13:03 Xoves, 27 de Xuño de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

09-06-2019

O director de camiños veciñais e canais D. Santiago Santisso y Pedrosa, con data de 24 de setembro fai o seguinte informe con ocasión dos estragos pola forte acción da auga.

Mondoñedo: tormenta do 15 o 16 de setembro do 1852.

Valorar (12)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA


O director de camiños  veciñais e canais D. Santiago Santisso  y Pedrosa, con data de 24 de setembro fai o seguinte informe con ocasión dos estragos causados   pola forte acción da auga.

-  Un anaco de camiño veciña  de primeira orde que se comprenden entre este pobo e o “Murallón dos Remedios. Saindo do campo dos Remedios  dirección dita  e o comezar a linea que se acumula una cantidade de  escombros  que obstrúen case completamente  dous dos tres furados  abertos no murallón que esta na parte inferior da capela  para dar paso as augas  procedentes  de un dos caños  de distribución que baixan polo camiño  que ven desde a fonte. Estes escombros ademais de entorpecer a vía, en aquela parte  pon en grave resgo  o murallón no caso dunha segunda “avenida y por  conséguente debe desembarazarse  de ellas cuanto antes”.

- Táxea entre a primeira e segunda casa: Segundo continua un lixeiro desprendemento de lenzo sobre  a esquerda antes de chegar á primeira casa  que se atopa dada debaixo na calzada  ata atopar a táxea construída para recibir as augas de dito cano de distribución, a que  foi completamente desbordada   deixando cortado  por completo o camiño  naquela parte.

Todas as desfeitas  que se produciron proveñen da escasez da “luz” que se lle deu a táxea, a que non deu feito para dar saída as augas que estaba encargada de recibir. A cal cedeu o impulso  arroxando os materiais á calzada, sobre os seus costados. Conviña a súa rápida reparación, substituíndo a “alcantarilla de 4 a 5 pies de luz” sobre a elevación que permite o rasante do camiño.


- Alcantarilla saliente de Rego de Cas. Ningunha marca se  atopa nos seguintes tramos, ata  chegar “a  la pequeña alcantarilla que esta casí tocando la casa que llaman del Herreo en Rego de Cas”. Esta como a táxea  anterior tamén foi destruída  na súa maior parte  arrastrando consigo o primeiro estribo, todo o firme do camiño nas catro varas lineais seguintes “ con diez y nueve varas lineales  siguintes  con diez y nueve manos  de pretil en dos trozos  sobre la arista  derecha”. Invasión do río sobre o segundo cacho e inundación das terras de labranza que estaban do outro lado.

As causas que fixeron estos estragos son de dous tipos  diferentes: a pobreza do baño  a luz nos “desahogos de el alcantarillado y el recoto  demasiado brusco  que hace el río  por su parte inferior   auxiliado poderosamente  por la estrechez  y obstrucción del cauce”. Polo cal se propón a construción  dun novo “alcantarillado” e de un muro de revestimento na parte  da arista invalidada, reparación das 19 varas de lineais de pretil, ensanche e limpeza da canle suavizando de  paso o recodo  e o recorte doutra esquina ó muro contiguo  a cada do dito ferreiro, a que avanzando demasiado sobre o río  fai violento o emboque da corrente de auga da alcantarilla.


-  Ponte de Agares . Dende o punto anterior ata a ponte de Agares sigue sobrecargada  de anacos e trastornada con outros materiais  que arrastrou consigo a corrente que se desbordou antes de desembocar a ponte; a causa  de estar  naquela parte  demasiado elevada  a base do río e facer o súa canle pola parte inferior, con recodo demasiado brusco  que obriga a un cambio de dirección violento na corrente. Polo que é de absoluta necesidade ademais de reparar a calzada e facer rebaixar un pé polo menos  o chan de dito  río e suavizar mais o recodo, “desambarazando el cauce”.

- Muro de revestimento da canle. No respecto ós tramos seguintes ata o principio  da costa  atopamos  pouca consideración ó arranxo  da súa área  a pesar dos muros  notables  que a dita alteración;  por estar toda ela en terra vexetal unicamente propoñemos  a construción dun muro de revestimento  completamente castigado polas inundacións  que sufre. E de urxente necesidade  o corte dun recodo  á esquerda e outro á dereita  da parte superior e inferior ás primeiras casas do lugar que chaman “Lama dos Cucos” si se queren poñer as súas vidas e intereses a salvo  dunha segunda inundación  e rebaixar considerablemente a base do río que corre polas costas  das casas de San Lázaro  a cuxa elevación notable do nivel sobre a rúa e falta de bordes, foi a causa destas inundacións que puxo en grave risco este barrio. Polo demais unha inspección ocular da canle, practicada polos propietarios  colindantes  na parte que toca a cada un en algún que outro punto  non cortase de raíz  o mal, causaría menos danos. Tamén se aconsella non permitir no sucesivo  ningunha especie de canalización nin construción de presas, sen autorización  e informe  previo de persoa cualificada.

- Río que baixa pola Fonte de Augas Minerais a San Lázaro. A maior regularidade que a diferencia do anterior   observase no curso  deste río  ata a desembocadura na segunda ponte de San Lázaro foi a única causa  de que os días do temporal non se houbese mostrado  moito mais  inofensivo, si se exceptúa a invasión das augas, con una elevación extraordinaria  na súa base neste punto  a consecuencia da rotura da presa inmediata; a mina  e escalonamiento dos estribos  e aletas da ponte Pousada  y doutro que chaman de Luaces a nova invasión sobre os seus bordes, tocando  case na presa dos Muiños  de Jorge de Soto, á que repetiu  sobre a esquerda pola  parte inferior  dos Muiños do Fabeiro  con dúas ou tres inundacións  simples en outros puntos.  Aglomeración de area e pedras sobre a ponte de San Lázaro  ata deixar a súa boveda dereita  con moi escasa luz. A elevación considerable do río nas augas minerais, reclama  desde a súa expedición e limpeza ata deixar en descuberto a fonte de augas minerais, cuxa parte superior que rasando, baste dicir  para isto  que ademais de ser moi regular é a única que temos  de esta clase. O propio dicimos de un corte  de unha esquina  na horta que está dando fronte ó outro costado, pois arrastra para alí os materiais. A invasión perigosa  que alí se observa é a razón mais evidente.

Arroio que baixa pola Rúa da Rigueira o Pimpin. Esta pequena corrente non produxo apenas  alteracións en todo o seu curso polo pouco caudal e pola regularidade que lle deu o arte; só se nota  algunha que outra descomposición  lixeira na calzada  sobre que corre ata dar fronte á horta do Colexio. Aglomeración considerable de materiais  dende este punto ata o Pimpin con elevación na súa base e por derradeiro o desbordamento con surcos bastante profundos  sobre o camiño  que vai á ponte Pousada  sendo pola notable elevación do chan  naquel punto como polos recodos  que fai 1.º sobre a esquerda logo sobre a dereita  ó tomar a parcela do camiño. Acertamos a ver  aquí, e aglomeración de area e pedras que sobrecarga aquel pequeno treito, non só porque elevando  o chan do arroio  a maior altura  que o pretil o deixa completamente  cuberto  se non porque de este modo ameaza constantemente  arroxar as súas augas  sobre os tres ramais  do camiño que parten  de aquel punto  e cuxo nivel cadra por esta razón  mais baixo. O convinte sería alixeirar canto antes aquela carga e arranxando os dous recodos que fan cambiar con forte violencia o cambio de dirección das augas.

- Cañería de distribución das augas. Proponse investigar se a distribución desta cañería satisfai dunha maneira  cumprida a todas as exixencias  do seu destino  e si sería posible  outra nova que a substituirá con mais vantaxes.


Na sesión do 22 de Novembro de 1852, acórdase que para atender a reparación  dos danos causados  polo aluvión do quince  e dezaseis de setembro  derradeiro  en varios sitios públicos pertencentes ó concello  se solicita do Sr. Gobernador  da provincia  toda vez que a corporación  carece de medios  para tal efecto que se sirva autorizala a fin de cubrir  este servizo por conta das partidas  destinadas no presuposto  do corrente ano  a conservación e reparación do edificio que ocupa o concello   a gastos de veredas, imprevistos e calquera sobrante  a economía  que resulte  na totalidade de aquel sen prexuízo de que mais adiante se cubra  polos medios  que parezan  más conducentes á cantidade designada á mencionada conservación e reparación da Casa Consistorial.

Na sesión do 6 de Nadal  de 1852. Mediante unha instancia  con data de hoxe  que presenta  no Concello Javier Bermúdez  veciño do lugar de Fondoso  solicitando rebaixa  na contribución de inmobles polos destrozos  que lle ocasionou na súa cortiña o aluvión da noite do 15 a 16 de setembro.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña