05:48 Domingo, 26 de Maio de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

20-02-2019

O caso é que, daquela o pobo debía sentirse moi en pecado, pois acudía a facer acto de penitencia sobindo aos monte entre choros e lamentacións

O Chamor-ro e a Pena Chamadoira : unha lembranza dos recuados tempos das penitencias medievais.

Valorar (7)

CÉSAR VARELA GARCÍA



O método que empregamos aquí,é colocar os topónimos no nivel correspondente que nos fornece o materialismo histórico para o estudo das sociedades.

Acontece que , non é só o nível dos medios de producción, como os traballos agrarios das rozas, ou da criazón do gando o que fornece cuase todos os topónimos do noso País, senón que os outros níveis tamén están presentes.

No nível xurído-político, temos una chea de nomes de posesores da terra, reguengos e señoríos que eternizaron o seu nome , romano ou suevo, en centos de lugares ao longo do  País.

O nível ideolóxico, tamén figura con una chea de chamadeiros na nosa Terra; velaí senón os nomes debidos ao cristianismo, coas advocacións aos seus santos.

A istes últimos pertence o nome de, CHAMORRO.

O CHAMOR-RO mais sonado é o monte do mesmo nome que domina a vila de FERROL; o camiño que vai cara a cume está inzada de cruces que xa nos indican que estamos diante dun calvario medieval; podemos imaxinar aquelas procesións penitenciais e rogativas tais como aparecen no filme de Berman, “ O séptimo selo”, onde o pobo subia ao curuto do monte entre flaxelacións, responsos e cánticos, arrependéndose dos “seus pecados”.

Ainda o cristianismo de hoxe, segue mallando na teima do PECADO e a CULPA. Pero, de que é a xente culpábel ?

O caso é que, daquela o pobo debía sentirse moi en pecado, pois acudía a facer acto de penitencia sobindo aos monte entre choros e lamentacións .

Istes CLAMORES, foron os que  deixaron o seu nome nestes outeiros.

CLAMOR  >  CHAMOR .

A PENA CLAMATORIA , daría nunha  PENA CHAMADOIRA; e daí saiu o lugar do mesmo nome, no concello  de CERDEDO  e o consecuente  apelido de, CHAMADOIRA, que locen moitos cidadáns do noso País.

É, por tanto que , o  nome do monte ferrolán debería escreberse, MONTE DO CHAMOR, e non, do CHAMORRO.

Acontece que , a palabra CHAMORRO parece ser unha palabra de orixe castelán, que nada ten a ver cos nosos CLAMORES medievais.

O diccionario do Viterbo fala así a loor desa palabra: “CHAMORRO:Tosquiado. O nome de “chamorros” deram os Castelhanos, por desprezo, aos portugueses, ressentidos da batalha de Aljubarrota, donde os poucos que puderam fugir, levaram eternos motivos de chorar…
O rei D. Joao I de Castela dizia….. que nao podía sofrer que assim o derrotassem uns poucos de “CHAMORROS”…

Os Espanhóis, ainda naquele tempo, usavam de cabelo cumprido e os Portugueses, que também lho fizeram, usavam já dele curto.”


Bastante máis hixiénica e moderna a moda portuguesa para o seu exército; imaxinades a cantidade de piollos, chinches e demais parásitos que inzarían na hoste castelá cos seus cabeludos guerreiros ?

Naqueles tempos, ás veces tinhan que retirarse exércitos inteiros, por causa das  pestes que se declaraban no medio das masas de combatentes.

Un caso da nosa história é o do duque de Lancaster, que debeu erguer o seu sitio a cidade de Ourense debido a unha peste que se declarou no seu exército.

A palabra CHAMORRO, é por tanto castelá, e así a explica o diccionario de Covarrubias: “CHAMORRAR: vale quitar el pelo y propiamente se dice de tresquilar los asnos,…..
Trigo CHAMORRO, el que nace sin aristas en la espiga.”


Pensamos pois que, esta palabra non tivo ningunha trascendencia na toponimia galega, e os nosos CHAMORROS; na realidade, CHAMORES, son orixinados polos CLAMORES penitenciais, que a xente armaba para remedio dos seus males e perdón dos seus “pecados”, ante a complacencia da Igrexa, que así seguía exercendo o seu poder.






Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña