19:38 Mércores, 02 de Decembro de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

12-11-2020

É importante, estudar a orixe dos nomes e apelidos galegos para que volvan relocir na sua beleza e razón primixénia

TOXO, TOXEIRO , LOXO e LEITE

Valorar (12)

CÉSAR VARELA GARCÍA


TOXO, TOXEIRO , LOXO e LEITE : CATRO ANTIGOS APELIDOS GALEGOS
Nun país coma o noso, con baixa autoestima, e onde ás instancias oficiais nada lle importan as cousas do país,os nosos apelidos andan por aí , deturpados, acastrapados e coa suaorixe perdida.

É importante, estudar a orixe dos nomes para que volvan relocir na sua beleza e razón primixénia.

LOXO

Do apelido  LOXO, que figura castrapeado por aí como LOJO, entendemos que é a solución galega e popular para o culto e grego nome de EULOGIO.

Como no caso de EULALIA, que deuen  OLALLA,  o EU- inicial evoluíu a - O-, dando OLOXO; logo, como en tantos casos, entendeuse o -O-  inicial como o artigo determinado galego, e claro, había que fuxir de todo o que sonase á Terra! , por tanto prescindiuse do -O- inicial, e ficou o LOJO que corre hoxe polo País.

TOXO

No caso de TOXO, parés que non hai dúbida: é unha referencia á popularísima e útil planta que inza por donquer.

Mas, non é claro como, o nome dese arbusto, pasa a ser o apelido dunha persoa.

Como topónimo, tamén non acaece,… cómo pode ser que un modesto toxo dea nome a un lugar?

Outro caso sería se fose un abondancial, ou sexa :unha TOXEIRA ou un TOXAL.

Xa que non cadra como un topónimo, poidera ser, o tal TOXO, un alcume ?

Penso, que o mais probábel é que nos atopemos diante  do resultado evolutivo do antigo nome suévico de TEODOSIO:

TEODOSIO > TEOOSIO > TOOSIO > TOOSSO > TOXO

seguindoleis ben coñecidas da gramática histórica.

TOXEIRO
Xa, o apelido TOXEIRO, como abundancial de TOXO, podería ser un topónimo que deveu en apelido, como acontece tantas veces.

Tamén non temos constancia de existise o oficio de acarrexador de toxos.

No caso de apañar estrume, apañábase todo misturado: xestas, codesos, carqueixas; non había un apartado especial para os toxos.

É por iso que, nós preferimos entendelo como un derivado dun nome de persoa, un tal de

 TEODOSARIO;
TEODOSARIO > TEOOSEIRO > TOSEIRO > TOXEIRO

Seguindo a mesma pauta de TEODOSARI, debeu sair o coñecido apelido de, TOSAR.    LEITE

Do apelido LEITE, entendemos que é un nobilísimo nome medieval procedente de ELECTUS, ousexa:  “ o escollido por Deus”.

Debe pertencer á xeira de nomes de orixe relixiosa como, DIOSDADO , BIENVENIDO,ou BENEDICTO….

Aquí: O ELEITO!

Non o deberon entender así os detentores de tan elegante nome que trataron de escondelo como puideron; Sonaba a galego de mais!, e por riba,…moi doméstico !

Así é que, o tal apelido LEITE, aparece hoxe disimulado entre prestixiosos profesionais galegos, como LETE ou LITE, que xa teñen un estiliño meio francés.   Ao dicer o nome de LEITE, acude á nosa mente a enorme personalidade do antropólogo portugués, que tan ben coñecía á GALIZA;

JOSÉ LEITE de VASCONCELOS.

Hai moitos anos, nunha sonada biblioteca lusitana, intereseime por lér algunha das suas obras.

Fun ao arquivo para saber que obras do autor tiña a institución, e miña surpresafoi grande ao comprobar que na lista de autores aparecían muitos apelidados de LEITE, pero ningún era o meu admirado antropólogo.

Non podía ser posíbel que as obras de tamaño “vulto” da cultura lusitana non figurasen naquela biblioteca!

O mistério logo me foi desentranado.

Tiña que procurar en VASCONCELOS; o apelido determinante en Portugal, como na Inglaterra, é o segundo!

Ao colocar no buscador VASCONCELOS, apareceron xá, as innumerabeis publicacións do autor.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña