02:18 Martes, 13 de Novembro de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

11-10-2018

Só veredes a mulleres pobres, mulleres con extrema necesidade, reducidas a incubadoras humanas, convertidas en ganado para complacer e calmar os caprichos dunha parte da sociedade opulenta

Bendito sexa o froito

Valorar (7)

HELENA VILAS VIÑAS



Fai uns meses leín un libro de Margaret Atwood, titulado The Handmaid´s Tale (o conto da criada). Conta unha historia extremecedora onde en un mundo distópico, a contaminación atmosférica fai que unha gran parte da poboación quede estéril, homes e mulleres, mais a culpa recae maioritariamente en elas. Un grupo extremista basada na reconstrución cristiá soña con un mundo novo cimentado nos valores ríxidos e algo distorsionada da Biblia. Un sistema perverso concentrados no poder, fanse con escravas, con mulleres que sí poden ser nais, nais subrogadas co único fin de contentar as clases altas e poderosas, e así poder perpetuar o sistema e a vontade de Dios.

Ben, é unha novela que se escribeu fai 33 anos, leída hoxe, hai páxinas que máis que a distopía soa a realidade. Si, maternidade subrogada aínda que se queira vestilo co término eufemístico de xestación, é unha forma de cosificación da muller, de instrumentar o noso corpo. Partilo en cachos para aproveitar  e mercar o que interesa. Comercializar co produto, que resulta que ese produto é nada menos que un ser humano. Estamos a falar de mercado, e como sempre que falamos en estes términos, automáticamente adquire inmunidade para pasar por riba dos dereitos fundamentais das persoas.

Escoito a moitos e moitas decir que hai do lema, "nós parimos nós decidimos", ou mesturar ó aborto ou donación de órganos... A resposta é moi sinxela: a maternidade e a paternidade non son un dereito! equiparan o dereito ao aborto e a subrogación cando os argumentos para permitir unha e outra son os contrarios; a defensa ó dereito a abortar é a defensa de que as mulleres teñamos control e decisión sobre os nosos propios corpos, a defensa sobre a subrogación faise dende a defensa de que outras persoas teñan dereito a decidir sobre nosos corpos. Que alguén me conteste sinceramente que muller está disposta a facer isto si non fose por necesidade económica?? non veredes nunca a ningunha muller sen problemas financieiros sendo tan xenerosa e altruista cedendo o seu corpo/útero para enxendrar unha criatura para persoas do seu mesmo estatus. Nunca. Só veredes a mulleres pobres, mulleres con extrema necesidade, reducidas a incubadoras humanas, convertidas en ganado para complacer e calmar os caprichos dunha parte da sociedade opulenta que non sabe que mercar para encher o seu baleiro interior.

As veces a linguaxe pode ser útil para disfrazar cruas realidades, mais cando se fala de maternindade subrogada tamén estamos a falar de tráfico de bebés, non atopo ningunha diferencia de cando en España se roubaban bebés nos hospitais, a crear empresas noutros países con índices de pobreza elevados, convertindo as mulleres en máquinas de reprodución, mesmo fin, mesmo delito, os cartos. A esencia das cousas cambiándolles o nome. Se supón que todas queremos un avance da sociedade, precisamos leis que garanten os dereitos dos máis fráxiles, sobre todo e ante todo do menor.

A maternidade non é só un óvulo, a maternidade é unha xestación, onde cada día ves como crece un ser humano dentro do teu ventre e sentir como unha vida se alimenta de ti compartindo o teu corpo, é un parto. Eu non son nai, mais como muller esta práctica parécenme unha das cousas máis aberrantes e deplorables que puido "parir" o patriarcado.




[06-11-2018 04:43] Dairas comentou:

É difícil por tantos castelanismos xuntos! Fico pampo...

[16-10-2018 15:39] xandra comentou:

Os e as elixidas para procrear a raza pura galega,perfecionada,e illada para non sufrir contaminacións de fora...podemos prepararvos a illa da Cortegada. Seguro que vos sobra espazo...
PD.: quedouche por correxir a palabra baseada non basada!
Os profes da linguaxe tamén se despistan... que mal

[15-10-2018 22:34] blas/brais comentou:

por xente así é que hai menos galego falantes, andar pendente en todo momento e correxindo de quen se trabuca en pequenas cousas. pois nada a seguir así, está clarísimo que vos funciona un montón. a vosa perfección é difícil de acadar...

[11-10-2018 13:30] Pedro comentou:

Ganado, Dios, decir, complacer, donación, financieiros, diferencia, "Se supón"...
Evitemos os castelhanismos na nossa língua.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal