19:24 Luns, 18 de Marzo de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

10-12-2018

Novo artigo sobre as terras da Mariña

Freguesía de San Pedro de Cangas: un percorrido pola súa historia

Valorar (1)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA



Lindes.

Esta freguesía e o seu termo terá de levante a poñente media legua e de norte a sur a outra cuarta parte doutra e de circunferencia unha legua y media. Para camiñar a un paso regular necesítanse catro horas. Os seus lindes son: “linda principiando por el L en la orilla de la mar subiendo por el rego que nombran da Rajoa y va dar a la Cruz de Lamallada atrevesando el camino real y sigue a la cueva que nombran de faro y de esta continua por el arriva asta dar en el marco que sella en el pico do faro y prosigue asta otro marco que nombran do chao de Judres dividiendo la fra. de San Julián de Nois desde cuio sitio por el S. baxando por el monte se viene enderechura a un marco que se halla en el sitio qe nombran Castrovello del qual baxa al río y este continua al riego que denominan de Aguafría y de el se va a la Pena Blanca do Queixal y prosigue al coto que llaman de sur va dividiendo la fra. de San Julián de Cordido y desde el referido sitio por la parte de P. prosigue al marco que nombran de Pexavinco dividiendo la fra. de Sta. María de Rúa y continúa al marco que llaman da Rañadoira del qual prosigue al alto de Toxeiras dividiendo la feligresía de San Román de Villaestrofe de cuio sitio en derechura al marco que nombran de Treamole orillas del camino público desde el qual continúa asta la orilla de la mar y sitio qe llaman punta de Saride dividiendo la feligresía de Santa María de Burela y desde dicho sitio todo por la pte. del N linde con la rivera de la mar continuando orillas de ella asta el citado rego de Rafo a donde principio la demarcación”.

A igrexa parroquial

As primeiras contas datan de 1695 e nela dise que se gastaron 24 reais de dous carros de lousa para reparos da igrexa, 31 varas de tafetán para a cruz de prata, 30 reais. Un gaiteiro que veu tocar os días do santo, San Pedro, 4 reais.

O 3 de agosto de 1696 don Carlos de Ron, capelán, deu a nova de que nesta igrexa se atoparan algúns bancos que estorbaban na celebración dos oficios divinos e que estaban en partes e lugares onde non poden estar, atopou no seu presbiterio e aínda máis arriba del sen respaldo de case dúas varas e cuarta de longo, que se dixo ser dos Oteros de Xuances e tras medir S. Ilma. pola súa man o banco atopou que a punta superior del pasa do corpo do altar maior do lado da epístola, dous terzos cara á parede que arrima ao retablo do devandito altar maior e dunha peaña de madeira que está contigua ao frontal do devandito altar en que o sacerdote está de pé, pasa a referida punta case 6 palmos cara á parede onde arrima o altar maior e a punta inferior do devandito banco dista do dintel da porta da sancristía un palmo que do outro lado do dintel da porta da sancristía ata a pilastra de pedra do arco da capela maior ou presbitería hai tres cuartas máis ou menos polo que devandito banco non esta só no presbítero senón máis arriba polo que recoñeceu a suma indecencia que casa este banco e a gran “ousadía” dos que se sentaban nel estando precisamente os primeiros sentados non soamente arriba do crego cando está celebrando o santo sacrificio da misa senón tamén máis adiante do sitio e lugar que corresponde á hostia e cáliz despois de consagradas no altar.

En mil seiscentos noventa e sete compóñense ándalas e os seus candeleiros, medio carro de laxa, 5 reais para cubrir a igrexa e puntas para o mestre que as puxo 12 reais e medio. 8 reais ás persoas que sacaron a laxa.

Na visita pastoral do 20 de maio de 1698 o bispo manda: “Se compre dos albas de lienzo bueno para el servicio del culto”. Outro dato que sacamos desta visita é que a man esquerda está a capela de Nosa Sra. do Carme.

En 1699 utilízanse 16 varas de lenzos para dúas albas e amitos, 52 reais, dous reais de trenzas centillas, seis reais de puntas, incenso e feituras das albas e amitos trece reais.

Composición do badalo da campa dous reais.

O bispo na visita do un de outubro de mil setecentos visita as ermidas de Nosa Sra. dos Desamparados e Nosa Señora da Concepción que se atopan decentes. Manda que na de Nosa Sra. dos Desamparados se compoña os tellados, que as cruces do Calvario que estivesen caídas se levanten e ás que se lles caesen os brazos se lles poñan.

En 1703 vólvese a compor o badalo da campa, dous reais.

Nova visita pastoral, ano 170,3 o bispo manda facer un pórtico diante da porta principal da igrexa para facerse comodamente as cerimonias e outras cousas e lástrese de boas laxas e que faie a metade dela e se branquee toda a igrexa. A ermida de Nosa Señora dos Desamparados se compoña e da Concepción ten mal composto o tellado.

No ano 1708 cómpranse unhas “vinajeras”, 8 reais e 6 por compoñer a cadea da campa.

Neste ano entregáronse a Juan Alonso e Antonio do Río 1.500 reais polas obras que se fixeron. 25 reais do cal para calear o pórtico e sancristía e feitura; 18 reais dunha naveta; 4 reais de compoñer o incensario; 11 reais e medio que tivo de custo a tea para reparar un ornato rosado; 120 reais un misal novo; 16 reais un bonete; 34 custo de dúas bolsas corporais; e 8 reais facer o osario.

Nas contas de 1709, un carro de lousa para compoñer a igrexa, 18 reais.

Novamente gástanse 22 reais en lousa e no mestre que compuxo a igrexa; 12 reais nunha “vinajera”, composición doutras, farol e compoñer o monumento de Semana Santa.

En 1712 hai de gastos: 4 reais dunha campanilla, 2 reais de compoñer os candeleiros e a táboa deles, compoñer os confesionarios un real e medio.

Na visita do bispo con data do 10 de xullo de 1714 mandou aos fregueses que compuxesen o altar maior por estar indecente por non cumprir o mandato anterior.

Nas contas de 1716 aparecen dados 28 reais que se deron a catro homes que cos seus bois foron buscar o retablo.

Na visita do ano 1717 ordénase que se merque una capa branca para as procesións e festividades da igrexa e que os veciños da freguesía, dentro dun período de dez meses pinten o retablo maior.

En 1718 aparecen anotados 20 reais dunha cruz de metal que se mercou para o pendón.

Manda su Ilma. na vista do 7 de xuño de 1720 que os veciños desta freguesía fagan una sancristía “y con toda decencia” e un conduto por onde saia a auga que vén polo pórtico e métese na igrexa. Para a obra da oseira o fabriqueiro nomee por igual sen gravar máis a un veciño que a outro para que por días traballen e traian os materiais necesarios e ao que for omiso ou neglixente desde logo S. Ilma. múlteo cun real. Hase de mercar un farol a costa da fábrica. É obrigación de oír misa na parroquia antes de oírse nas ermidas de Abeleiras, Vilachaá os Desamparados e a Concepción

Na visita do sete de decembro de mil setecentos vinte e dous manda se faie e encale a capela do Sto. Cristo e lástrese por abaixo de laxa ata o primeiro arco da súa nave á conta da Confraría de Ánimas. Toda a igrexa se louse e póñase igual para a decencia das procesións e maior limpeza traendo cada veciño unha vara de pedra da “rivera”. A consta da fábrica páguese ao mestre que o asente.

Á custa das confrarías do Smo. e Nosa Sra. cómprense dúas dalmáticas.

Ano 1725 achandar o adro pola parte de abaixo 6 reais. No ano 1726 vólvese a gastar outros 6 reais en achandar o adro e 40 reais en marcar unha alba con encaixes, lenzo, feitura e fío.

Compoñer un cáliz, que quebrara, 10 reais.

No ano 1728, 10 reais de lastrar a igrexa. En 1731 na visita do bispo ordena lastrar a sancristía e acade o que falta na igrexa.

Nas contas do ano 1731 componse a campa 6 reais e unha arca nova 32 reais.

Na visita do 23 de xuño de 1733 mándase que a custa do caudal da fábrica, dentro dun mes pena 1.000 reais se retelle a igrexa e se faga unha “alacena capaz para los óleos”.

Nos mandatos do 28 de xullo de 1734 ordénase mercar para o altar maior da igrexa dous candeeiros.

62 reais que tiveron de custo a cruz e os candeeiros, a capela maior, contas do ano 1735.

Na visita do bispo Fr. Antonio Alexandro Sarmiento do once do sete de mil setecentos trinta e nove manda que se merque para o servizo da ermida un misal, facer unha “lacena” decente para recoller a caixa dos óleos, complétense as cruces do viacrucis e péchese o adro de maneira que os gandos non poidan entrar. Que o capelán de Nosa Sra. e Santo Antonio faga reparar o altar dela e os seus ornatos.

Que don Diego Canel patrón da ermida da Nosa Señora do Portal a teña con decencia, coa súa limpeza e aseo sen permitir que nela haxa escola de nenos. O capelán de Nosa Sra. da Concepción póñaa decente de todo o necesario para que poida celebrar nela o Sto. Sacrificio.

Manda a don Xacinto Hería como capelán de Nosa Sra. do Carme, inclusa nesta parroquia no termo de dous meses asegure o retablo.

Nas contas do ano 1739 gastáronse 6 reais de medio carro de lousa para a igrexa e tres da composición da porta principal.

No ano 1741 custou de dourar a caixa do viático e compoñer un cáliz por atoparse roto 24 reais. O mestre que retellou 8 reais.

Na visita de outubro de 1741 ordénase que se fagan uns corporais, 24 purificadores, unha casulla de seda verde, outra de seda morada, dúas vinaxeiras, oito manteis de altar, compóñase a peana e bancadas do altar maior o que se faga máis capaz e entérrense dúas imaxes de santos que están no altar da Soidade e outra do colateral ao lado esquerdo por estar moi desfiguradas.

Ermida de Santo Antonio apronte nesa secretaría os 2.000 m por non pola decente e fágao dentro dun mes. Manda S. I. que poña nela unha mesa de corporais con encaixes, unha alga, un amito, un frontal, dous manteis de altar, doce purificadores, pé de prata a un cáliz faga “ terraplanearla” e compoñer o pórtico todo dentro de oito meses.

Ermida de Nosa Sra. do Portal, manda branqueala e retellala e poña pé de prata o cáliz.

Ermida de Nosa Sra. da Concepción de Ribela manda branqueala por fóra, poña nela un ornamento, unha porta de pechadura e chave.

Nosa Sra. do Carme poña nela purificadores e dúas mesas de manteis e asegure o retablo.

A Confraría de Ánimas faga un estandarte e uns corporais.

Nas contas do ano 1741 gástanse 25 reais en compoñer a cruz de prata.

Custaron os paus e madeira de que se fixeron os candeeiros 15 reais e retellar a igrexa 64 reais, ano 1743.

Na visita de agosto de 1746 mándase que a porta da entrada menos principal se poña por dentro de modo que este segura e fáganse dúas culleriñas de prata para os cálices. Nas contas deste ano aparecen 92 reais que tiveron de custo as cruces que faltaban para completar o calvario. Composición da campa 15 reais.

No ano 1749 o bispo Fr. Antonio Alexandro Sarmiento na súa visita pastoral manda que se faga un ornato morado, unha culleriña de prata, seis purificadores, catro corno altares e se poña chave á pía bautismal.

O capelán ou persoa a cuxo cargo están os reparos da ermida de Nosa Señora dos Desamparados faga todo o necesario para celebrar e a branquee por dentro e fóra.

Ermida de Nosa Sra. da Concepción faga todo o necesario para poder dar misa, branqueese por dentro e se recebe por fóra e se enterre a imaxe de San Sebastián.

Capela de Nosa Sra. do Monte no lugar das Abeleiras faga todo o necesario para celebrar e a branquee por dentro e recebe por fóra.

Capela de santo Antonio inclusa na de Nosa Señora do Monte poña unha ara e pinte a imaxe do santo.

Na visita do ano 1750 mándase demoler a capela de Nosa Sra. dos Desamparados recollendo as imaxes e na da Concepción se pinte a imaxe de santo Antonio.

Nas contas do ano 1750 dise: custo dunha bocha de prata 41 reais, dúas varas e media de tafetán para dous panos 22 reais e 17 m, seis fiadores de seda para manípulos e catro albas 17 reais.

45 reais dunha loba de baeta que se fixo e a composición de ornatos.

75 reais que tivo de custo facer de cantería o presbítero do altar maior e compoñer varias sepulturas.

O 13 de xullo faise reconto e recoñecemento de bens raíces propiedade da parroquia. Neste informe dise que non ten ben raíz ningún e que se mantén o que resulta das esmolas de prato, pagas de fosaríos dos cadáveres que en ela se enterran e dous reis por razón de “paño de unción” dos que morren neste sacramento e media libra galega de cera dos herdeiros de calquera adulto que morra por razón de dereito de fábrica, con tal de que non se enterre por pobre. Por canto a paga e dereito que esta fábrica ten por estes fosarios de cada un que morre enterrándose da raia atrás dous reais de vellón e esta o aro toral catro e na capela maior seis a excepción de que teña sepultura dotada. En canto aos mobles desta parroquia son os seguintes:

Unha cruz de prata de decente tamaño e dúas bandas de tafetán para ela unha de cor encarnado e outra de cor negra, un copón de prata dourado por dentro coa súa cuberta e capotillo de tea de prata, unha caixa ou relicario de prata dourada por dentro coa súa bolsa de raso encarnado, un viril de prata, cuxo pé serve o de un cáliz, tres cálices de prata e tres patenas do mesmo, unha lámpada pequena de prata, tres culleriñas de prata para os cálices, con máis unha bocha de prata que serve para levar a extrema unción aos enfermos colgada do pescozo da persoa que administre este sacramento, dúas lámpadas de azofar, incluso a da confraría de Nosa Sra., unha cruz de bronce, catro candeeiros de bronce, incluso os que están no altar da confraría de Nosa Sra. do Rosario, tres pares de “vinajeras” de estaño, un incensario coa súa naveta e unha culleriña de bronce, un farol de folla de lata, catro misais, dous manuais, tres atrís e outro alto para cantar epístolas e evanxeos, dous facheiros para as funcións fúnebres, dúas andas cos seus pés, un palio de púlpito de seda damasco, un pendón de Damasco encarnado coa súa cruz de metal, un estandarte de Damasco branco que é da confraría de Nosa Señora, un caixón grande con dous gabetóns que teñen os ornatos seguintes: “una casulla con dalmáticas de damasco branco e unha capa pluvial da mesma tela, outra casulla de damasco branco usado, una casulla de damasco verde, outra casulla de damasco morado, dúas casullas encarnadas a una de damasco e outra de raso, dúas casullas encarnadas de lana, la una de droguete e a outra de damasquillo, outra morada tamén de damasquillo de lana, outra casulla negra de damasquillo de lana, tres albas finas con encaixes largos, máis cinco albas ordinarias, catro amitos finos con encaixes e as súas cintas, once amitos ordinarios, un cingulo de seda verde e doce de liño, seis bolsas de corporais de seda e dos cores dos referidos ornatos dese xénero que van anotados, mais outras dúas de lan, os cores negro e outra encarnada, sete mesas de corporais, trinta e dous purificadores, trece paños de cálices todos de seda e de distintos cores, tres fiadores de seda para os pescozos das tres albas finas arriba referidas e catro de fío branco para as ordinarias, dous sobrepelices, a una delas ben usada e mala, dúas vendas de tafetán, unha de cor branco e outra de cor encarnado. Iten una arca que sirve para gardar a roupa seguinte: “seis mesas de altar, sin las que sirven al altar de Ntra. Sra. que son cuatro; ocho sabanas de lienzo que sirven para el monumento, nueve cornualtaris, un caldero de cobre de agua bendita, dos campanilas, la una de ellas sirve de Esquilón para llamar a misa y Rosario = Item nueve alajillas de plata que sirven de Adorno para la Virgen, cuatro cruces también de adorno con sus remates de plata, diez relicarios de bronce y treinta cintas de distintos colres” = iten una romana, una valanza con su pesa de dúas libras, outra dunha e outra de media= Item ten a confraría de N. Señora dous cornoaltaris. O reconto foi feito por Don Francisco Antonio Miranda

Nas contas do ano 1752 aparecen un real de compoñer a pechadura da arca da fábrica, una pechadura inglesa de picaporte para a porta principal da igrexa e 14 reais que aportou a fábrica para pagar o frontal que se pintou no altar maior, o resto ata 90 reais o pagaron de esmola uns devotos.

Contas de 1754, 159 reais e 20 mr. que tivo de custo una casulla, estola e manipulo de Damasco branco con cenefa encarnada de raso e flocos e a súa feitura.

Ano 1756, 29 reais dun farol para levar a luz nas administracións do Santo Viático. custo dun banco por haberse acabado outro que tiña a fábrica, 48 reais.

Nas contas do ano 1758 se recompón o cepo e cadea da campa 14 reais. Compoñer e engadir a lingua da campa 20 reais.

Nas contas do ano 1760 se gastaron 4 reais en dous puntos para o faiado, 34 reais en lousa e 4 reais de cravos, 9 reais do carpinteiro para compoñelo e 39 reais do recubridor por repasar a igrexa.

Ano 1762 una lámpada de vidrio dous reais e compoñer a cadea da campa 3 reais. Uns encaixes de “tramoya” que se mercaron para un alba 4 reais

No ano 1764, 238 reais e 6 mrs. en refacer os ornatos con cenefas, entre as teas, forros e galones.

En 1773 se compón o cepo da campa con mandadera de ferro e carpinteiro 43 reais.

Nas contas do ano 1777 se pagaron 78 reais para menudencias e composicións da igrexa como foi facer cepos novos para a campá, facer a oseira, o paso do adro, o pasador para a porta grande e outras cousas.

No ano 1780 recubrir un cacho da igrexa pago a un canteiro 5 reais e no ano 1781 12 reais unha arqueta e 4 a un mestre que retello a igrexa.

Ano 1783, 66 reais dunha loba por non habela, 70 reais de vidrios finos para o espello e mechinles de la igrexa, bastidores para eles 22 reais e “fijas” para eles 12 reais.

En 1788 se volve a retellar a igrexa 4 reais e 8 reais de encaixes para un alba.

No ano 1791 a fábrica aportou 310 reais con 16 maravedis para a construción da capela maior e a nave da igrexa para a conta dos 14.000 en que foi axustada esta obra.

Na visita do primeiro de agosto de 1792 se manda: “dourásense os calices e os seus patenas e en atención aos crecidos gastos ocorridos coa obra da igrexa respecto que son cinco poderá fundirse o máis vello beneficiándose para custear o dourado dos outros dous fóra do da capela do Carme que deberá custear o seu patrón. Manda iguálese o lastrado e colóquese o retablo maior na correspondente elevación para encher o oco da parede que fai fronte. Cóidase igualmente de pechar o adro e asegurar o pórtico facendo un trabatel para que incorporadas coa parede as laxas impedirase o dano que nas madeiras están a causar as augas.

No ano 1793 gástanse en tragaluces da igrexa 43 reais. Entre os anos 1794 e 1795 recóbrese a sancristía e composición do teito, 11 reais.

En 1801entréganse 222 reais con 14 m entregados a Francisco Gómez xudicialmente para satisfacer en parte o importe que con que o cóengo de Mondoñedo don Phelipe Vázquez achegou para reedificar a igrexa nos anos 1797 e 1799. Pago da campa 60 reais, máis 8 reais que deu para a composición dos ferros que se necesitaron para ela, total 68 reais.

Nas contas de 1801 aparece de gasto 7 reais e medio de traballo para baixar a lousa e madeiras do pórtico, composición do badal da campa,14 reais e recubrir a igrexa 19 reais.

En 1804 gástase un carro de lousa para a igrexa e a súa condución 29 reais, cinco días de salario a un mestre por retellar e 8 cangos para ela, 36 reais.

Mércase un xerro para uso da igrexa, 2 reais.

No ano 1805 fíxase o altar maior da igrexa cun custo de 20 reais.

Nas contas de 1811 gástase nun pau entrecume 20 reais, un carro de cangos que se necesitan co pau para retellar a igrexa, a lousa e o custo dos xornais dos que retellaron pagárono uns devotos, 25 reais.

Na visita do 26 de xullo de 1817 mándase compoñer as dalmáticas do terno negro, cómprese catro mesas de manteis de altar, branquéese a igrexa e póñase o chan todo igual e se retelle. Coñecendo o bispo que o crego fixera unha caseta co seu forno cuxo medianil e a parede do pórtico da igrexa que xamais se pode adiantar sen desfacer caseta e forno. Ao mesmo tempo que innovou un portillo pegado ao adro por onde é preciso que transiten os seus gandos para introducilos no prado de cal fai imposible que non se encha de lixo ata a porta da igrexa. Do mesmo xeito adiantou dúas varas de terreo a unha horta súa servindo de parede a do mesmo adro, con cuxa obra privou o tránsito aos labradores por onde sacaban os lixos que baotaba o mar e que servía de estrume para as súas terras, facendo paso polo adro.

O 13 de agosto presenta na secretaría do Sr. D. Ángel de la Torre a licenza que obtivera do bispo Aguiar para poder facer a cabana acompañando esta cun memorial que teño ofrecido, así que se peche o adro, deixar paso polo seu territorio para a “serventía que yo mismo necesito para que así pueda el atrio quedar independiente de mis cierros y cerrado”.

En 1816 mércase unha pechadura para a porta principal da igrexa, 11 reais, un carpinteiro, Josef Paz a conta dos 180 reais que se axustou con el botar as viguetas na igrexa para sustentar os entrecomunes que flanquean, facer un bastidor do tragaluz do coro novo e o primeiro del en todo o norte, fechando a estes e os mais restantes da igrexa os vidros faltosos á súa conta e algunha peza de billote que se necesitan.

No ano 1832 o carpinteiro Josef Paz recibe 52 reais por recompoñer a porta do adro, o ferreiro Santiago Casas por ferraxe, 5 reais.

O camposanto foi feito no ano 1833 e tivo un custo de 256 reais. 44 reais graduáronse o trigo desperdiciado coa feitura do camposanto. A Josef Caramés por recorrer o tellado sado da igrexa a Luis da Pena, 12 reais. A José Fanego por poñer as portas do camposanto, 280 reais.

Nas contas de 1834, aparecen as seguintes anotacións: Josef Caramés doce días de xornal na igrexa e no camposanto, 36 reais. A José Fanego por recompoñer o enrellado da pía bautismal e portas do adro 25 reais. O xastre, José Gómez por compoñer a roupa 42,5 reais. A Luís da Pena por nove días de xornal por traballos na igrexa e no camposanto.

No ano 1842 gástase 30 reais en lousa, 12 en carrexala e pago a Josef Caramés por retellar ,5 reais.

O carpinteiro José Cardose de Burela cobra polas portas do adro e outros pequenos reparos da igrexa 54 reais e 28 maravedís, ano 1844.

O 19 de marzo do ano 1845 pola mañá apareceu na ribeira gran porción de terra que se desprendeu do adro deixando a capela maior en perigo, por tal motivo desarmáronse o altar maior e o do Corazón de Xesús. Nas contas dese ano hai unha partida de 242 reais que deu a José Paz e a Juan Casaus por desfacer as gradas e mesadas dos altares, armalos e colocalos cos máis reparos necesarios.

Pagouse a Luís Neiras 2 reais por “trashumar los huesos de las sepulturas”.

Sendo fabriqueiro Juan del Río, ano 1847 dise: Como se rompeu a campa maior para acudir a esta, atendendo os poucos fondos, xuntáronse os cartos das confrarías e fábrica e procedeuse a mandar fundir novamente a que existe que co seu aumento novo encepadura e conseguintes gastos tivo de custo 2479 reais con 26 marabedís. Pagouse da forma seguinte: 659 reais fondos da fábrica; 220 reais e 26 marabedís cobrados polo mordomo da positoria do culto e clero de Mondoñedo; confraría de ánimas 900 reais; confraría do Smo. 600 reais e Nosa Señora 100 reais.

A pintura do cepo da campa 8 reais.

Un vaso que se mercou para os purificadores 2 reais e 16 marabedís e lispin para a composición de tres bonetes 27.

O mestre de carpintería e mampostería e o propio que “encepo” a campa por doce días que ocupou en lastrar a torre, compoñer catro confesionarios, facer as tarimas para estes, fixar cristais na sancristía e fachada da igrexa coas roldanas de dúas lámpadas que tamén fixou 60 reais. Os gastos persoais pagounos un devoto.

Nas contas do ano 1849 aparecen 60 reais de custo dunha cuberta “chinesca de ul” e unha vara de holandilla que deu o crego para o altar maior.

No ano1850 písentan os santos, pinturas e traballo do pintor 148 reais e componse a igrexa 86 reais.






Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña