00:26 Mércores, 12 de Decembro de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

11-06-2018

Mete medo o tanto que se pode describir ao Partido Popular, folios e folios de estafa, corrupción, inxustiza, mentiras, fraude, invasión, etc.

"Los peares de la tierra"

Valorar (9)

HELENA VILAS VIÑAS



Xogos de dominios e traicións, nun ambiente de poderosos que traballan polo seu propio interés, bastardos con aspiracións de preponderancia que ocultan a súas descendencias. Poñendo obstáculos á construcción dunha sociedade mellor, e na que os seus vasallos (militantes, votantes e simpatizantes) permiten e axudan a crear e desenvolver os seus maquiavélicos proxectos.

Mete medo o tanto que se pode describir ao Partido Popular, folios e folios de estafa, corrupción, inxustiza, mentiras, fraude, invasión, etc... dende que se coñeceu a renuncia de M. Rajoy, a quiniela cos tres candidatos está que ferve. Fagamos a nosa propia aposta: dous están salpicados por distintas causas; un por bañarse en crema de contrabandistas e narcotraficantes, entre cousas varias, e outra por contratos en diferido e en forma de simulación, así que non descartaría as S.S (Sáez de Santa María) que sería sangue pura e nova.  Esto é o que o Partido Popular lle chama exército de rexeneración democrática...

Saíndo dunha aposta máis "coherente" e a sabendas que o PP nunca empoderaría a unha muller nun cargo de tal calibre, o nome que máis resoa é a do noso querido actual presidente da Xunta, Nuñez Feijóo, outro galego que exportamos para as Españas despois de aniquilar o noso. Fan prácticas en Galiza para ir preparados e coa lección aprendida, para voar a estancias "superiores". Nuñez Feijoo é a correa de transmmisión de corruptelas que caracterizan a política galega do PP, nas deputacións, nos concellos, consellerías, etc... esquilman o noso país e paralizan as nosas potencialidades, méritos para optar a sucesión de poder estatal, combaten calquer lexitimidade de identidade ou progreso territorial, a súa cualidade partidista é proporcional a súa contribución ao apoucamento de Galiza, até lograr sacala do mapa das Nacións do Estado.

Aínda que doado non o vai ter, esa falsa humildade, non vai borrar o seu pasado fácilmente. As loitas de poder na dereita, PP e C´s farán que aflore o seu pasado de amizades perigosas. Mais mirando con perspectiva, que mellor que dirixir unha organización delictiva que un amigo dun narco? Nós estamos encantadas de que marche, mais na Galiza ou no Estado Español, esté onde esté, perderemos sempre.

Si por min fora, xunto cos meus desexos de ver o mundo arder ou o PP desaparecer, non dubidaría que se presentase  Rafa Hernando, mais no congreso non hai polígono para tanto discurso macarra.

Como di miña santa nai: -"atrás virá quen bo te fará"...



[16-06-2018 16:30] AtéFeijooEntendería comentou:

Está claro que hai xente para todo. De verdade. Si non se sabe coller as ironías e mellor que non se salga da casa . Encérrese nunha cova e a vivir o seu mundo. Madrededios.

[15-06-2018 15:35] Langhrão comentou:

E então, por quê o título em castelão? Achava que era ..".de pensamento nacionalista"-sem saber muito bem lá o que isso quer dizer-, e o pessoal não lê os livros em Galego. Olha, nem interessa o que acontece no estado espanhol...
Saudações.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal