04:50 Martes, 21 de Agosto de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

20-07-2018

Esta palabra de, INFINTOS, xa chamou a atención ao P. Sarmiento

Os “infintos” ou “infindos” nos documentos medievais galegos

Valorar (8)

CÉSAR VARELA GARCÍA



Esta palabra de, INFINTOS, xa chamou a atención ao P. Sarmiento, que escrebe a loor diso:

"Infintos o infindos. Las listas endonde están escritos o los vecinos o los milicianos, etc. De infingo, infintar , en castellano empadronar. Así cotéjese  el padrón con el hito o fito o marco o mojón.

Infintos. Llaman así en Pontevedra a las matrículas que se hicieron del número de vecinos para el Regimiento de Milicias. El P. Pereyra en su Vocabulario Portugués trae esto : Enfinta cousa: innumerabilis.

Garcia de Resende en el raro Cancionero Portugués, hablando de la reina de Portugal dice:


                                               Em quem crece a meude ( su salud)
                                               cada dya, e cada hora
       
                                               muyta “enfynda” virtude.


Bluteau no trae esta voz. Es creible venga de infinito, por mucho número.

Infintos.Llaman así a los padrones encabezados y libros en donde están asentados todos los vecinos y con él cuanto pagan de tributo. También se llaman canabas,……, y se llaman aquellas pólizas de cuanto paga uno de tributo, según consta del asiento de los infintos."

No libro do medievalista Anselmo López dos “ Padróns de Ourense do século XV” aparecen expresións como :“Este he  o ENFINTO  da rua da Carniçaria”, e a seguir unha lista dos nomes, de non mais de duas  ducias de persoas, desta guisa:

Alvaro Garçia Tareija Ares Constança Dalvan Afonso de Limya Joan Dagilar Maria Afonso de Prado e seu fillo Lionor Afonso,….etc…

Ali aparecen os nomes de moda naquel tempo , que eran : Sancha, Margarida, Lourenço, Gonçalvo, Roy, Pero, Ares,… e por aí.

O dito INFINTO, non é unha lista numerosa , e por tanto moi lonxe de merecer a consideración de “infinita”.

O P. Sarmiento, co seu faro etimolóxico, non desbota relacionar a palabra coa infinitude, pero dado que se trata de PADRÓNS, e fálase de xente “empadroada” nas ruas da Vila , prefire levar a explicación pola lado da pesquisa na verba  latina “fito”, no sentido de marco ou mallón.

Pola nosa banda, tamén moi lonxe de pensar na “infinitude”, a pesares da sua corrección etimolóxica; distanciámonos da opinión de Sarmiento e coidamos que estamos diante dunha palabra usada decote polos notarios daquel tempo.

Vexamos: Lembro da miña estadia no Brasil que, cando algunha xente quería recoller asinaturas, lavraba un papel que se chamaba un, ABAIXO ASINADO,, que comezaba coa expresión : “OS ABAIXO ASINANTES,……….”.

Na Idade Méia, e ainda hoxe, para facer referencia a unha lista de xente citada, sempre se empregou o latinismo ,“OS SUSODITOS,…”, ou sexa  “as persoas relacionados arriba”;

Utilízase aquí , o latin SURSUM, que tamén aparece na toponimia cando falamos da SUSANA, ou sexa, a parte de arriba dun lugar. 

O lóxico para referirse a unha lista de xente referida na parte de abaixo do documento seria usar o latin DEORSUM, de onde sairia XUSO , ou parte de embaixo, AYUSO  dicía o castelán antigo

A expresión dos notarios galegos debería ser , “ OS  XUSODITOS  ou JUSODITOS” para referirse á lista de xente a seguir.

Pensamos nós, que pola sua semellanza fonética, falar dos SUSODITOS e os XUSODITOS, levaria  a moita confusión, e así deberon optar pola expresión “ OS INFIMI-DICTOS” (os citados embaixo), e daí INFIMI-DICTOS > INFIMIITOS > INFINTOS

Pensemos que ainda hoxe está en uso unha versión alternativa que é, “ OS INFRA-ESCRITOS”, e a seguir a lista en cuestión.

Resumindo: dos INFINTOS ; nada a ver coa infinitude nen con “fitos” dos padróns, senon simplesmente unha palabra “chavón “ dos notarios medievais para designar OS ABAIXO-CITADOS.  


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal