02:42 Xoves, 03 de Decembro de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

20-10-2020

Segundo datos do Ministerio do Interior, no primeiro semestre deste longo 2020 a ocupación de vivendas creceu un cinco por cento con respeto a 2019

Mentes pre-okupadas

Valorar (6)

HELENA VILAS VIÑAS


Segundo datos do Ministerio do Interior, no primeiro semestre deste longo 2020 a ocupación de vivendas creceu un cinco por cento con respeto a 2019. Agora xa parece que calmou algo o tema que fai un mes aproximadamente estaba día tras día nos informativos tanto na televisión como na radio en prime time o e incluso en forma de propaganda nas rúas...  non está demáis sinalar o erro á hora de empregar o termo e a súa correcta definición, nos medios e polo tanto o uso que fai a xente dela, conceptos creo eu totalmente distintos e de uniformalos como se fosen idénticos; allanamento e okupación. Até onde os meus escasos coñecementos sobre leis, ou sobre linguistica chéganme para saber diferenciar o que son grupos de activistas que montan comunas en edificios propiedade  dos bancos ou dos ricos e, ou as familias con impagos na súas hipotecas, ou que alongan as súas estancias nos seus  alugueres,  métense no mesmo saco de particulares respaldados por mafias que se colan nas vivendas de xente corrente e traballadora.

Aquí entra o afiado debate á hora de falar dun tema tan delicado e tan presente, xa que a oleada de desahucios que se achega vai a ser tan dura que xa están preparando o terreo mediático para que a opinión pública defenda aos bancos e non aos desahuciados, e  a  clave está  en conseguir que se criminalice a pobreza e o complot que están montando estes para branquear as empresas neonazis anti-okupas, por poñer un exemplo drástico... os intereses da banca por enriba de calquera cousa, até da dignidade humana.

Só hai que botar contas moi simples, encamiñámonos hacia unha da peor crise da nosa historia cando moita xente aínda non logramos sairmos da anterior; as economías máis fráxiles, pequenos empresarios  (autónomos), xóvenes e non tan xóvenes  con empregos precarios, as familias máis humildes, os parados e as persoas máis vulnerábeis, moitísimo máis expostas ante o que nos ven enriba, e non conformes con todo vemos e sentimos como de eficaz é meternos o medo no corpo para que esta parte da sociedade cavemos a nosa  propia tumba e acabemos apoiando políticas que van diretamente en contra da nosa clase social.

A crise habitacional vaise agravar co Covid, eso sabémolo, pero as novas ofrecidas por os medios como único gran perigo son os okupas, si coa K ben grande para que os asocies aos movementos sociais. E tan triste ter que simplemente pedir algo tan básico e ademais como o reflexa a súa amada Constitución no olvidado art. 47. Un programa que garante o dereito á vivenda e ao avance sobre os privilexios dos grandes poderes, unha prohibición permenente dos desahucios e da expropiación das vivendas dos especuladores e da banca,  en resumo, un plan de obras públicas até que esté garantido o acceso UNIVERSAL a unha vivenda digna. Eso non é pedir, simplemente é unha obriga.



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña