto porcentaxe non sufriron as causas adversas que presuntamente provocou esa vacina. No caso de utilizar a estatística sería mais razoable comparar a porcentaxe dos que enfermaron e se vacinaron con ela, cos que non sufriron as mesmas causas e o fixeron con outra, ou simplemente preguntarse: Si hai unha que presuntamente produce trombos e outras que non, cal das dúas nos poñemos?

Non son argumentos nin razoamentos científicos cando di a EMA que continúa "firmemente convencida" e que polo momento non atopou "indicios" que demostren que os casos de trombose rexistrados  estean  relacionados  coa  administración desa vacina. Non atopou indicios e afirma que “os riscos son mínimos”, o que quere dicir que habelos hainos, pero parece que para eles primeiro hai que defender o que hai que defender e despois está a vida e a saúde das persoas. Non di cales son os beneficios nin explica tampouco porque non tiveron trombos os que utilizaron as outras vacinas. Falan como si esa vacina fora imprescindible, coma si non houbera outras e por iso hai que cargar obrigatoriamente cos riscos, cando ademais da persoa morta, un 5% desenrola algún tipo de secuela.

Por iso, ao cabo de dous días de prohibición a EMA anunciou en infinidade de medios de comunicación corporativos, que a vacina AstraZeneca é moi segura, cando ten so un79% de efectividade. Cambian de idea mais axiña que o vento e parece que despois dos trombos, e de presuntamente causar unha morte, xa é moito mais segura e efectiva que antes, pois primeiro íase inmunizar con ela ás persoas de menos de 55 anos, pero agora seica é válida ata os 65,pasando da nada ao case todo en so uns días e creando unha confusión que fai desconfiar a calquera; como desconfía Noruega, que asegura quea UE recibiu vacinas de Pfizer con ARNm defectuoso e a EMA encubriu a fraude.

Este país nórdico (onde tamén morreron outras catro persoas por trombos),xunto con Dinamarca e Suecia aínda manteñen a suspensión da AstraZéneca e o profesor Pål Andre Holme, xefe médico do Rikshospitalet na capital de Oslo, di que chegaron á conclusión de que os trombos os provocou unha resposta inmune inesperada, que fixo que o sistema obtivera unha combinación de coágulos sanguíneos e plaquetas baixas. Holme afirma que está seguro de que eses anticorpos son a razón que os desencadea e pensa que a Axencia Europea do Medicamento non pode excluír que estes casos poidan ter unha conexión coa vacina, destacando que eses síntomas non se viron en persoas que recibiron as outras vacinas que se usan en Noruega, a de Pfizer-BioNTech e Moderna.

As que non deixaron secuelas nin efectos secundarios son a Spunik V rusa,a Soberana 2 de Cuba e a china, CoronaVac, coa que se inocularon as fillas do rei emérito en Dubai e tamén, segundo Risto Mejide, un alto directivo dunha desas multinacionais farmacéuticas, porque nin eles mesmos se fían do que nos venden a nós e porque están moito mais valoradas, teñen mais beneficios que as anteriores e nunca houbo un so caso de efectos secundarios, iso a pesar de ser utilizadas en moitas mais persoas.

A explicación a todo este desaguisado, que pagamos co noso diñeiro, coa nosa saúde e incluso coas nosas vidas, está na política xeoestratéxica do imperialismo norteamericano e no servilismo vergoñento que profesan a esa política os Gobernos da Unión Europea que, como moi ben dixo Putín, e co que coincido plenamente, parece que se preocupan mais en aumentar os dividendos das farmacéuticas que de protexer a vida dos seus cidadáns.




Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña