15:04 Mércores, 30 de Novembro de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

30-01-2021

“Impacto da fiscalidade na rendabilidade das plantacions forestais e montes veciñais“

Montes veciñais, fiscalidade e estudos serodios

Valorar (2)

XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTÍNEZ


Dende o ano 2000, con un goberno do Partido Popular no Estado, os montes veciñais en mán común, son considerados como suxeitos pasivos no Imposto sobre sociedades. Durante estes 20 anos, tanto o PP, como o PSOE, gobernaron o estado. Tiveron nos seus votos, o rematar con esta inxustiza cometida contra os montes veciñais en mán común e xa que logo, contra os intereses da veciñanza comuneira. Mais votaron sempre en contra das múltiples iniciativas presentadas polos deputados e deputadas do BNG nas Cortes Xerais do Estado, para rematar con esta inxustiza.

Recentemente ven de sair a lús pública un estudo intitulado “Impacto da fiscalidade na rendabilidade das plantacions forestais e montes veciñais“,da autoria de varios investigadores e investigadoras da Universidade de Compostela, da Politecnica de Madrid e do Centro de formación e experimentación agroforestal de Becerreá. Neste estudo vense a amosar que por ser o monte veciñal unha entidade moi distinta a unha empresa mercantil, e por padecer unha doble fiscalidade sobor o mesmo feito imponibel, esta fiscalidade sobre os montes veciñais e unha inxustiza. Magoa que estes investigadores e investigadoras, tardasen 20 anos en decatarse da mesma. A vciñanza comuneira, decatouse no mesmo intre en que as Cortes Xerais do Estado a aprobaron.

Este estudo, ademais de ser serodio é inútil. Prantexa unha dianose acertada do problema; mais non o tratamento acaido para rematar con esta inxustiza. Os investigadores e as investigadores autores do estudo, non se atreven a formulalo.Non son quén de dicer que a alternativa para rematar con esta inxustiza, pasa por elaborar dende Galiza unha fiscalidade axustada a figura e as funcions dos montes veciñais en mán común. E dicer, sacar os montes veciñais en mán común como suxeitos pasivos no Imposto sobre sociedades. Agardamos que non tarden outros 20 anos para decatarse de esta cuestión. Porque ao contrario do que di o tango, 20 anos si son moito, sobor de todo para a veciñanza comuneira que e a que carga sobor o seus lombo, esta inxustiza.

Dentro de pouco tempo, vanse tramitar no Parlamento Galego, dúas normativas:a primeira revisión do plano forestal de Galiza e a lei de recuperación de terras agrarias. Na primeira normativa, a conselleria do medio rural, prantexa abertamente eliminación do carecter xermánico da titularidade veciñal (e dicer, privatizar os montes veciñais ). De tal feito que, nunha posibel revisión da lei de montes veciñais, prantexa a modificación do conceito de veciño/a comuneiro/a Deixaráse de ter esta condición por estar nun lugar e adquiririase por ter bens no lugar. Ademais, opta abertamente por dotar as mancomunidades de comunidades de montes, de personalidade xurídica. No que se refire a fiscalidade dos montes veciñais, prantexa bonificacions fiscais de imposibel aplicación por ser o monte veciñal unha titularidade de caracter xermánico (imposto de transmisions patrimoinais, imposto de sucesions e de donacions e imposto de ben inmobeis). Ou ao sr conselleiro de medio rural, traicionoulle o subconcente, ou para el os montes veciñais xa son un ben de caracter privado. Na segunda normativa, limita a solución a inxusta fiscalidade que padecen os montes veciñais a reducir o tipo impositivo no Imposto sobre sociedades, cando a solución pasa por sacar os montes veciñais de este imposto.

O sr conselleiro do medio rural ten nas suas mans rematar con esta inxustiza. Non lle pedimos que se achegue as tesis da veciñanza comuneira(sua ideoloxia neoliberal, impedirallo). Pedimoslle somentes que faga caso a un dos autores do estudo antes citado. Porque e a mesma persoa que propuxo a conselleria do medio rural como coordenador do grupo de traballo que elaborou as directrices para a primeira revisión do plano forestal de Galiza. Fica claro que persoa de confianza é.

Non tema o ser conselleiro de medio rural que se racha con esta inxustiza, quede retratado como un español anticonstitucional ou un nacionalista radical. E certo que o sistema autonómico non da capacidade de decisión fiscal a Galiza. Mais tamén e certo que a constitución permite que unha proposición non de lei aprobada no Parlamento Galego, pode debatirse nas Cortes Xerais do Estado e se e aprobada, adquire rango de lei estatal. Atrévase pois.




Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña