10:09 Mércores, 23 de Outubro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

09-10-2019

O día dous de Nadal continuaron tocando as gaitas e anunciouse a corrida do Estafermo ás doce para o seguinte día

Mondoñedo: festas pola proclamación e xura da maioría de idade de S.M. A Reina D.ª Isabel II de Borbón.

Valorar (26)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA


Tivo lugar en Mondoñedo o 1 de Nadal de 1843. Os edictos   fixéronse con dous días de anterioridade, para que os veciños  da poboación limpasen as rúas e adornasen  as súas respectivas casas.

Os actos deron comezo ás oito da maña cando dúas gaitas  galegas  acompañadas  de dous tambores  da Milicia “ciudadana” anunciaron polas rúas  a ledicia e  para recordo dos veciños de tan vetusta cidade. Un repique de campás soou simultaneamente en todos os templos da poboación. O tempo os cornetas e demais tambores da guarnición e Milicia  tocaron para que os soldados destes dous corpos se reuniran fronte ó Seminario Conciliar, dirixíndose despois formados a praza pública  no medio de “vitores e aclamaciones a excelsa reina, al pueblo de Mondoñedo y a sus defensores”.

As nove da mañá principiaron a chegar ás Casas Consistoriais todos os señores que compoñen o corpo Municipal, o sr. Xuíz de 1.ª instancia, fiscal, Excmo. de número mais antigo,  o sr. Gobernador do bispado, o seu secretario de Goberno, Notario maior de asento, Xefes de Rentas Nacionais, Fiscal e  oficial do propio ramo de Rl nomeamento, o contador  Diocesano, empregados de correos e o de amortización, o sr. Comandante  Militar, asesor de guerra e demais señores xefes e oficiais de servizo pasivo e activo que se atopan mandando  a formación dos corpos  da Guarnición. As nove e media  saíron en comitiva en dirección da Santa Igrexa Catedral en dúas filas poñéndose a man dereita  o Sr. Comandante de armas e oficiais militares por orden de gradación levando a dianteira os mais modernos e a esquerda as autoridades  e funcionarios civis neste orde: empregados de correos, os de facenda pública, xulgado de primeira instancia, goberno eclesiástico e unha comisión do Venerable Cabido e presidindo a todos estes o Ilmo. Concello.

Chegada a comitiva a Sta. Igrexa Catedral celebrouse un Te Deum polo cabido  a cuxo acto  relixioso acudiu a maioría dos veciños do pobo.  A tropa milicia  formada fixo  naquel acto tres descargas, unha ó principio do Te-Deum outra  no medio e a terceira  a súa conclusión. Concluído o Te-Deum, sendo as dez e media  volveu a comitiva polo orde establecido  a Casa Consistorial  para recibir o retrato da S. M.  que saíu da mesma nunha magnifica  carretela en que ían tres nenas luxosamente adornadas   das cales unha foi sentada baixo un dosel no que figura  un trono e levaba o referido retrato e as outras colocadas  nas gradas da anunciada carretela, simbolizando a prudencia e a pureza para recordar a todos as gracias da nosa Reina, esta carretela ía escoltada por catro  alabarderos, acompañada do pendón de Castela  levado polo señor Pror. Sindico primeiro  D. José Pedreira Ron y Lanzos, todo o camiño está cheo de xentes e foi anunciado por boladores o repique xeral de campás anunciou a súa saída con toda a comitiva  rompendo a marcha  catro batidores  da caballería da Milicia  Nacional a fin de despexar o paso obstruído pola cantidade de xente. Era seguido pola música, logo os empregados e os seus xefes  e en pos destes as autoridades  e concello  precedendo o acto o enunciado retrato de S. M.  a cuxos lados  acompañaban os dous señores  Alcaldes  constitucionais  e concelleiros cerrando todo a tropa e Milicia formada  en columna de honor.

Esta comitiva  dirixiuse polas rúas Princesa e Cruz, cuxas casas  atopábanse adornadas  con votivas e lucidas  colgaduras ata chegar o Santo Cristo  dos Remedios   onde se atopaba colocado o tablado ó que subiu o Concello  e despois que un dos “maceros” pronuncio as voces de “oir, atender, escuchar” a continuación o  Sr. Presidente deu lectura o Real decreto  expedido por S. M.  en 15 de Novembro e deu os vivas  de ordenanza  e o Pror. levantou e trémolo o pendón dicindo  “Mondoñedo, Mondoñedo por la Reyna  Constitucional  la Señora  D.ª Isabel  segunda” a cuxa voz   contestou o pobo  con vivas e aplausos.

Concluída esta cerimonia proseguiu a comitiva polas rúas  Santo Domingo e Batitales e subiu pola rúa das Angustia e Herreros  na que se atopaba outro taboado onde  se repetiu a proclamación anterior  baixando outra vez pola de A Nova e Princesa  a praza da Constitución na que se deu a volta  e subiu a outro taboado  colocado xunto ás casas Consistoriais repetíndose a mesma publicación procedendo de seguido o xuramente  presentando primeiro o Rexedor do Ilmo. Axuntamento, “con las manos sobre los Santos Evangelios  bajo la siguiente formula “juro por Dios y por los Santos Evangelios  haber, tener y defender por Reyna Constitucional  de España a D.ª Isabel  segunda de Borbón”. A lo que las autoridades contestaron “si juro” e o pobo “Si juramos”. Entón o Sr. Presidente  repuxo “si así lo hiciereis Dios  os lo premie y sino os lo demanda”, terminando o acto con unha salva de fusilaría. A continuación o Sr. Presidente  improvisou unha carta   e significativa alocución ó pobo  mindoniense, facéndolle  explicación  da ventura e felicidade  que esperaban todos os honrados españois do reinado de unha nena  que principio a empeñar o cetro de Fernando   e que baixo o símbolo da ignorancia  e a xustiza  sería rexida esta nación. A continuación  toda a comitiva   retirouse á casa do Concello onde nun elegante aparador  colocouse o retrato de S. M.  baixo un magnifico Dosel Carmesí  e o pendón nos balcóns da mesma Casa Consistorial, na que logo se  puxeron dous sarxentos  de garda de honor da Milicia cidadán.  Neste mesmo acto  arroxáronse ó publico varias moedas de ouro e prata. Despois houbo numerosos brindes á saúde de S. M.  e a unión e concordia de todos os españois, improvisando composicións.

Pola tarde  continuaron os festexos públicos  e gaitas do pais, principiándose a adornar as fachadas das Casas Consistoriais con diferentes aras de varias figuras  e con variedade de vasos  pintados de fermosas cores  para dar  principio ás oito   da noite a iluminación  xeral que tivo efecto e foi anunciada  con repenique das campás  e unha tandada de fogo  e sendo intercalada  con pezas de distinto  e sonoro gusto  que a academia de música tocou  ata as doce  que tivo fin a función  co campaneo, variado fogo  artificial que  o concello   mandara construír para tal efecto.  Na fachada da Casa Consistorial   distinguíase e brillaba  a  cuartela posta nun cuadrilongo, era composición do Sr. Presidente D. Jacinto Romualdo  López.

“TU TRONO EXCELSA NIÑA  SALBO EL CIELO
Y A ESPAÑA  DEJÓ LIBRE E INDEPENDIENTE
ADORA, MINDONIENSE AL DIOS POTENTE
PUES REYNA YA ISABEL  DULCE CONSUELO”  

O día dous de Nadal  continuaron tocando as gaitas galegas e  anunciouse a corrida do Estafermo ás doce para o seguinte día, habendo solemnizado o publico nos paseos a que brindaba a fermosura  do tempo.  O día tres e hora de nove da maña  colocouse na praza unha “cucaña”  que divertiu ó público  ata as doce  e as dúas deuse principio a corrida  do Estafermo con xeneral aplauso  do pobo que se atopaba presente  polos acertados golpes  de lanza que deron os xogadores  os cales foron premiados  con multitude de fermosas cintas.

[10-10-2019 00:24] Ramón comentou:

Excelente artigo e ben documentado!!

[09-10-2019 23:27] Josemacurrás comentou:

Artículo muy curioso, sin ellos perderíamos la memoria. Gracias

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña