18:28 Luns, 06 de Decembro de 2021
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

12-01-2021

Os montes do INVERNADEIRO: Un nome ben “estival"

Invernadeiro

Valorar (4)

CÉSAR VARELA GARCÍA


Até o abô de HEIDI mandaba á meniña coa sua grea de cabras, ás cimas das montañas suizas para aproveitar os pastos frescos do verán!

Os montes do INVERNADEIRO: Un nome ben “estival ”!.

Na verdade resulta ben extrano iste nome de INVERNADEIRO para esta montuosa zona das ourensás terras de Vilariño de Conso.

Non sabemos, se este chamadeiro de INVERNADEIRO, é antigo ou é un nome moderno para designar o parque natural.

Imos pensar que é un nome antigo, recollido na actualidade como designación destas paraxes.

Imos desenvolver aquí un estudo da etimoloxía baseado na utilidade económica que os nosos antergos lle deron ao monte.

O uso que os nosos pegureiros deron aos montes era o de utilizalos como pastos de verán.

Chegado o estío, e cando comezaban a escasear os pastos próximos á aldea, era o tempo de recoller as greas e leválas aos pastos altos para aproveitar os moles pastos das alturas.

Así se practicou sempre na nosa Terra e na viciña Asturias, onde son ben sonados os “vaqueiros de alzada”, que se erguían con toda a sua facenda cara os pastos do verán.

Até HEIDI tripaba ás cimas das montañas suizas para aproveitar os pastos frescos do estío!  

Ninguén ía ao monte alto para invernar; senón para “veranear”.

Só hoxe, se vai no inverno ao monte para esquiar; se hai pistas.

De feito, o abô de Heidi moraba no monte porque era un desarraigado; tiña problemas coa comunidade pastoril, que vivía abaixo; na aldea.

Esta comunidade mandaba a Pedro, coa grea comunal de cabras á cima dos montes para aproveitar as verdes ervas da montaña.

Velaí, que entenderíamos como mais lóxico o nome do monte como procedendo dun IN- VERANATORIO, ou sexa, “onde pasar o verán”.

Partindo do sentido “materialista” de que a maor parte dos topónimos responden ás necesidades da xente e aos seus traballos, lévanos a propor
para este topónimo tan “invernal”, unha orixe ben mais “estival”.

Sendo que a lóxica dos traballos pastorís está en acordo con esta teoría, imos ver se a coerencia etimolóxica nos acompaña tamén.

Un dos posíbeis camiños para chegar á solución de hoxe podería ter sido esta:  

Monte do IN-VERANEATORIUS > IN- VERAÑADOIRO > IN- VEREÑADOIRO > INVREÑADOIRO.

A partires deste *ENVREÑADOIRO, os maos entendidos, e o desleixamento dos “normalizadores” da toponimia, chegamos a este INVERNADEIRO, que é que o que hoxe funciona como chamadeiro destes montesíos lugares.  

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña