17:36 Sabado, 08 de Agosto de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

27-07-2020

Non entendo moi ben por que en moitos concellos galegos utilizan a cor negra para a campaña contra a violencia machista

O feminismo vístese de loito

Valorar (8)

XOSÉ MANUEL BAÑOS GARCÍA


A miña avoa sempre vestiu de negro. Desde o primeiro recordo que teño dela. A única vez que a vin vestida doutra cor foi no hospital cando lle puxeron o típico camisón branco poucos días antes de falecer. Non vestía de negro porque lle gustase, senón por unha imposición da tradición patriarcal. Ir de loito significaba enterrar en vida a unha muller cando falecía un familiar, nai, irmán, pai, home, fillo, filla... que máis daba. E a miña avoa cumpriu a penitencia durante toda a súa vida, cumpriu o castigo imposto por unha sociedade machista e patriarcal. E como ela todas as mulleres galegas da súa época.

Por iso non entendo moi ben por que en moitos concellos galegos utilizan esa cor, a cor negra, para a campaña contra a violencia machista que sofren as mulleres, no canto de utilizar a lilá, que é a cor que identifica o movemento feminista. De feito, chama a atención que concellos do PSOE e mesmo do BNG escolleron a cor negra para a súa campaña do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, mentres a Xunta do PP escolleu o lilá para a súa, tanto en 2018 como en 2019.

Mais o que xa me desconcerta é que sexan precisamente as mulleres feministas galegas as que abrazan esta campaña en negro para o 25N, unha cor que na Galiza ten unha forte connotación patriarcal, no canto de utilizar a cor lilá, a cor que identifica o movemento feminista, a cor da liberdade e dos dereitos das mulleres. En Santiago de Compostela por exemplo, a cor negra impregnaba por completo as mobilizacións do 25N do ano 2018; e non só iso, senón que moitas das manifestantes ían ataviadas cun pano negro como complemento, semellante o que levou a miña avoa na cabeza toda a súa vida, un complemento que, como xa dixen, na Galiza é símbolo de submisión da muller ao patriarcado.

A esquerda e os movementos sociais situados a este lado do espectro político teñen o costume de abandonar os símbolos que os identifican, politicamente connotados, coa intención de achegar máis xente á causa, limando tamén discursos e simboloxía. Esta fuxida cara adiante, deixando de lado estes símbolos ten como consecuencia que outros collen a bandeira revestindo o símbolo conquistado cun discurso nas antípodas do seu significado inicial. No caso que nos ocupa, a Xunta do PP envolve o discurso paternalista que a caracteriza na color lilá do feminismo.

Así por exemplo, a estrela vermella está tradicionalmente asociada aos movementos políticos de esquerda e comunistas e de liberación nacional, así como asociada ás reivindicacións da clase traballadora. Sen embargo, partidos políticos, que a priori están asentados neste lado do espectro político, como por exemplo Izquierda Unida ou Podemos, prescinden deste símbolo, adoptando o triángulo vermello invertido ou un círculo, máis amábel, pero menos proletario. Sen embargo, o abandono deste símbolo por parte dos partidos de esquerda, foi rapidamente adquirido por marcas comerciais como Heinneken para etiquetar a súa cervexa, perfectamente coñecedores da potencialidade do símbolo para a mocidade á que lle quere vender o seu produto.

Escribía Daniel Bernabé no seu libro “La Trampa de la Diversidad”, “que as feministas deberían ter coidado dos seus detractores, pero moito máis dos aduladores. Que o neoliberalismo, como ideoloxía de dominio cultural global, non vai deixar pasar a oportunidade para fagocitar o movemento das mulleres e devolvelo convertido en algo sen bordos cortantes, desactivado, pero cun gran potencial competitivo no mercado da diversidade”. A advertencia é clara. O risco está aí. A miña avoa sempre vestiu de negro. Desde o primeiro recordo que teño dela. A única vez que a vin vestida doutra cor foi no hospital cando lle puxeron o típico camisón branco poucos días antes de falecer. Non vestía de negro porque lle gustase, senón por unha imposición da tradición patriarcal. Ir de loito significaba enterrar en vida a unha muller cando falecía un familiar, nai, irmán, pai, home, fillo, filla... que máis daba. E a miña avoa cumpriu a penitencia durante toda a súa vida, cumpriu o castigo imposto por unha sociedade machista e patriarcal. E como ela todas as mulleres galegas da súa época.
Por iso non entendo moi ben por que en moitos concellos galegos utilizan esa cor, a cor negra, para a campaña contra a violencia machista que sofren as mulleres, no canto de utilizar a lilá, que é a cor que identifica o movemento feminista. De feito, chama a atención que concellos do PSOE e mesmo do BNG escolleron a cor negra para a súa campaña do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, mentres a Xunta do PP escolleu o lilá para a súa, tanto en 2018 como en 2019.
Mais o que xa me desconcerta é que sexan precisamente as mulleres feministas galegas as que abrazan esta campaña en negro para o 25N, unha cor que na Galiza ten unha forte connotación patriarcal, no canto de utilizar a cor lilá, a cor que identifica o movemento feminista, a cor da liberdade e dos dereitos das mulleres. En Santiago de Compostela por exemplo, a cor negra impregnaba por completo as mobilizacións do 25N do ano 2018; e non só iso, senón que moitas das manifestantes ían ataviadas cun pano negro como complemento, semellante o que levou a miña avoa na cabeza toda a súa vida, un complemento que, como xa dixen, na Galiza é símbolo de submisión da muller ao patriarcado.
A esquerda e os movementos sociais situados a este lado do espectro político teñen o costume de abandonar os símbolos que os identifican, politicamente connotados, coa intención de achegar máis xente á causa, limando tamén discursos e simboloxía. Esta fuxida cara adiante, deixando de lado estes símbolos ten como consecuencia que outros collen a bandeira revestindo o símbolo conquistado cun discurso nas antípodas do seu significado inicial. No caso que nos ocupa, a Xunta do PP envolve o discurso paternalista que a caracteriza na color lilá do feminismo.
Así por exemplo, a estrela vermella está tradicionalmente asociada aos movementos políticos de esquerda e comunistas e de liberación nacional, así como asociada ás reivindicacións da clase traballadora. Sen embargo, partidos políticos, que a priori están asentados neste lado do espectro político, como por exemplo Izquierda Unida ou Podemos, prescinden deste símbolo, adoptando o triángulo vermello invertido ou un círculo, máis amábel, pero menos proletario. Sen embargo, o abandono deste símbolo por parte dos partidos de esquerda, foi rapidamente adquirido por marcas comerciais como Heinneken para etiquetar a súa cervexa, perfectamente coñecedores da potencialidade do símbolo para a mocidade á que lle quere vender o seu produto.
Escribía Daniel Bernabé no seu libro “La Trampa de la Diversidad”, “que as feministas deberían ter coidado dos seus detractores, pero moito máis dos aduladores. Que o neoliberalismo, como ideoloxía de dominio cultural global, non vai deixar pasar a oportunidade para fagocitar o movemento das mulleres e devolvelo convertido en algo sen bordos cortantes, desactivado, pero cun gran potencial competitivo no mercado da diversidade”. A advertencia é clara. O risco está aí.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña