02:17 Martes, 13 de Novembro de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

11-08-2018

Queren controlar os nosos corpos, por iso nos explotan reproductivamente, entre mil cousas máis, lóxicamente

Gañou a hipocresía

Valorar (7)

HELENA VILAS VIÑAS



Compañeiras, choramos con vós, as ricas seguirán pagando clínicas privadas e as probres, bueno, as probres seguirán morrendo, seguirán sufrindo, seguirán abortando na clandestinidade... fai dous días que na Arxentina, o Senado composto a maioría por homes, votaron para decidir sobre o que facer cos corpos das mulleres, e non só se votou non ao aborto, se non, o dano que fai esa doble lectura, que fortalece un mundo máis misóxeno si esto é posible.

Sei que para os provida é moi complicado, non se pode explicar con palabras, pero existen datos, e ao mellor facéndolles debuxiños con números algo poderán entender, os datos están aí, se tan provida es, como explicas que esta práctica clandestina produce  o redor de 43 mortes anuais neste país? unhas vidas son máis que outras? e que non o dou entendido, igual a quen teñen que facer un debuxiño é a min.

Queren controlar os nosos corpos, por iso nos explotan reproductivamente, entre mil cousas máis, lóxicamente. Falar de corpos xestantes é misoxinia, porque só o sufrimos nós, porque si eles o sufriran, non habería debate que valga, en calquer país do mundo esta lei estaría aprobada. O aborto é só un tema que afecta á muller, única e exclusivamente, un dereito como o simple e duro feito de nacer con útero.                                      

Quérennos facer crer que tamén a eles lles afecta, tamén dentro das nosas entrañas queren ser  víctimas.

É unha mensaxe brutal onde seguen presentes os motivos relixiosos, onde a Igrexa se interpón no medio, unha vez máis no camiño da liberdade da muller. Se buscades nun mapa os países onde e aínda ilegal o aborto alucinaredes e pensaredes que será imposible, aínda quedan miles de batallas que librar, o increíble que parece que en moitos países, países desenrolados sexa delito, o que nos vemos un dereito fundamental. Sei que o mundo avanza lentamente nestas cuestións, mais pouco a pouco, as nosas loitas, as loitas feministas están dando un bo fruto. Lembrádevos de Irlanda, rompeu o seu pasado de conservadurismo católico votando nun referendum  tras aprobalo cun resuldato histórico, as novas correntes feministas son imparables. Irlanda rachou con este último tema tabú rexeitando a inxerencia da Igrexa.  Irlanda mandou un poderoso mensaxe ao mundo. Como cando o lanzaron en Latino América; Uruguay, Cuba e Ciudad de México, etc.. agora tocáballe a nosa amada Arxentina.

Certo é que perdemos unha batalla importantísima, mais non a única, xa só con ver centos de persoas apoiando os cercos do sentido común, podemos decir con certeza que socialmente está despenalizado, nadie poderá parar a oleada das novas xeracións. Non será hoxe, mais será!




Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal