20:58 Venres, 10 de Xullo de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

11-06-2020

E polo tempo de San Miguel de Maio quero que tales pobres teñan o dito pan e mixo cada un conforme o que houbese levado por seu repartimento o día do Señor San Miguel en Setembro de cada unha, con unha “escudilla” demais do que levou

Un filántropo galego: Pedro Pernas

Valorar (7)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA


No testamento feito o 21 de abril de 1619, Pedro Pernas, clérigo de San Pedro de Miñotos di: Primeiramente mando a miña alma a Deus noso señor que a redimiu coa súa preciosísima sangue no arbore da Santa Cruz. Item mando que o clérigo, o frade que me axude a ben morrer na hora da miña morte, doce reais e si foran mais dun a todos os mais clérigos e frades que se atoparan o tempo de meu falecemento a cada un catro reais polo seu traballo. Iten ando dicir logo o punto que o noso Señor me levara unha misa cantada no altar da “Indulgencia de San Francisco de Viveiro”, de esmola por ela 4 reais. Iten mando enterrar as súas carnes pecadoras na igrexa de San Pedro de Miñotos na capela maior, onde está enterrado Alonso Ares, Clérigo. Iten mando dicir o día do meu enterramento vinte misas cantadas e rezadas pola miña anima. Iten, mando que o día do meu enterramento chamen a Cruz de Prata de Santo Domingo de Viveiro e Santa María de Viveiro, se me digan tres misas cantadas no altar maior desta igrexa de Miñotos con diácono e subdiácono e os ornamentos se traian do Mosteiro de Santo Domingo ou Nosa Señora de Viveiro, por cada unha destas tres misas cantadas se den doce reais, e se dea ós sancristáns o que lles corresponde. Iten mando o día do meu enterro dígaseme unha vixilia de nove leccións e mando que os clérigos e os frades que viñeran ó meu enterramento a cada un catro reais e de comer, e todos os clérigos que axudaran a dicir a vixilia atrás referida e estar nela dende o comezo ata o fin do traballo respecto e deixe gracia de vida se de mais a os ditos clérigos e frades vinte almas de esmola polo traballo de dicir a dita vixilia de nove leccións e nocturnos, o sea, cinco reais a cada un por todo e os que non asistiren a vixilia, mando que non se lles de mais de catro reais de esmola e sobre isto encargo a conciencia dos meus cumpridores. Iten mando que dentro de dous meses despois do meu falecemento os meus cumpridores me fagan as miñas honras conforme o enterro chamando a Cruz de San Francisco de Viveiro e Santiago de Viveiro e mando que en cada unha destas igrexas e na de San Pedro de Miñotos se digan tres misas cantadas no altar maior de esmola por cada unha, as de Viveiro doce reais e o cura da dita igrexa seis reais e lle dean unha anega de trigo e un carneiro e un barril de viño para que rogue a Deus pola miña alma. Iten mando que os cumpridores o día das honras vistan doce pobres de “pardo o blanquesta y a cada uno su camisa” os que eu sinalei nun memorial ou a vista dos meus herdeiros si eu non os deixara nomeados os cales pobres se vistan na miña casa e vaian os oficios cada un coa súa vela na man e asistan a eles e o fin se lles dé de comer e beber e todo o necesario para que roguen a Deus pola miña alma. Iten mando se me digan seis misas nas festas de Nosa Señora pola miña alma para que ela rogue ao Noso Señor por min... Iten mando se digan doce misas dos doce apóstolos pola miña alma para que eles supliquen ao noso señor por min e as digan os meus cumpridores no menor prazo posible. Iten se me digan tres misas, da Santísima Trindade e por cada unha das misas aquí mencionadas de esmola dous reais. Iten mando se me digan unha misa de Anxos, outra dos mártires e outra da Virxe. Iten mando no mosteiro de Santo Domingo de Viveiro cincuenta misas por a miña alma e mando de esmola por cada unha dous reais e a cera para as decir e encarga o padre Prior que mas faga na maior brevidade. Iten que no mosteiro de San Francisco de Viveiro outras cincuenta misas por a miña anima e de esmola dous reais por cada unha e a cera para dicila e encargou o Pai Gardián as faga dicir na maior brevidade posible. Iten mando dicir no dito mosteiro de San Francisco de Viveiro, dez misas polas animas que están en pena no purgatorio e de esmola a dous reais cada un e a cera. Iten mando dicir polas animas do meu pai e nai e irmáns na igrexa de San Pablo de Riobarba vinte misas de esmola por cada, a dous reais e a cera. Iten mando dicir na igrexa do señor San Xoán de Covas seis misas polas animas da súa avoa María Franca e da miña irmá María de esmola dous reais. Iten mandou decir dúas misas na igrexa de Santiago de Viveiro dúas misas pola anima de Alonso Polo Clérigo e de esmola dous reais e a cera. Iten mandou dicir na igrexa de San Andrés de Boimonte seis misas polo anima de Alonso Louro clérigo que foi de dita igrexa esmola dous reais por cada unha e a cera. Iten mando para iluminar o Santísimo Sacramento da miña igrexa aceite. Iten mando a Fábrica de dita igrexa de Miñotos doce ducados dos meus bens os cales logo que o Señor me levase, con eses se faga na porta principal da igrexa de Miñotos un portal de arco de cantería nova e labrada coa súa anchura para que libremente nas procesións que se fagan do Santísimo Sacramento co pano e varas e antes de Nosa Señora do Rosario en cada lado caiba unha persoa mais de anchura no lado do pano do Santísimo Sacramento antes de Nosa Señora coa Reverencia debida e se faga dentro dun ano. Iten mando á fábrica da dita miña igrexa de Miñotos unha cama de rede que eu teño para que con ela todos os xoves e Santos da Coresma se faga o monumento do señor, a cal quere e a miña vontade que a dita cama de rede esté gardada con chave dentro da dita igrexa de Miñotos en caixón onde non “pudra y este limpia” e gardada como se debe para servicio do señor. Iten mando á confraría do Santísimo Sacramento da igrexa de Miñotos un cabalo para reparos da dita confraría. Iten mando a confraría de Ntra. Señora do Rosario unha vaca. Iten mando que despois me recibise, dentro de catro meses os meus cumpridores poñan na igrexa de San Pedro de Miñotos unha arca que se peche con dúas chaves e nela se poñan vinte anegas de centeno para necesidades da freguesía e xuntamente poñan outra arca e nela poñan dez anegas de “mixo” para as necesidades de dita freguesía é a miña vontade que se repartan o día do Señor San Miguel de maio entre todas as persoas pobres e veciños desta dita freguesía de San Pedro Miñotos o cal dito repartimento e a miña vontade seña feito polo fabriqueiro da igrexa e por unha persoa da miña liñaxe que me sucedera e cada un deles teña unha chave sen que un non poida abrir sen o outro ditas tullas. E polo tempo de San Miguel de Maio quero que tales pobres teñan o dito pan e mixo cada un conforme o que houbese levado por seu repartimento o día do Señor San Miguel en Setembro de cada unha, con unha “escudilla” demais do que levou. Iten mando que os repartidores polo seu traballo reciba un ducado. Iten mando a María filla do dito Alonso da Ribeira e de María Afonso seis mil mrs. dos meus bens para o seu casamento e para que rogue a noso señor pola miña anima e se morrese sen casar mando que se dé os ditos seis mil a outra irmá mais vella que despois dela quedara. Iten mando a María filla de Fernando Pernas, meu irmán defunto “una saia de blanqueta e un saicoelo de Palmilla y una vaca para ha vida do seu casamento e para que rogue o noso señor por a miña anima. Iten mando a Petronilla filla de Fernando Pernas meu irmán dez ducados dos meus bens ou o Souto da Rega sito no Grandal casando ela por ordén do seu primo Juan Vidal e honradamente e de outra maneira non lle mando nada= Iten mando a súa irmá muller de Juan da Casa lle queden dous ducados que ela me debe e lle dean outros dous ducados mais dos meus bens para que rogue o noso Señor pola miña anima. Iten mando á filla mais vella de Álvaro López veciña de San Xoán de Covas seis marabedís para o seu casamento e si morrese sen casar se dean a irmá seguinte. Iten mando a Catalina Martínez muller de Álvaro López unha taza que eu teño de pe; e a maior das tres que eu teño de pe= Iten mando ó fillo más vello do dito Álvaro López un vestido “de palmilla, sua vida, gregesco y saio y capote y cazones y zapatos y sombrero” para que rogue a noso señor pola miña anima. Iten mando a Catalina Alonso muller que foi de Alonso Cornide de Piedrafita veciña desta freguesía dous bois mansos de labor e dúas vacas e o usufruto dos terreos que eu merquei a Baltasar Sanjurjo e Antonio Fernández de Lora durante os días da súa vida e a morte dela queden libremente os ditos terreos a os catro fillos mais novos da dita Catalina Alonso súa nai que se os de os servente que lle fosen suxeitos e obedientes e fixeran e si foran desobediente non se lle desen nada e os ditos corenta ducados os que fosen más suxeitos e virtuosos. Iten mando a Antonio de Cornide que o presente vive comigo no Souto sito nesta freguesía segundo o merquei a Alonso Garco e o levo e mais mándolle a cuarta parte que teño xuntamente con Alonso Teixeiro clérigo. Iten mando a Ana Fernández, a miña sobriña, muller de Domingo de Rúa os dous vedros que merquei a Juan Pernas fillo de Vasco Pernas segundo están sitos nesta freguesía e a mixada coa miña parte do muiño de Riobal que é un día e unha noite de cada semana. Iten mando a M. González que o presente vive comigo “una saya de blaquete y savielo de palmilla ... e unha manta”. Item mando o lugar da maseda coa súa casa e lugar e viñas e co souto que teño en chao a Luís do Vale, sobriño fillo de Domingo de Vale con unha misa de aniversario perpetuo para sempre xamais cantada na dita igrexa de Miñotos cada día da presentación de Nosa Señora e de por ela de esmola o dito Luís catro reais e quero e a miña vontade que o dito lugar non se poida vender, nin trocar nin partir entre irmáns senón que debe estar sempre en unha cabeza e habendo fillo varón quero, é a miña vontade, que suceda nel o fillo mais vello sendo de lexitimo matrimonio e quedando do meu sobriño fillo varón de lexitimo matrimonio mando que quede de dito Luís de Bale, é a miña vontade que o suceda nos mencionados bens, non quedando, sucederao meu sobriño Juan Vidal veciño de San Xoán de Cobas e logo o fillo maior deste e non habendo quero que queden os bens no fillo mais vello de Álvaro López veciño de Cobas preferindo sempre o maior ó menor e o varón á muller e non quedando quero que lle quede todo o fillo de Alonso de Cornide que se chama Antonio e que vive comigo e faltando todos me suceda o parente mais cerca ó meu liñaxe coa condición de que sexa fillo lexitimo. Iten mando os maletes da vila de Viveiro a cada un deles oito maravedises de pan e un cuarto de viño, dez maravedises en cartos e unha libra de carne. Iten mando o Hospital de Santiago da vila de Viveiro unha manta e unha sabana para remedio dos pobres. Iten mando a Santa Cruzada e redención de cativos, dous reais. Iten mando a igrexa de San Pablo de Riobarba un cáliz de prata que valga catorce ducados e se faga na maior brevidade, unha sábana de lenzo para servizo do dito altar. Iten mando á fábrica da Igrexa de Santiago da vila de Viveiro dous reais. Iten mando que despois que Deus me levase, antes de seis meses os meus cumpridores e herdeiros miren os meus papeis e o diñeiro que teño dado a censo, se sume todo e chegando a cantidade de oitocentos ducados de principal se poñan a censo para que dos réditos se casen fillas orfas do meu liñaxe e mais chegadas con que sexan honestas e virtuosas e “sujetasa sus padres” e habendo cartos no dito deposito se repartan entre os pobres do meu liñaxe. Declaro por cumpridores do meu testamento á Alonso Teixeiro clérigo de Santa María de Chavin e a Fernando Fernández clérigo de Santiago de Bravos e lles mando polo seu traballo o dito Alonso unha porcelana de prata dourada e o dito Fernando unha xarra de prata.

Foron testemuñas Alonso da Pena, Alonso Martínez, Pedro Marques, Pedro de Vigo, Alonso de Galgo, Juan Repete, Juan Routo e Br. Antonio Franco.



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña